Vulgarismos galego
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 33,79 KB
1. Poesía: autores/as de vangarda e outros/as autores/as
O século XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento obreiro.
O movemento agrario é desde 1907 o auténtico revulsivo social da época. Destaca a Liga Agraria de Acción Gallega (1912), dirixida por Basilio Álvarez; fortemente perseguida, vai esmorecer cara a 1915, mais esta presión social en contra dos foros consegue a lei de redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera en 1926.
En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia. O seu obxectivo máis inmediato é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. No 1918 decláranse nacionalistas, mais no 1922 escindiranse nunha liña política e outra cultural, arredor desta nacerá a revista Nós.
Na poesía a entrada do século XX non supuxo un cambio no panorama literario galego senón que continuaron as liñas iniciadas no Rexurdimento, con autores como
Leiras Pulpeiro ou Lugrís Freire.
O primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños é Antonio Noriega Varela (1869-1947). Podemos consideralo o máis destacado representante dunha xeración de transición ou “antre dous séculos”:
Por unha parte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do Modernismo e da literatura portuguesa.
Escribiu unha soa obra ampliada durante toda a súa vida: en 1904 o título é Montañesas; desde 1915, denominarase Do ermo. O cambio de título marca un cambio de tendencia na súa obra, con dúas etapas:
* Poesía costumista (coma no século XIX): descrición da vida rural, desde unha óptica conservadora que reacciona contra toda novidade e innovación porque desfigura a súa esencia enxebre. Tamén escribiu poesía cívica, relacionada co agrarismo e suprimida na última edición.
Poesía lírica da montaña (=montañesa).Poética franciscana: tenrura e amor pola paisaxe montañesa, polos compoñentes máis humildes desa paisaxe e non polos máis grandilocuentes ou vistosos. Neste apartado encádranse 21 sonetos literariamente moito máis traballados e lingüisticamente máis cultos; moi influenciados polos autores portugueses Antero de Quental e fundamentalmente o seu amigo saudosista Teixeira de Pascoaes.
Pero o poeta máis destacado da época das Irmandades é Ramón Cabanillas (1876-1959): O Poeta da Raza. Recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros (toda a nosa tradición) introducindo elementos renovadores modernistas. Pódense distinguir catro etapas na súa obra:
1
Etapa pregaleguista ou agrarista No Desterro (1913) e Vento Mareiro (1915). De forma e temática do Rexurdimento (Rosalía e Curros), nos dous libros altérnanse poemas de carácter intimista, costumista e agrarista (anticaciquil). Estes últimos, rabiosos e incendiarios, que mostran a súa solidariedade cos labregos na súa loita pola redención dos foros, son os máis coñecidos. Algúns poemas como Acción gallega ou A Basilio Álvarez chegan a ser verdadeiros símbolos populares e converten a Cabanillas en herdeiro natural de Curros. Hai tamén poemas costumistas de influencia modernista.
2. Etapa galeguista (ata 1920). O libro representativo é Da Terra Asoballada (1917). Cabanillas convértese no poeta civil de Galicia. A oposición xa non é cacique/labrego, senón Galicia/Castela.
3. Etapa mítica (1921-30). No 1926 escribe tres longos poemas narrativos: A espada Escalibor, O cabaleiro do Sant-Grial e O sono do rei Artur, que compoñen o libro Na Noite estrelecida. Cabanillas emprende unha actualización da materia de Bretaña, galeguizándoa e adaptándoa para conseguir unha mensaxe nacionalista. E unha reconstrución mítica do pasado.
4. Etapa de posguerra (1950-59 ) Non escribe poesía entre 1930-1950. Os seus últimos libros son Da miña zanfona ( 1954) e Samos (1958), libros cheos de desenganos e morriña. Neste último, evocador e panteísta, Cabanillas recupera a súa maior altura poética.
