As Vangardas Literarias e a Xeración do 25 en Galicia

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,78 KB

As Vangardas

No século XX xorden en Europa diversos movementos artísticos: as vangardas, que teñen en común unha ruptura coa tradición literaria e a procura de novos camiños expresivos. Características:

  • Actitude rompedora e antisentimental.
  • Defensa total da liberdade creativa e reivindicación da súa independencia e orixinalidade.
  • Defensa da arte pola arte: renuncia a calquera finalidade exterior ao propio discurso artístico.
  • Renovación da linguaxe literaria e eliminación dos signos de puntuación.

Correntes que destacan: futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, etc.

Xeración do 25

Xorde en Galicia un grupo de escritores que leva a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das novidades das vangardas literarias europeas.

Mantíñense estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e da Xeración Nós. Participaron na creación do Seminario de Estudos Galegos e na formación do Partido Galeguista. Conflúen deste xeito as novidades vangardistas coa conciencia nacionalista.

A Poesía de Vangarda en Galicia

Centráronse fundamentalmente na poesía, desenvolvendo diversas correntes poéticas en dúas grandes liñas:

  • A: Sen romper coa tradición, renova a poesía galega mediante a asunción de certos presupostos vangardistas. É dicir, correntes que funden a tradición coa vangarda: o neotrobadorismo e o hilozoísmo.
  • B: Rompe totalmente coa tradición literaria galega. Esta liña de vangarda plena corresponde en principal medida ao creacionismo.

Hilozoísmo

O animismo ou inimaxinismo ten como principal tema do poema a natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións. Combina a tradición paisaxística procedente do século XIX coa riqueza das imaxes e metáforas características da poesía de vangarda.

A poesía inimaxinista amosa gran sensualidade; a súa meta é a creación de imaxes que reúnen elementos visuais e auditivos.

Autor principal: Luís Amado Carballo (con obras como Proel, O galo e Os pobres de Deus).

Tivo gran influencia na literatura posterior; moitos autores seguiron os presupostos estéticos desta corrente.

Neotrobadorismo

Nace tras o descubrimento e difusión da poesía medieval galego-portuguesa grazas á edición dos cancioneiros realizada por José Joaquim Nunes.

Os poetas novos introducen numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval: o tema amoroso e a ambientación espacial combínanse cos temas e técnicas dos cancioneiros medievais a través duns atrevidos elementos vangardistas.

Este interese responde tamén á recuperación da tradición literaria galega medieval.

Principais representantes:

  • Fermín Bouza-Brey
  • Álvaro Cunqueiro
  • Álvaro das Casas / Velázquez

Creacionismo

Principal poeta: Manuel Antonio, o poeta máis innovador e orixinal, prototipo de escritor vangardista do seu tempo.

A súa obra está incluída dentro do creacionismo con pegadas futuristas e cubistas. Supón unha ruptura coa tradición literaria galega, considerada excesivamente continuadora da obra dos poetas do Rexurdimento, e aposta pola renovación temática e formal.

  • De catro a catro
  • Follas sen datas dun diario de abordo
  • O manifesto Máis alá!

Manuel Antonio e Cabreiro expresan a necesidade de que a literatura rompa coas tradicións e busque novos camiños, inspirándose nos movementos renovadores de vangarda. O ideal fundamental que defenden é a absoluta liberdade creativa.

Amosan, asemade, o seu compromiso coa lingua galega.