Linguas minorizadas e minoritarias: o caso do galego
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,76 KB
Actualizado el
Resumen
O texto define as linguas minorizadas e as minoritarias, distingue os diferentes graos de recoñecemento legal e explica a tipoloxía de John Edwards. Despois analiza a situación do galego, o seu proceso de normalización desde o século XIX e os principais logros conseguidos ata hoxe.
Puntos clave
- Lingua minorizada: lingua non oficial, historicamente propia dun pobo, que compite cunha lingua allea oficial e dominante no mesmo territorio.
- Lingua minoritaria: a comunidade que a fala é minoritaria fronte a outras no mesmo territorio; o principio territorial e o factor político son básicos.
- Segundo John Edwards, as linguas minoritarias poden ser únicas (falanse nun só estado), non únicas (falanse en máis dun estado) ou só minoritarias localmente.
- O galego segue a ser a lingua maioritaria en número de falantes, pero a súa minorización deriva da consolidación do castelán como lingua maiorizada.
- A normalización do galego comezou no século XIX coas reivindicacións galeguistas e o cultivo literario, e continuou coa Democracia, a Constitución e o Estatuto de Autonomía.
- Entre os logros destacan a cooficialidade, a presenza no ensino, a creación da RTVG e dunha variedade estándar, e a promoción cultural en galego.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
O Concepto de Lingua Minorizada
Enténdese por lingua minorizada aquela lingua non oficial que, sendo historicamente propia dun pobo e vehículo das súas manifestacións culturais, sofre a competencia doutra lingua allea á comunidade e que constitúe unha ameaza para a súa supervivencia. Noutras palabras, é toda aquela variedade lingüística que comparte espazo lingüístico con outra que é a lingua oficial e a de desenvolvemento pleno.
Podemos distinguir diversos tipos de linguas minorizadas segundo o seu estatus:
- Linguas que non teñen ningún tipo de recoñecemento legal; por exemplo, as linguas distintas do francés en Francia.
- Linguas que teñen algún tipo de recoñecemento, aínda que están secundarizadas en relación coa lingua do estado; por exemplo, o galego.
- Linguas minorizadas que teñen distintos graos de recoñecemento legal; por exemplo, o catalán en España, Francia, Italia ou Andorra.
- Existen casos excepcionais nos que a lingua nacional é a lingua minorizada; por exemplo, o gaélico, idioma nacional e oficial en Irlanda.
O Concepto de Lingua Minoritaria
Respecto a estas linguas, a realidade é moi diversa. O que teñen en común todos os casos é que a posición do grupo humano que as sustenta é minoritaria, fronte a outras que se falan no mesmo territorio ou zonas adxacentes. O principio territorial é básico na súa definición, así como o factor político: as comunidades de falantes adoitan ser periféricas respecto ao poder central. Esta situación implica un risco para a súa subsistencia.
John Edwards estableceu unha tipoloxía das linguas minoritarias:
- Linguas minoritarias únicas: só se falan no seo dun estado.
- Linguas minoritarias non únicas: fálanse no seo de máis dun estado.
- Linguas só minoritarias localmente: as que son maioritarias noutro estado.
O Galego: Unha Lingua en Vías de Normalización
Centrándonos no noso territorio, o galego segue a ser a lingua maioritaria en número de falantes. A minorización do galego deriva da historia de Galicia, que consolidou o castelán como lingua maiorizada. A partir do século XIX, coas reivindicacións galeguistas e o cultivo literario do galego, comezou o proceso de normalización, que continuaría de forma progresiva coa chegada da Democracia, a Constitución e o Estatuto de Autonomía.
Os logros máis importantes foron:
- A cooficialización do galego.
- A introdución do galego no ensino.
- A creación da RTVG.
- A creación dunha variedade estándar.
- A produción de campañas institucionais que fomentan o uso do galego.
- A promoción da vida cultural en galego (teatro, literatura, música, etc.).
Podemos ver que houbo un grande avance. Os galegofalantes gozan de maior liberdade e respecto, e a maior parte dos seus dereitos lingüísticos están recoñecidos. Ademais, as taxas de substitución lingüística comezan a reverter, de modo que cada vez máis galegofalantes lles transmiten a súa lingua aos fillos. A xente nova xa non se avergoña de falar galego nin considera maleducado ou incorrecto comunicarse na súa lingua cos castelanfalantes. Mesmo existen persoas co castelán como lingua materna que se comprometen co galego e pasan a usalo como lingua habitual.
Todo isto conleva un aumento no número de falantes, polo que podemos dicir que o galego é unha lingua en vías de normalización, é dicir, está no proceso de conseguir a dignificación cultural e a recuperación social, adquirindo ámbitos de uso que lle foron negados e deixando de ser unha lingua restrinxida ás clases baixas e á comunicación oral no ámbito familiar.
Preguntas frecuentes
Que é unha lingua minorizada?
É unha lingua non oficial, historicamente propia dun pobo e vehículo das súas manifestacións culturais, que sofre a competencia dunha lingua allea e que supón unha ameaza para a súa supervivencia. Comparte espazo lingüístico cunha lingua oficial e de desenvolvemento pleno.
Que tipos de linguas minorizadas distingue o texto segundo o seu estatus?
Distingue linguas sen ningún recoñecemento legal, linguas con algún recoñecemento pero secundarizadas, linguas con distintos graos de recoñecemento legal e casos excepcionais en que a lingua nacional é minorizada, como o gaélico en Irlanda.
Cales son as tres categorías de linguas minoritarias de John Edwards?
As linguas minoritarias únicas só se falan nun estado, as non únicas fálanse en máis dun estado e as só minoritarias localmente son maioritarias noutro estado.
Cales foron os principais logros da normalización do galego?
Entre eles están a cooficialidade do galego, a súa introdución no ensino, a creación da RTVG, a creación dunha variedade estándar, as campañas institucionais de fomento do uso e a promoción da cultura en galego.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.