A vangarda é un conxunto de movementos artísticos europeos (1910-1930), con afán de ruptura con todo o anterior, unha actitude provocativa que se aplica a todos os campos estéticos: pintura, escultura, música, literatura... Non conciben a arte como imitación da realidade, senón como nova interpretación persoal desta. En poesía prescinden dos moldes tradicionais, ordenando os versos a xeito de caligramas, o poema baséase en imaxes vangardistas.
Os –ismos europeos foron abundantes e pouco duradeiros:
*Futurismo
Iníciase coa publicación en 1909 dun manifesto de Marinetti, no que exalta a violencia e a luxuria, a velocidade e o maquinismo, a técnica e o progreso. Imprimen aos seus escritos dinamismo e rapidez verbal, suprimindo adxectivos e adverbios.
*Cubismo
Nace como escola pictórica cara a 1907. Procura a percepción intelectual da realidade descompoñendo os obxectos en liñas e planos xeométricos que no cadro se presentan recompostos libremente. Un proceso semellante prodúcese na literatura, mesturando conceptos ou imaxes, distorsionando a sintaxe e revolucionando a tipografía cos Calligrammes de G.Apollinaire, poemas nos que se crean "imaxes visuais" grazas á disposición dos versos na páxina.
*Dadaísmo
Nace en Zurich en 1916 da man de Tristán Tzara como repulsa violenta contra a "racionalidade" que conduciu á devastación e horror da 1ª Guerra Mundial. Rebélase contra a lóxica e a racionalidade, contra as convencións estéticas e sociais para liberar a fantasía mediante unha linguaxe mesmo incoherente. As súas manifestacións públicas son actos provocadores.
*Surrealismo (superrealismo)
Constitúe a grande revolución estética e ideolóxica do s. XX. Encamíñase a unha transformación liberadora do home (influencia da psicanálise de Freud: primacía do soño, a loucura, o inconsciente, a hipnose) dando vía libre ás manifestacións do subconsciente coa escritura automática, defendendo o acto gratuíto. O seu 1º manifesto é de 1924.
*Creacionismo
O seu abandeirado é Vicente Huidobro, para quen a arte non debe imitar a realidade xa que o poeta é un pequeno Deus que pode "crear un poema como a Natureza crea unha árbore". Deste xeito, o poema é unha realidade autónoma froito da intelixencia (ao contrario do Surrealismo), servíndose para isto dos xogos de palabras e mais das imaxes fundamentadas nunha relación arbitraria.
As vangardas na Galiza
É o grupo "Nós" co seu labor restaurador da nosa cultura e a súa visión universalizadora quen abre as portas á incorporación das vangardas á literatura galega. Especialmente Risco, que será quen informe a Manuel Antonio dos "ismos" europeos e trate de orientalo.
Os vangardistas galegos son mozos nacidos ao redor do ano 1900 que reciben tamén o nome de Xeración do 25, supoñen unha ruptura e actitude crítica coa poesía anterior: coa tradición de sentimentalismo (saudade, bágoas, queixas), folclorismo (romarías, costumes, rural) e paisaxismo do s. XIX, e por 1ª vez hai unha integración na poesía europea. Danse a coñecer en revistas como Alfar, Ronsel, Cristal...
Por un lado podemos atopar -
ismos claramente seguidores das modas europeas e por outro movementos especificamente galegos:
1.Surrealismo
Álvaro Cunqueiro
Poemas do si e non (1933), é unha interpretación moi persoal, co fluír da asociación de ideas e a influencia dos soños pero cun pouso sentimental, gozoso, sen a carga dramática que soen ter os textos surrealistas. Tamén se pode ver algo de Cubismo en Mar ao norde (1932).
2.Creacionismo
O seu único cultivador é Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930). Personalidade rebelde que representa o mellor expoñente vangardista en Galicia. En 1922 publicou o manifesto Máis Alá, novidoso polas alusións políticas e a non adscrición a un –ismo concreto.
A súa obra principal (e única publicada en vida) é De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo (1928). 19 poemas estruturados como viaxe marítima, case sempre de noite, simboliza a súa concepción absolutamente pesimista da vida: monótona, repetitiva, en completa soidade (como perdido no mar), e continua despedida.
