Lingüística Galega e Literatura Pós-Guerra: Fonemas, Grafemas e Autores Clave

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,93 KB

Lingüística Básica

O fonema é a unidade lingüística máis pequena; non ten significado e posúe:

  • Función distintiva (Permite distinguir palabras).
  • Relación fonética (Pódese pronunciar).

O son é a representación física dun fonema e a súa representación gráfica faise entre corchetes.

O grafema, letra ou grafía, é a representación escrita dos fonemas.

A Lingua Galega na Posguerra

Variedade na unidade: Produciuse a sublevación militar contra o lexítimo goberno da República e comezou unha guerra que finalizou tres anos despois coa Ditadura Franquista. Nesta época, o galego sufriu unha forte represión, aínda que a maior parte dos galegos seguiron tendo o galego como lingua habitual, malia que o castelán fose a única lingua oficial. Nesta ditadura tamén se intensificou o proceso de desgaleguización. Nos anos 50 o galego iniciou unha defensa na procura de recuperar a nosa lingua. Nestes anos tamén se fundou a editorial Galaxia e reiniciouse a produción literaria en galego. Nos anos 60 xurdiron moitas asociacións culturais e tamén se fundaron os primeiros partidos políticos socialistas. En 1975 morreu Franco e o galego recuperou os dereitos das nacionalidades históricas.

A Literatura Galega dos Anos 50 e 60

Na Guerra Civil e na posterior Ditadura, que supuxeron un período de silencio na nosa literatura, esta continuou no exilio americano. A partir dos anos 50 recuperouse paulatinamente a produción literaria na nosa lingua grazas á Editorial Galaxia. Os escritores máis significativos foron: Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Anxel Fole.

Nos anos 60 apareceu unha nova xeración, a "Nova Narrativa Galega", que renovou a nosa literatura mediante novas técnicas e novos temas. Escritores significativos: Méndez Ferrín, Carlos Casares, Xohana Torres, Mª Xosé Queizán. Nos anos 70 déronse a coñecer moitos autores como: Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Fernández Ferreiro, Xavier Alcalá...

A Narrativa dos Anos 60

Nestes anos a narrativa galega experimentou un moi bo desenvolvemento grazas a estes 3 grupos de escritores:

  1. Cunqueiro, Blanco Amor e Fole.
  2. Xosé Neira Vilas, que elaborou unha narrativa de temas realistas.
  3. Escritores mozos que forman a Nova Narrativa Galega.
A Nova Narrativa Galega (NNG)

Reuniuse un grupo de escritores que publicaron as súas obras, como:

  • Nasce unha árbore de Gonzalo Mourullo.
  • Adeus, María de Xohana Torres.

Son todos novos escritores que achegaron as seguintes novidades ás súas obras:

  • Presenza de personaxes anónimos, violentos...
  • O mundo do subconsciente.
  • Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
  • Ruptura da linealidade temporal do argumento.
  • Pluralidade das voces narrativas (Varios narradores nun mesmo relato).
  • Predominio do monólogo interior que tenta reproducir os pensamentos tal e como acontecen na cabeza do personaxe.
  • Técnica do ollo cinematográfico.

Autores Galegos Destacados

Eduardo Blanco Amor

Naceu en Ourense, cidade que será referencia na súa obra literaria. A súa obra abrangue todos os xéneros: foi poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta. Comezou escribindo poesía vangardista e nos anos 50 escribiu as súas obras máis importantes:

  • A Esmorga: Desenvolve unha historia tráxica que transcorre por diversos escenarios do ambiente urbano de Ourense. Esta obra ten 3 partes: Na 1ª a documentación. Na 2ª a declaración de Cibran e Castizo ante o xuíz. Na 3ª a reaparición do autor.
  • Os biosbardos: Reúne un conxunto de 7 relatos breves protagonizados por rapaces de Auria que contan as súas experiencias persoais e informan sobre como se vivía naqueles tempos.
  • Xente ao Lonxe: É unha novela longa que conta a historia dunha familia obreira de Auria.
Álvaro Cunqueiro

Cunqueiro foi narrador, poeta, dramaturgo e ensaísta. Cunqueiro facía:

  • Narrativa: Merlín e Familia, As crónicas de Sochantre, Escola de Mariñeiros, Xente de aquí e acolá.
  • Poesía: Dona do corpo delgado, Herba aquí e acolá.
  • Teatro: A noite vai coma un río, O incerto señor Don Hamlet.
  • Ensaio: Tesouros novos e vellos.
Anxel Fole

Anxel Fole na narrativa foi un mestre do relato curto:

  • Relatos: A luz do candil, Terra brava, Contos de néboa e historias que ninguén cre.

Fole tiña unha táctica narrativa baseada no conto popular de tradición oral. Tamén fixo teatro: Pauto de demo.

Xosé Neira Vilas

Naceu nunha familia labrega e pasou a súa infancia e adolescencia no mundo rural, o cal recreou nas súas obras. Escribiu obras narrativas que se clasifican segundo o espazo onde se sitúan as historias e segundo o protagonista das mesmas. En Neira Vilas cómpre sinalar dous temas:

  • A Galicia Rural, dominada pola miseria da posguerra... Nesta etapa escribiu narrativa con protagonistas infantís (Memorias dun neno labrego) e noutro caso con adultos (Querido Tomás).
  • A Galicia emigrante dos galegos en América cos seus problemas de adaptación (Tempo Novo).

Xosé Neira Vilas é un dos primeiros autores de literatura infantil (Espantallo amigo). Como investigador tamén escribiu varios libros (Castelao en Cuba, Guerrilleiros).

Carlos Casares

A súa actividade literaria desenvolveuse sobre todo na narrativa (contos e novelas), aínda que tamén escribiu obras de ensaio e colaborou en múltiples actos culturais. As primeiras obras inclúense dentro da Nova Narrativa Galega. Son de carácter autobiográfico e sitúanse en distintas etapas da súa vida (Vento Ferido, Cambio en tres). As restantes obras xa se sitúan nun pasado histórico (Ilustrísimas, O sol de Verán). Tamén escribiu obras de literatura infantil (O can Rin, A galiña azul...).

María Xosé Queizán

A súa obra abrangue todos os xéneros: novela, conto, ensaio, teatro e poesía. É autora dunha importante obra narrativa (Amantia, A orella no buraco, Amor de tango...). Ademais de narradora, tamén fixo teatro (Antígona ou a forza do sangue, Non convén chorar máis...). Obra poética (Fóra de min, Despertar das amantes...). Ensaio (A muller en Galicia, Evidencias...). E mesmo escribiu un guion de cine: Prisciliano.