A Prosa Medieval Galega: Ciclos, Obras e Condicionantes Históricos

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,22 KB

A prosa medieval: condicionantes históricos

Os primeiros textos en prosa son do século XIII e foron escritos nas cortes reais. A escaseza de prosa literaria débese a:

  • A maioría das obras eran escritas en latín, no canto das linguas romances que se estaban a consolidar.
  • Os reis de Castela e Portugal ordenaron que se escribise nas linguas romances propias do seu reino, e ningunha era o galego.
  • A inexistencia da independencia política condicionou a produción de prosa literaria.
  • A maioría dos textos de prosa literaria en galego desapareceron.
  • A chegada da imprenta provocou a destrución de toda a prosa literaria que estaba escrita en pergameos.

Prosa literaria medieval

A prosa literaria medieval divídese en tres ciclos principais:

  • Ciclo Bretón

    O Libro de Xosé de Arimatea narra a orixe e o significado da copa sagrada e o seu traslado.

    A Demanda do Santo Grial narra as aventuras dos cabaleiros da Mesa Redonda buscando o vaso sagrado.

    O Libro de Merlín narra os encantamentos e profecías do mago, nas que anuncia a chegada de novos tempos.

  • Ciclo da Guerra de Troia

    Fixéronse dúas traducións ao galego:

    • A Crónica Troiana, na que se funden elementos de orixe épica con elementos do mundo cortesán e xunto con tópicos do amor cortés.
    • A Historia Troiana, que comparte a mesma visión da antigüidade ca a anterior.
  • Ciclo relixioso ou carolinxio

    Os textos pertencentes a este ciclo tiñan unha finalidade divulgativa e didáctica.

    Os Milagres de Santiago é o libro máis representativo, que ademais da vida e dos milagres do Apóstolo Santiago, tamén trata outros temas como a destrución de Xerusalén ou a vida de Pilatos.

    A Chanson de Roland e a épica carolinxia deberon ter unha ampla difusión en Galicia, como nos mostran as cantigas satíricas.

    A finalidade divulgativa deste libro está presente na conclusión dos milagres grazas á intervención do apóstolo.

    Tamén tivo gran importancia o Flos Sanctorum, do que só se conserva un fragmento.

Obras de carácter histórico

A diferenza entre estas obras e as actuais é que as medievais, ademais dos datos históricos, intercalaban elementos fantásticos, lendarios ou novelescos, que as aproximan á prosa de ficción.

  • A Crónica Xeral Galega é unha obra de capital importancia pola súa antigüidade e polo seu valor lingüístico e literario. Recolle lendas, relatos orais e cantares de xesta referentes a personaxes históricos ou imaxinarios.
  • A Xeral Historia é unha tradución da historia universal elaborada na corte de Afonso X.
  • A Crónica de Santa María de Iria fai unha exaltación da igrexa do título, onde relata o desembarco do apóstolo para ser levado a Santiago. Tamén fai unha enumeración dos bispos de Iria.

Obras de carácter técnico

O Tratado de Albeitaría é unha tradución ao galego que trata sobre a cría e enfermidades dos cabalos. É unha das poucas obras científicas do galego medieval.