Poderiamos falar dunha estrutura superficial:
Unha viaxe marítima (desde a súa preparación ata a súa finalización, con parada intermedia) monótona, repetitiva e contraditoria: o tempo pasa pero está parado, só existe o presente. E unha estrutura profunda:
Viaxe interior, iniciática; visión desilusionada, negativa, da vida desde a soidade.
-ismos autóctonos ou vangardismo matizado:
3.Hilozoísmo:
Foi o movemento poético de máis éxito na época, con multitude de seguidores. Baixo unha forma tradicional (non é polo tanto unha vangarda plena) -estrofas populares, rima asonante, versos medidos, lingua popular- preséntanos, a base de imaxes vangardistas, unha natureza viva, aberta ao sensorial, ao auditivo, ao visual, fronte ao sentimentalismo e a anécdota. O poema deshumanízase e a paisaxe humanízase. O seu iniciador e representante máis destacado é Luís Amado Carballo (1901-1927), Proel (1927) e O galo (póstumo, 1928). Entre os múltiples seguidores destaca Eduardo Blanco Amor. Segue despois da guerra.
4.Neotrobadorismo
No ano 1928 José Joaquim Nunes publica as cantigas medievais que acadan unha grande difusión e provocan a aparición desta corrente que non é propiamente vangarda, senón unha reformulación de estilos e temas da tradición medieval, engadindo imaxes da poesía moderna. Tamén continúa despois da guerra.
Podemos distinguir dúas tendencias:
- Unha máis innovadora na que destacan Bouza Brey –o seu iniciador- (Nao senlleira, 1933), A. Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira, 1933, Dona do corpo delgado, 1950).
- Outra máis mimética que rematará con Xosé María Álvarez Blázquez cando no ano 1953 fai pasar o seu Cancioneiro de Monfero por un verdadeiro cancioneiro medieval.
2. Prosa: autores/as das Irmandades, o Grupo Nós (narrativa e ensaio) e outros/as autores/as
Esta etapa –especialmente de 1916 e 1936- é coñecida como a Época Nós pola importancia que estes autores terán na cultura galega.
Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas (o Cenáculo Ourensán) teñen unha primeira etapa de inadaptados e só a partir de 1918 centran a súa atención en Galicia. Castelao en cambio provén do agrarismo. Todos eles son políglotas, cultos, universitarios e participan en todas as actividades galeguistas: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista... Eles son os creadores da moderna narrativa galega, introdutores das correntes europeas do momento e iniciadores do ensaio en galego.
1. A contribución de R. Otero Pedrayo foi fundamental no cultivo e modernización da narrativa longa e xira ao redor da Galiza contemporánea. Podemos clasificala en:
a) NOVELAS REALISTAS: Ambientadas na Galiza rural do s. XIX, narran o proceso de decadencia da fidalguía e os cambios que experimenta a sociedade rural. Destaca Os camiños da vida (1928).
b) NOVELAS CULTURALISTAS: narraron a evolución da conciencia galegista na súa época dende un punto de vista personal, é decir, mediante un retrato idealizado de sí mesmo. Son novelas de acción, idelóxicas. A máis representativa é Arredor de si (1930), cuxo protagonista, Adrián Solovio, é un trasunto do propio Otero e a súa incorporación ao galeguismo.
Apartadas da súa temática habitual están Fra Vernero e A romeiria de Xelmirez .
A xeito de conclusión podemos dicir que hai tres temas recorrentes na narrativa de Otero
* A tradición:
Sabedoría acumulada polas sucesivas xeracións ao longo de séculos, conforma a cultura espiritual dun pobo,
* A fidalguía:
Otero non lle perdoa a súa deserción da aldea e do galeguismo, mentres os comerciantes foráneos se fan coa dirección da sociedade. Inventa unha fidalguía ideal, irreal, consciente do seu papel na sociedade galega.
