Lírica Trovadoresca Medieval: Características, Cantigas de Amor, Amigo e Contexto Histórico
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,18 KB
As Cantigas de Amor
Temas
- O eloxio da dama: beleza física e perfección moral.
- O amor do poeta.
- A reserva da dama.
- A coita de amor e as súas consecuencias: a perda de sono e do apetito.
Normalmente o trobador diríxese á amada, pero tamén pode facelo a Deus ou ao amor personificado.
Tipos
- Catro estrofas (as de refrán): Composición próxima á cantiga de amigo. Teñen refrán, paralelismo e rima asonante e feminina.
- Sete estrofas (as de mestría): Próximas ao modelo provenzal, xa que non teñen refrán; son as máis perfectas.
Recursos Formais
- Dobres: Repítense palabras en lugares simétricos da estrofa.
- Mordobre: Repetición nunha estrofa dun lexema con sufixos ou morfemas derivativos diferentes.
- Finda: Estrofa breve ao final da cantiga.
- Atá-finda: Concatención de estrofas.
As Cantigas de Amigo
Definición
Breves composicións postas en boca dunha moza solteira e namorada que expresa os seus sentimentos amorosos.
Temas
- Lamento pola ausencia do amigo.
- A alegría polo reconto.
- O enfado da namorada.
- A paixón do amado.
Variables Temáticas
- Mariñas ou barcarolas.
- Cantigas de romaría.
- Bailadas.
- Albas ou albaradas.
Recursos Formais
- Paralelismo.
- Leixapren.
- Refrán.
A Literatura Medieval e a Sociedade
Roles Sociais
- Trobadores: Poetas ou compositores das cantigas.
- Xograr: Intérprete das cantigas dos trobadores.
- Segrel: Intérprete das súas propias cantigas.
- Menestreis: Músicos que acompañaban a interpretación das cantigas.
- Soldadeiras: Mulleres que acompañaban con danzas a actuación dos xograres.
Lingua e Sociedade na Idade Media
Grafías
Grafías que desempeñan características propias, como caraconi, jograr, alhas, senhor. Vacilación gráfica no escrito como ll, eh, li, ly.
Fonética
Abundancia de vogais nasais, perda de -n final, e fonemas consonánticos hoxe desaparecidos (como a -s sonora).
Morfosintaxe
Substantivos rematados en -or.
Léxico
Palabras hoxe desaparecidas, como por onte ou por mañá.
O Galego na Idade Media: Outras Formas e Xéneros
Clasificación Temática
Política, social, costumes, literaria e sexual.
Outros Xéneros
- Pranto: Poema adicado a un personaxe morto de gran importancia.
- Tenzón: Composición dialogada na que dous trobadores discuten sobre diversos temas.
- Pastorela: Composición que relata o encontro dun cabaleiro cunha pastora nun lugar idílico. É de orixe provenzal e está presente en moitas literaturas da época.