A Historia do Galego nos Séculos Escuros e o Pre-Rexurdimento
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 10,77 KB
Os Séculos Escuros e o Pre-Rexurdimento
1. Os Séculos Escuros (XVI e XVII)
É un período histórico caracterizado polo estado de marxinación social do galego, a raíz da imposición do castelán, e pola ausencia case total de literatura culta en galego.
1.1 A Situación Política
Caracterizouse polo dominio castelán e a represión de calquera descontento social debido aos seguintes factores:
- A presenza permanente da “Santa Hermandad”, exército dos casteláns.
- O absentismo dunha parte da alta nobreza galega, que pasou a vivir na Corte.
- Sometemento á dependencia castelá das principais ordes monásticas.
- Retirada do dereito a voto nas Cortes a favor de Zamora.
Situación Socioeconómica caracterízase por ter un sistema rendista.
1.2 A Demografía
Galiza era un país densamente poboado, pero cunha escasa poboación urbana. Neste contexto xorde un dos fenómenos máis importantes da nosa historia: a emigración (XVI e XVIII, moitos emigrantes a Andalucía, Portugal e incluso América para traballar en oficios máis duros).
1.3 Imaxe de Galicia e dos Galegos durante os Séculos Escuros
A consecuencia da dominación e marxinación política, do fenómeno da emigración e da pobreza da poboación galega, nace unha imaxe do galego como un pobo mísero, atrasado, inculto… Representada na literatura española do Renacemento e do Barroco (Lope de Vega, Góngora, etc.).
Existiron moi poucos textos que replicasen tantos insultos e ataques. Destaca El búho gallego de Pedro Fernández de Castro.
1.4 Situación Sociolingüística
A partir do século XV produciuse a imposición do castelán en Galiza, en paralelo a unha progresiva marxinación do galego. Esta situación caracterízase por:
- A nosa lingua pasou a ser de uso exclusivamente oral e coloquial, e o seu uso escrito desapareceu por completo durante a primeira metade do século XVI.
- A imposición do castelán en Galiza avanzará lentamente, exclusivamente nas capas altas da sociedade. Debido á falta de familiarización dos galegos co castelán, foron necesarios intérpretes ata o século XVIII.
Estamos, pois, ante unha situación de diglosia, cunha lingua A, o castelán, ignorada pola práctica totalidade dos galegos, pero usada polos que gobernan a sociedade, e unha lingua B, o galego, coñecida e usada oralmente por case todos, pero minusvalorada socialmente. Consecuencias da marxinación:
- A progresiva fragmentación dialectal do idioma ao carecer dun modelo culto de referencia. Desde o século XVIII, as principais linguas románicas van fixando a súa norma culta a través de gramáticas, diccionarios… pero isto non ocorre no caso do galego.
- Neste período consolídase evolucións fonéticas que afastan o galego do portugués (gheada, desaparición das vogais nasais…).
- A ruralización e castellanización do léxico.
- A castellanización da onomástica –antropónimos e topónimos–.
- A imposición do castelán na Galiza e a marxinación do galego provocou un sentimento de autodesprezo ou autoodio.
2. A Reivindicación Lingüística na Ilustración e no Pre-Rexurdimento
2.1 Galiza Baixo o Absolutismo dos Borbóns
A situación política está marcada pola subida ao trono hispánico en 1701 de Felipe V, que consagrou a mudanza dinástica dos Austrias a favor dos Borbóns. Nace así o Estado-Nación español e triunfan o Absolutismo e o Despotismo ilustrado como métodos de goberno.
A situación socioeconómica caracterízase pola recesión económica que se agrava a partir de mediados do XVIII. Esta crise está provocada por factores como o descenso na producción agrícola, perda dos mercados tradicionais de viño galego, permanencia do sistema foral, etc.
As fames e as pestes son periódicas, a emigración aumenta sen parar e o número de mendigos.
2.2 Os Ilustrados: Renacer da Conciencia Galega
O século, ou Século das Luces, supón a aparición da Ilustración. En Galiza, a Ilustración vai significar a aparición de tres xeracións de intelectuais que buscan o remedio á situación de marxinación e atraso en todas as ordes.
- 1. Dos críticos: Padre Feixóo, Padre Sarmiento.
- 2. Dos fisiócratas: Francisco de Castro, Antonio Sánchez.
- 3. Dos afrancesados ou filoliberais: Lucas Labrada, Antonio Raimundo Ibáñez.
Crearon institucións como a “Sociedad Económica de Amigos del País” de Lugo e Santiago e manifestaron unha aguda preocupación polo estado de postración de Galiza. Nas súas obras tratan temas como a reforma da agricultura, a mellora das leis, etc.
2.3 A Situación Sociolingüística no Século XVIII. A Formación dos Prexuízos Lingüísticos.
Durante este século vaise producir un retroceso na situación da nosa lingua que se plasma nos seguintes aspectos:
- O estado borbónico ten como obxectivo a homoxeneización cultural e lingüística dos diversos territorios penínsulares. A imposición do castelán levarase a cabo a través da lexislación.