* A paisaxe:
Dotada de vida, goberna a vida do home.
O seu estilo, persoal e Barroco, levou a Carballo Calero a definilo como un cesto de cereixas.
2. Castelao foi unha personalidade polifacética, que cultivou múltiples campos sempre defendendo Galiza e todos aqueles que sofren. A súa técnica narrativa caracterízase pola síntese e a selección, sinxela en aparencia mais froito dun laborioso traballo de depuración e escolma.
A 1ª obra narrativa foi Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922), visión sintética da realidade social, na que sae particularmente maltratada a figura do cacique.
Cousas son relatos moi curtos que Alonso Montero considera un novo xénero narrativo, 45 relatos nos que aparecen as constantes do autor: humor, denuncia dunha realidade inxusta e posicionamento ao lado dos máis débiles.
Os dous de sempre (1934). Tanto o título como o debuxo da portada (un paxaro e un sapo) fan referencia aos dous tipos humanos fundamentais: o emprendedor e o conformista. Narra as peripecias vitais e as ambicións de Pedro e Rañolas, contrapostos desde a súa infancia á madurez
Retrincos (1934) Cinco relatos sobre cinco momentos pseudoautobiográficos (O segredo, O inglés, O retrato, Peito de Lobo e Sabela).
Risco cultivou tamén a narrativa (O porco de pé, feroz sátira antiburguesa con gran carga humorística) pero é fundamentalmente ensaísta.
3. Rafael Diese, pertencente á Xeración do 25 escribiu Dos arquivos do trasno (1926), colección de contos de temática variada que xiran ao redor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega. Vinculados a Cousas porque neles se conta só o esencial, sen elementos superfluos, hai lirismo e humorismo, mais o sentimento non é tan fondo como en Castelao.
4. Todos estes autores (e outros moitos) foron tamén os impulsores do ensaio e a investigación en galego, en torno ao Seminario de Estudos Galegos, grupo nacido na Universidade de Santiago.
Risco publicou no 1920 Teoría do Nacionalismo Galego, que servirá de guía dos nacionalistas antes da II República. Afastado este das ideas nacionalistas, Castelao publica en Buenos Aires Sempre en Galiza (1944) onde partindo de ideas propias e alleas elabora unha nova teoría do nacionalismo, comenta a actuación da República... Converteuse na biblia do galeguismo despois da Guerra Civil. Ademais do ensaio político, Castelao escritbiu tamén multidude de ensaios no terreo artístico.
Pola súa parte Otero Pedrayo dedicouse fundamentalmente aos estudos xeográficos e históricos, entre os que podemos destacar Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1933).
Nesta fecunda etapa da nosa cultura hai que facer mención tamén ao labor desenvolvido no xornalismo, no que todos colaboraron desde A Nosa Terra ata a Revista Nós, pasando por El Pueblo Gallego e outros moitos.
PREXUÍZOS
Os prexuízos non son máis que un tipo de actitude e, como tales, o grande interese que espertan débese á súa suposta capacidade de influír no comportamento, tamén no lingüístico. En efecto, en moitos casos os motivos do proceso de substitución dunha lingua por outra cómpre buscalos na formación de prexuízos cara á lingua desprazada. Se pretendemos inverter este comportamento, teremos que identificar os prexuízos e eliminalos. En definitiva, os prexuízos considéranse unha das principais causas da conduta humana, percíbense tamén como un poderoso instrumento para modificala.
