Rosalía de Castro e Curros Enríquez: Análise da Literatura Galega do Rexurdimento

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,21 KB

Rosalía de Castro: Pioneira do Rexurdimento

Cantares Gallegos: A Voz de Galicia

Cantares Gallegos inaugura o rexurdimento pleno da literatura galega contemporánea. É unha reivindicación de Galicia e do galego. As anécdotas e escenas que representan a Galicia forman unha unidade, reflectindo a marxinación que sofre a súa terra, vista como unha "muller". O obxectivo principal era demostrar que o galego era unha lingua capaz de expresar os problemas e as belezas de Galicia, das súas xentes e a súa personalidade. É unha obra con diferentes rexistros: tristura, ironía, sarcasmo...

Follas Novas: Transgresión e Universalidade

Publicado na Habana, Follas Novas significou por parte de Rosalía unha transgresión de moitas normas preestablecidas. O público lle vedaba o terreo no que se expresan os grandes problemas da existencia humana. A obra está organizada en 5 partes que chama "libros":

  • Vaguedar
  • Do Íntimo
  • Varia
  • Da Terra
  • As Viúvas dos Vivos

Vai dedicado á Sociedade de Beneficencia dos Naturais de Galicia (institución que financiou a publicación). A métrica e a estrutura dos poemas é máis complexa e variada ca a dos Cantares. Os elementos subxectivos asumen o protagonismo. A sección "As Viúvas dos Mortos e dos Vivos" denuncia a lacra que daquela asolaba Galicia: a emigración. Con esta obra, a poesía galega adquire a súa dimensión máis universal.

Manuel Curros Enríquez: O Poeta Cívico

Nace en Celanova en 1851. A Revolución de 1868 inflúe na súa ideoloxía de liberal demócrata, republicano e federal. Denuncia a emigración e a pobreza do pobo galego, amosando o ton cívico predominante na súa obra.

Poesía Costumista

Unha voda en Einibó e O Gaiteiro de Penalta son textos claramente costumistas, influídos polos poemas de Rosalía. A Virxe do Cristal é a máis narrativa das tres pezas, con inspiracións do Romanticismo español. O máis logrado son as situacións, os diálogos e os monólogos.

Poesía Cívica

As ideas de liberdade, progreso e democracia son dominantes. No poema "Na chegada a Ourense da primeira locomotora" maniféstase a súa concepción do progreso e a liberación dos pobos.

Poesía Satírica

A súa obra satírica máis destacada é O Divino Sainete. Salienta os defectos da Igrexa Católica e segue o modelo d'A Divina Comedia de Dante.

Poesía Lírica

Curros cría que o poeta se debía á humanidade e que a lírica era unha forma egoísta de cultivar a literatura. Porén, non faltan na súa produción momentos líricos en poemas como 'Ai!', 'Na morte da miña nai' ou 'Ben chegado'. Tamén escribiu textos dedicados a Rosalía, como 'A Rosalía' e 'Na tumba de Rosalía'.

Lingua e Estilo de Curros Enríquez

Curros elixe unha lingua marxinada, o galego, e trátaa como lingua de cultura. Inspírase no galego ourensán de Celanova. Apóiase nun certo ruralismo, sobre todo na poesía costumista. A fala popular, a paixón cívica e a estética romántica caracterizan a súa poética.