- Refórzase a extensión social do castelán en Galiza.
- Na mentalidade social nacen os prexuízos lingüísticos: castelán = cidade, riqueza, cultura, progreso… galego = aldea, pobreza, incultura, atraso…
2.4 Os Ilustrados e o Espertar da Conciencia Lingüística.
Como reacción a este avance castelanizador, algúns ilustrados van defender a lingua. Destacan nesta preocupación tres ilustrados: O Padre Feixóo, o Padre Sarmiento e o Padre Sobreira.
Frei Benito Xerónimo Feixóo: Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro Crítico Universal, considerados como a obra cume da Ilustración en castelán. Respecto ao galego, deixou claro no discurso XIV do Tomo I do Teatro Crítico que o noso idioma procede do latín e que non era un dialecto do castelán.
Frei Martiño Sarmiento: É un dos pais da Filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Ademais de estudar a lingua, foi un dos primeiros autores que reflexionaron e comprenderon perfectamente o proceso histórico que conduciu á imposición do castelán en Galiza e á marxinación do galego, criticou algúns dos manifestacións do que chamamos “complexo de autoodio” e propuxo medidas para introducir o galego nas Igrexas e na escola.
O Padre Sobreira: Monxe beneditino que traballou durante máis de oito anos na idea dun diccionario do galego, que levaría o título de Glossario General de la Lengua Gallega e axudaría a preservar por escrito o idioma do galego. Consideraba vergoñento que o galego carecese del cando todas as outras linguas da Península o tiñan.
A Literatura Galega nos Séculos Escuros
1. A Literatura Oral e Popular
Durante os séculos XV-XVIII, a literatura galega que houbo foi case toda de carácter oral, popular e anónima, polo que a maior parte dela perdéuse. Só unha pequena porción recompilada e salvada por ilustrados como o Padre Sarmiento ou o Padre Sobreira e máis tarde por eruditos.
A literatura oral foi moi pouco valorada, pero ten valores moi importantes:
- É un tesouro estético e estilístico.
- É un documento sociohistórico sobre unha forma de vida e unha cosmovisión que permaneceron durante séculos.
- Constitúe un documento lingüístico importantísimo.
- A autoría feminina de boa parte das composicións converte a literatura popular nun exemplo de construción dun discurso propio.
- Inflúe en boa medida na literatura castelá desde o Rexurdimento ata os nosos días.
A literatura oral defínese como un conxunto de xéneros moi variados. Caracterízase por ser unha literatura de carácter oral, presenta gran variabilidade na forma (varias versións), é anónima e ten unha finalidade concreta, a veces acompañada dunha melodía.
A literatura popular pódese dividir en dous grandes bloques:
O Cancioneiro Popular
Cantigas populares cun léxico simple, acompañadas normalmente de música e que se prestan normalmente ao baile. As máis utilizadas son:
- A copla ou cantiga.
- O terceto de octosílabos.
- A muíñeira de hendecasílabos.
Narrativa Oral
Composta por:
- Lendas: etiolóxicas, haxiográficas e históricas.
- Contos: maravillosos, exemplares e humorísticos.
- Refráns.
- Adiviñas.
2. As Manifestacións Literarias Culta nos Séculos Escuros
Apenas existen mostras literarias cultas escritas en galego entre os séculos XV e XVIII; as que nos chegaron redúcense ás seguintes:
2.1 Poesía
- O Cantar do Mariscal e o Romance do Mariscal (Pranto da Frouseira).
- Varios sonetos de corte renacentista e barroco.
- “Soneto de Monterrei”.
- O soneto escrito pola Condesa de Altamira (primeira muller galega escritora coñecida).
- Dous sonetos con motivo da morte da raíña Margarita de Austria.
2.2 Teatro
Consérvase na Biblioteca Nacional de Madrid o manuscrito dunha breve peza teatral de 433 versos repartidos en nove escenas coñecida como Entremés famoso sobre a pesca no río Niño ou Contenda dos Labradores de Caldelas por Gabriel Feixó de Araúxo.
3. A Literatura Ilustrada e Pre-Renacentista
3.1 Os Ilustrados, Literatos en Galego
Os ilustrados galegos cultivaron obras no noso idioma, abrindo camiño así ao Rexurdimento.
A principal obra literaria culta en galego da Ilustración é o Coloquio de 24 gallegos rústicos escrito polo Padre Martiño Sarmiento. Consta de 1201 coplas ao estilo popular, versos hexasílabos e rima asonante nos pares. Tamén salientan os vinte e catro poemas en galego coñecidos do “cura Fruíme” Diego Antonio Cernadas e Castro.
Tamén debemos citar á precursora Francisca de Isla e Losada, autora dun romance en galego. Outros ilustrados que utilizaron o galego foron Xosé Cornide Saavedra, Xosé Noguerol Camba xunto con outros.
Tamén se conserva un texto teatral do S. XVIII anónimo, intitulado Entremés do Portugués.