A formación de prexuízos
No proceso de formación dun prexuízo o primeiro paso é a creación do estereotipo, isto é, a división dun grupo en clases en función de diversos criterios e a asignación a cada clase de determinadas características en oposición ás outras. Así, en función do xénero, dividimos o mundo en dúas clases, homes e mulleres, e a cada unha apli-cámosIle uns atributos distintos. Este proceso, que se coñece como categorización, supón sempre algún tipo de xeneralización e, como tal, unha simplificación da realidade. Polo tanto, os estereotipos reflicten a realidade, pero sempre dun xeito simplificado. O prexuízo aparece cando se leva a cabo unha interpretación errónea dos estereotipos, xeralmente por dous motivos:
• Porque non se aceptan as excepcións, é dicir, en lugar de concibir os estereotipos como o que son, interprétanse de maneira tallante e categórica. Ao non admitírense as excepcións, estas xustifícanse en clave negativa. No caso do galegofalante típico (estereotipo), o prexuízo xurdiría ao rexeitar calquera galegofalante que non encaixase nese perfil. Para manter intacto o estereotipo, estes casos, excepcionais pero cada vez máis frecuentes, cárganse de connotacións pexorativas.
• Porque parten dunha percepción causal errónea, de xeito que as características dun grupo se perciben como inherentes a este e non debidas a unhas determinadas circunstancias históricas, sociais, políticas ou económicas, que constitúen sempre o motivo real da situación de inferioridade dun grupo con respecto a outro. Así, se os galegofalantes pertenceron tradicionalmente ás clases máis atrasadas cultural e economicamente, non é porque o feito de falar galego implique ser ignorante e pobre, senón porque a lingua galega estivo marxinada da escrita e dos usos formais durante séculos. En concreto, o prexuízo lingüístico xorde no momento en que as características aplicadas ao grupo de falantes se estenden á lingua en si mesma e, posteriormente, a cada un dos falantes individuais desa lingua.
Nos prexuízos o estereotipo vai sempre acompañado de sentimentos de rexeita-mento e dunha tendencia á discriminación. Estos acentúanse nas épocas de cambios sociais, nas que o estado de cousas imperante se ve ameazado. No caso que nos ocupa, o grupo dominante e privilexiado en Galicia foi tradicionalmente o dos castelanfalantes. Os galegofalantes eran os que se vían obrigados a aprender e utilizar a outra lingua, o castelán. Isto é o que se denomina bilingüismo asimétrico. Co inicio do proceso de normalización, os castelanfalantes senten perigar os seus vellos privilexios, véndose obrigados por primeira vez a aprender a outra lingua da comunidade, o galego. De aí o rexeitamento que se ten producido ás veces ante medidas que supoñen unha perda de espazos para o castelán.
A maioría das investigacións sociolingüísticas levabas a cabo en Galicia inclúen o estudo das actitudes e prexuízos. En xeral, os resultados son positivos, pois poñen de manifesto a superación dos antigos prexuízos cara ao galego e que as actitudes cara esta lingua melloran a medida que diminúe a idade.
VARIANTE ESTÁNDAR
A variante estándar ou normativa é unha variedade máis desde o punto de vista lingüístico, pero desde un punto de vista social é a que goza de maior prestixio, xa que é a empregada na escrita e nos contextos formais. Unha lingua só necesita unha variedade estándar cando se emprega para estas funcións, de aí que no caso do galego o proceso de construción do estándar non comezase ata o século XIX, pois ata daquela a nosa lingua estivera afastada da escrita e dos usos formais durante máis de tres séculos.
Perspectiva histórica
A normativización é un proceso longo e laborioso, arredor do cal xorden con fre-cuencia polémicas. Os primeiros pasos para levalo a cabo son:
• A fixación dunha ortografía.
• A escolla dunha variedade estándar, isto é, o establecemento dunhas normas de uso comúns.
• A elaboración de dicionarios e gramáticas.
No caso do galego, os dicionarios e as gramáticas comezan a aparecer na década de 1860. Mais cómpre esperar ao século XX para que xurdan as primeiras propostas dunhas normas comúns, aínda que desde o século XIX os escritores e escritoras xa se amosaban plenamente conscientes desta necesidade. Os estudosos coinciden en distinguir catro etapas no proceso de estandariza-ción da lingua galega:
• Século galego popularizante.
• 1° terzo do XX: galego enxebrizante ou diferencialista.
• 1936-1975: galego protoestándar.
• 1975-hoxe: galego estándar.
