Guía Completa da Nova Narrativa Galega: Ferrín, Casares, Queizán

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,23 KB

A Nova Narrativa Galega: Autores e Trazos

A Nova Narrativa Galega, representada por autores como Gonzalo Rodríguez Mourullo, Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares e María Xosé Queizán, constitúe un grupo heteroxéneo de obras e autores que, entre os anos 60 e 70, propiciaron unha profunda revisión das tendencias da narrativa precedente. Estes serían os seus trazos comúns:

Os autores da Nova Narrativa Galega

  • Teñen formación universitaria.
  • Están estreitamente ligados á ideoloxía nacionalista.
  • Coñecen ben as tendencias da narrativa europea.

Características das obras da Nova Narrativa

  • Narrador e Protagonista

    • Narrador: Domina o narrador en primeira persoa, centrado na introspección ou nas cousas examinadas ao detalle.
    • Protagonista: Aparece o protagonista desarraigado e decote abrumado pola súa propia consciencia ou por circunstancias descoñecidas.
  • Espazo e Simboloxía

    • Espazo: Faise indeterminado e intanxible, fuxindo da localización concreta e coñecida, aínda que domina o espazo rural. Adquire moita importancia a simboloxía, xa que a través dela poden representarse situacións, lugares, persoas... identificables con Galicia.
  • Tempo e Temática

    • Tempo: Hai ruptura entre o tempo do discurso e o tempo do relato.
    • Tema: Domina a presentación da angustia e do illamento do home ante o mundo opresivo e abafante que o rodea. Mais tamén a rebeldía e a loita pola liberdade individual e colectiva.

A épica rural: Neira Vilas e a súa obra

A obra de Xosé Neira Vilas, enmarcada na épica rural, destaca pola súa particular experiencia vital, o seu maior achegamento formal á narrativa tradicional e a súa incidencia en temas como a infancia, o mundo rural ou a emigración.

Xosé Luís Méndez Ferrín: Obra e Estilo

Méndez Ferrín convértese nunha referencia da narrativa galega dos últimos cincuenta anos. Nos seus relatos e novelas translúcense múltiples influencias, pero sempre cun estilo moi persoal. A súa produción narrativa pode ser descrita en tres fases principais:

Fases da produción narrativa de Ferrín

  • Primeira fase: Renovación formal e contidos

    Obras como Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo do norte exemplifican a renovación formal e de contidos da Nova Narrativa, con espazos abafantes e sinistros, personaxes descontextualizados e a irrupción do inconsciente.

  • Segunda fase: Contidos sociopolíticos

    En obras como Retorno a Tagen Ata, Elipsis e outras sombras e Bretaña, Esmeraldina, domina o tratamento de contidos sociopolíticos, cun claro rexeitamento ideolóxico da situación de opresión que vive Galicia.

  • Terceira fase: Literatura fantástica e mitoloxía

    Amor de Artur representa unha aproximación á liña da literatura fantástica. Con gran mestría, mestúrase realismo e nostalxia, explorando as seguintes tendencias:

    • A recreación de personaxes e ambientes da Materia de Bretaña.
    • A exploración do absurdo, da angustia humana e mesmo da violencia destrutiva.
    • O desenvolvemento dunha mitoloxía propia e persoal.

Carlos Casares: Traxectoria e Obra

Na súa mocidade, Carlos Casares frecuentou os faladoiros literarios ourensáns, onde coñeceu a Vicente Risco. Trasladouse a Santiago, foi director da Editorial Galaxia e, nos últimos anos, presidente do Consello da Cultura Galega. Casares converteuse nun dos piares básicos da cultura galega dos nosos días.

Principais obras de Carlos Casares

  • Primeira etapa: Nenez e mocidade

    Obras como Vento ferido, Cambio en tres e Xoguetes para un tempo prohibido céntranse en aspectos biográficos da súa nenez e mocidade.

  • Segunda etapa: Pasado histórico e fantasía

    En Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón e O sol do verán, recrea momentos e personaxes do pasado histórico, mesturando realidade e fantasía.

Dominio de técnicas narrativas

Casares posuía un perfecto dominio das técnicas propias da narrativa europea e americana do século XX: ruptura da temporalidade lineal, control sobre o ritmo narrativo, pluriperspectivismo, monólogo interior, entre outras.

María Xosé Queizán: Feminismo e Literatura

Desde adolescente, María Xosé Queizán participou activamente tanto na vida política como na cultural, participando en distintos proxectos como teatro e prensa. Desde 1983, dirixe a revista Festa da palabra silenciada, que dá cabida á creación e á reflexión sobre a situación da muller.

Obras destacadas de María Xosé Queizán

  • A orella no buraco
  • Amantia
  • A semellanza
  • Amor de tango
  • O solpor da cupletista