Variedades da lingua galega: niveis, rexistros e movementos das vangardas
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,62 KB
Niveis da lingua
As diferentes formas de falar dependen do nivel de coñecemento, o hábitat, a profesión, a formación, a idade, etc.
Nivel culto
- Persoa de alto nivel cultural.
- Riqueza léxica.
- Abundancia de adxectivos.
- Pronunciación clara.
Nivel medio
- Lingua estándar.
- Caracterízase polo respecto ás normas lingüísticas.
Nivel vulgar
- Persoas de escasa formación.
- Mala pronunciación.
- Utilización de vulgarismos.
- Léxico reducido.
Variedades específicas
Tecnolectos
Caracterízanse polo seu vocabulario técnico e especializado.
Exemplo: mundo da informática.
Xergas
Linguas particulares de grupos sociais concretos.
Exemplo: tribos urbanas, delincuentes, mocidade. Teñen carácter esotérico, é dicir, só o coñecen os membros do grupo.
Castelao
Características da súa obra literaria
- Crítica social: denuncia das inxustizas que sofren os máis débiles, defensa das clases populares.
- Humor ácido: a través da ironía e a retranca, amorosa, dos defectos da sociedade galega do seu tempo.
- Lirismo: con abundantes recursos expresivos.
- Concisión e brevidade.
Narrativa
- Un ollo de vidro
- Cousas
- Retrincos
- Os dous de sempre (Rañolas: un rapaz que supera as adversidades; Pedriño: un rapaz folgazán e comechón)
Ensaio
- Sempre en Galicia
- As cruces de pedra na Bretaña
- As cruces de pedra na Galiza
Teatro
Os vellos non deben namorarse
Obra gráfica
Debuxos no álbum: Nós, Cincuenta homes por dez reás, Cousas da vida.
Despois da guerra: Galicia Mártir, Atila en Galicia, Milicianos.
As vangardas
As vangardas = Xeración do 25 = Xeración do 22 = Novecentismo.
Características comúns a todos os movementos das vangardas
- Ruptura coa tradición e a procura de novos camiños expresivos.
- Actitude antirromántica e antisentimental.
- Defensa da liberdade.
- Defensa da arte pola arte.
- Renovación da linguaxe literaria.
Todos eles difunden as súas propostas a través de manifestos.
Manifesto e revistas das vangardas galegas
Manifesto "Máis ala", de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.
Revistas: "Alfar", "Cristal", "Ronsel", "Papel de color", "Resol", "Yunque".
Dúas liñas temáticas
- As que non rompen coa tradición: Neotrobadorismo e Hilozoismo.
- As que si rompen coa tradición: Vangardas plenas, Creacionismo (Manuel Antonio).
Dous ismos exclusivamente galegos
Neotrobadorismo e Hilozoismo.
Neotrobadorismo
Nace tras o descubrimento e difusión da poesía medieval galego-portuguesa. Os principais representantes desta corrente foron:
- Fermín Bouza Brey: Nao senlleira
- Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama Riveira, Dona do corpo delgado
- Xosé María Álvarez Blázquez: Cancioneiro de Monfero
Hilozoísmo
Tamén chamado animismo ou amaxinismo. Ten como tema principal a natureza, que aparece personificada e animada mediante constantes personificacións. Principal iniciador: Luis Amado Carballo, con Proel e O gato.
O poeta máis importante das vangardas: Manuel Antonio
Manuel Antonio naceu en Rianxo (1900-1930). A súa obra inclúese fundamentalmente dentro da estética do Creacionismo, con pegadas futuristas e cubistas, caracterizadas pola ruptura coa tradición literaria galega, que era considerada excesivamente continuadora das obras do Rexurdimento, e pola aposta pola renovación temática e formal.
En 1928 publica De catro a catro, unhas follas sen data dun diario de bordo, único libro editado en vida, formado por 19 poemas. Estrutúrase en 3 etapas: partida, aventura, regreso.
O manifesto "Máis ala", de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, expresa a necesidade de que a literatura galega rompa coa tradición e busque novos camiños, inspirándose nos movementos das vangardas, aínda que sen adscribirse rixidamente a ningún.
Variedades situacionais ou diafásicas
Factores dos que depende a elección dunha variedade lingüística determinada:
- A intención
- O destinatario
- A canle
- O tema
- A situación comunicativa
Rexistro formal
- Corrección lingüística.
- Pronunciación coidada.
- Riqueza léxica.
Rexistro informal
- Sinxeleza e simplicidade.
- Frases breves e sinxelas, moitas veces inacabadas.
- Uso frecuente de frases feitas ou retrincos.
- Léxico restrinxido.
- Expresividade moi marcada.
Definición de variedade estándar
É o modelo de lingua común, modelo ideal para todos os falantes na comunicación escrita e tamén na comunicación oral: radio, TV, cine.
A elaboración do estándar dunha lingua recibe o nome de normativa.