Ao converterse o galego en lingua cooficial en Galicia acentúase a necesidade de dispor dunha normativa que uniforme o idioma, co fin de empregalo nos ámbitos sociais e institucionais. En 1982 o Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Real Academia Galega (RAG) publican as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, declaradas oficiais pola Xunta de Galicia ese mesmo ano. Desde aquela, estas normas foron actualizadas e revisadas en 1995 e en 2003.
pt poiémica reintegracionista _ - A tendencia reintegracionista propugna a aproximación do estándar galego ao do portugués de Lisboa. Os seus defensores agrupáronse na Associaçom Galega da Língua (AGAL), que en 1983, logo de seren aprobadas oficialmente as normas elaboradas pola RAG e o ILG, publicou un Estudo crítico das Normas ortográficas e mololóxicas do idioma galego co ánimo de rebater os argumentos xustificantes da norma oficial, tomando como referencia a gramática e o dicionario portugueses. Fronte á postura reintegracionista, os partidarios da normativa oficial, sen negaren a existencia dun estreito parentesco e dunha fase común galego-portuguesa, defen-den a identidade do galego como lingua autónoma e independente do portugués (dado o diverxente desenvolvemento das dúas linguas desde o nacemento do reino de Portugal) e toman como punto de partida o galego oral, depurado dos elemen-tos espurios provocados pola convivencia desequilibrada co castelán. Entre o reintegracionismo extremo e a normativa oficial xurdiu outra tendencia partidaria dun achegamento ao portugués, pero só canto á intervención e planifica-ción do léxico, por considerar pouco viable a completa aproximación ortográfica. A súa proposta recolleuse nas Orientacións para a escrita do noso idioma, publicadas pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG) en 1980. É a denominada «nor-mativa de mínimos», para distinguila da reintegracionista ou de máximos. No ano 2003 aprobáronse as normas vixentes na actualidade que aúnan as opcións da normativa de mínimos e a oficial, de xeito que hoxe en día a maioría da sociedade utiliza xa a mesma variante estándar. Por este motivo, deuse en chamar «normativa de concordia».
Setección da variedade estándar
Con respecto á selección da variedade estándar dunha lingua, existen dúas posibi-lidades: ou escoller unha das variedades xeográficas da lingua para que exerza esa función, baseándose en criterios históricos ou políticos, ou elaborar unha variedade supradialectal combinando trazos dos diferentes falares. Esta última opción foi a elixida para a elaboración do galego estándar. Na selección dos trazos propios do estándar téñense en conta os seguintes cri-terios:
— A maior extensión xeográfica. — A maior extensión demográfica (número de falantes). — O grao de uso na literatura. — A harmonía coas demais linguas ROMánicas, especialmente co portugués. Así, para o pronome suxeito de segunda persoa escolleuse a forma maioritaria e con máis presenza na tradición literaria: ti, en lugar de tu. Noutros casos, óptase por solucións minoritarias pero coincidentes co portugués (isto, iso, aquilo, en lugar de esto, eso, aquelo). Ademais, tal como se recolle na introdución ás Normas ortográficas e morfolóxi-cas do idioma galego, a variedade estándar debe aspirar a ser «unha lingua común asentada na fala, mais depurada de castelanismos, supradialectal, enraizada na tra-dición, coherente e harmónica coas demais linguas de cultura». Polo tanto, debe ex-cluír os castelanismos, os hipergaleguismos (diferencialismo radical), os arcaísmos e os lusismos innecesarios. Non obstante, co fin de cubrir lagoas léxicas para as cales non existe unha forma patrimonial galega, así como para depurar a lingua de castelanismos
INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS
Todas as linguas entran en contacto continuamente con outras por diferentes motivos: movementos migratorios, intercambios comerciais e culturais, interrelación coa veciñanza etc. Isto acentúase aínda máis na sociedade actual, a raíz da globalización e os avances tecnolóxicos, que multiplican as posibilidades de intercomunicación. Ademais, nunha mesma sociedade o máis frecuente é que convivan varias linguas, xa que o monolingüismo constitúe unha excepción.
Unha das consecuencias de todos estes contactos é a influencia lingüística entre as diferentes linguas implicadas. En efecto, en calquera lingua podemos encontrar palabras e expresións procedentes doutras. Así, por exemplo, no inglés abundan as palabras de orixe francesa, debido sobre todo á invasión de Inglaterra polos franceses na Idade Media. Palabras como defense, prison, tax, army, mutton, beef ou pork, entre outras, proceden do francés.
En función do nivel de integración do termo, así como se este é aceptado ou non na norma estándar correspondente, distinguimos entre interferencia e préstamo, aínda que a fronteira non sempre está clara. Falamos de interferencia cando se trata dun termo ou trazo que non está consolidado e non é admitido na variedade estándar ou normativa.
No caso do galego, gran parte das interferencias proceden do castelán debido á presión social que exerceu esta lingua durante séculos, como lingua dominante. Son os denominados castelanismos, abundantes sobre todo no plano léxico. En calquera caso, tamén no castelán falado en Galicia podemos detectar a influencia do galego, aínda que máis no nivel fónico e morfosintáctico (formas verbais).
Castelanismos léxicos
Na introdución de castelanismos léxicos no galego tiveron un papel fundamental a Igrexa, a Administración e o ensino, que provocaron que formas como *Dios, *i gle- sia, *pueblo ou *siglo penetrasen xa desde os Séculos Escuros. Noutras ocasións a
entrada do castelanismo léxico débese á ruptura co mundo tradicional, coa chegada
de obxectos máis modernos con nome castelán (*escoba, *embudo). Moitos castela-
nismos adaptáronse á fonética galega, dando orixe a formas híbricins (*conexo, *lexos,
*axuntamento). Polo contrario, non adoita haber adaptación fonética nos termos
técnicos (*geografi'a, *geología, *ingeniero), ou relixiosos (*religión, *Vírgen, *San Jose).
Na interferencia léxica do castelán podemos distinguir varios graos:
1. O primeiro grao de interferencia prodúcese cando existen no galego dous termos total ou parcialmente sinónimos, e tende a darse preferencia no uso ao termo coincidente co castelán. Nos seguintes pares de palabras, os dous termos son correctos en galego, pero emprégase con máis frecuencia o máis semellante ao castelán, debido á presión que exerce esta lingua: ldgrima / bágoa, brando / mol, esperar / agardar, soportar / aturar, recordar / lembrar.
2. Noutras ocasións, a forma galega, aínda que se mantén, vai restrinxindo o seu significado a uns ámbitos de uso moi específicos, mentres o correspondente castelanismo é o empregado co significado amplo: — Vasoira adoita usarse para referirse só ás rústicas, feitas de xesta, e pasa a empregarse o castelanismo *escoba para o resto. — Billa acaba limitándose á dos barrís, porque se introduce o cAstelanismo *grifo. Nestes casos, normalmente o termo galego asóciase con matices rústicos, tradi-cionais, artesanais etc. Tamén pode especializarse o termo galego para os animais (rih pescozo), mentres que o castelán se emprega para as persoas (*riñón, *cuello).
3. Por último, o terceiro grao de castelanismo ten lugar cando se dá unha subs-titución total da forma tradicional galega pola súa correspondente castelá: *Dios, *señal, *pueblo, *roddla, *lunes, *miércoles, *jueves etc.
Castelanismos semánticos
Prodúcense cando a unha forma castelá lle corresponden dous termos en galego e estes non se utilizan adecuadamente. Por exemplo, a palabra castelá *sueño equivale a dúas palabras en galego, cada unha delas con diferente significado: sono (`ganas de durmir, estado de quen dorme') e soño (`o que imaxinamos mentres durmimos'). Así, sería incorrecto dicir: * Tiven un sono horrible esta noite, ou*Vou para a cama que teño moito soño.
Castelanismos fónicos
0 plano fónico é o que se viu tradicionalmente menos afectado. Porén, na actuali-dade a influencia do castelán neste plano comeza a cobrar importancia, sobre todo no galego usado polos neofalantes, isto é, aqueles que comezan a utilizar o galego tras aprendelo como segunda lingua, xa que teñen como lingua inicial o castelán. • No vocalismo, pode darse a perda da distinción entre as vogais medio abertas e medio pechadas, é dicir, a incapacidade de diferenciar /e/ de /e/, ou /0/ de /o/. Deste xeito, confúndense palabras como vén / ven, présa I presa ou bóla I bola, que teñen diferente significado segundo se pronuncien con vogal aberta ou pechada.
• A consoante nasal velar /ij /, característica do galego, pode pronunciarse como alveolar por influencia do castelán: *una, *alguna, /unoso/ (un oso) en lugar de unha, algunha ou /uijoso/. Tamén se pode dar o caso de pronunciar como velar todo n final de palabra ante palabra comezada por vogal, sen considerar que o n final galego é alveolar nalgúns contextos: nas palabras ben, nin, non, quen, alguén, ninguén, sen, tamén e nas formas verbais, seguidas dos pronomes o, a, os, as. Por exemplo: non o sei, quen o pillara...
• O son fricativo palatal xordo /f/ despalatalízase e realízase como alveolar: *toso e *sente, en lugar de toxo e xente.
Castelanismos morfosintácticos
Algúns dos fenómenos morfosintácticos debidos á influencia do castelán no galego son:
• A alteración do xénero gramatical de substantivos, equiparándoos ao xénero do castelán: *a mel, *a leite, *o calor.
• A alteración de formas da conxugación verbal cando non hai equivalencia das irregularidades nunha e noutra lingua: * conduxo, * andivera, *parezco. • O uso da preposición a ante infinitivo e complemento directo: *vou a facer, *levar aos nenos ao colexio.
A estes fenómenos que afectan o galego popular, xeneralizados en maior ou menor medida nos galegofalantes tradicionais, habería que eng adir outros que se producen nos neofalantes:
• Erros na colocación dos pronomes átonos: *che digo unha cousa, *nunca díxoche a verdade.
• A elisión do artigo definido diante do adxectivo posesivo: *súa camisa.
• O uso de formas plurais dos demostrativos masculinos en -os: * estos días, *esos libros.
• A ausencia da flexión de xénero dous I dúas: *trinta e dous páxinas.
• A confusión das formas pronominais correspondentes a obxecto directo e indi-recto (te I che), isto é, o uso de che para obxecto directo ou con verbos reflexivos, e de te para indirecto (exceptuando as zonas de teísmo e cheísmo, onde estes fenómenos son dialectais e non unha interferencia do castelán): *vinche onte, *roubdronte o coche.
• O emprego de pronomes reflexivos en casos como *compreime un cadro, *lavouse a cara, *comícheste o xamón, *casouse polo civil.
• O uso de formas verbais compostas co auxiliar haber (*había cantado en lugar de cantara) ou co auxiliar ter en construcións que non presentan valor reiterativo (*teizo chegado a unha conclusión en vez de cheguei a unha conclusión).
• Ausencia do infinitivo conxugado, xa que se trata dunha forma que non existe en castelán: Cómpre falar antes de tomar unha decisión, en lugar de Cómprefithlr-mos antes de tomar unha decisión. Por chegar tarde, non puideches ver o comezo da película, en lugar de Por chegares tarde, non puideches ver o comezo da pelícuLa.
Entre os neofalantes, que na maioría dos casos aprenden o galego na escola, son máis frecuentes os castelanismos fónicos e morfosintácticos, mentres que os gale-gofalantes tradicionais incorren máis nos léxicos, xa que nalgúns casos as formas de orixe castelá están tan interiorizadas que se chegan a considerar galegas polos falan-tes. Isto ocorre por exemplo con termos como * carretera, * Dios ou * acera. Debemos evitar progresivamente este tipo de interferencias sobre todo nos rexistros de fala máis coidados e na escrita.