A Poesía Galega da Posguerra (1936-1975): Xeracións e Tendencias
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,67 KB
A Poesía Galega entre 1936 e 1975
A poesía sufriu unha paralización despois da Guerra Civil.
O Inicio da Posguerra (1936-1947)
En Galicia, desde 1936 ata 1947, non se publica un libro de poemas. O fito histórico que marca o inicio literario da posguerra é Cómaros verdes (1947), de Aquilino Iglesia Alvariño. Esta obra recolle e afianza as constantes temáticas de obras anteriores, servindo como resumo do seu quefacer poético, e acentúa a presenza do versilibrismo. A partir da publicación de Cómaros verdes comeza unha lenta pero ininterrompida recuperación da poesía e da literatura en galego.
No 1949, sae en Pontevedra a Colección Benito Soto, dirixida por Celso Emilio Ferreiro.
As Tres Xeracións Poéticas
Podemos falar de tres xeracións poéticas diferentes que publican ao mesmo tempo:
Xeración do 36
Poetas nados entre 1910 e 1920; a guerra cólleos na súa xuventude. Son poetas de culturas e estilos moi diferentes: Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, etc.
Promoción de Enlace
Nados entre 1920 e 1930. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e illados da cultura europea: Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás, etc.
Xeración das Festas Minervais
Nados entre 1930 e 1940, non coñecen a Guerra Civil: Manuel María, Uxío Novoneyra, Xoana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, etc. Neles xa existe unha conciencia de grupo; participan nas Festas Minervais universitarias ou na creación do grupo Brais Pinto.
Tendencias Poéticas e Estilos
Estes autores seguen tendencias anteriores (hilozoísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista), pero tamén irán aparecendo formas novas como o intimismo ou o clasicismo.
- A Escola da Tebra: poesía intimista e pesimista da vida.
- O Realismo Coloquial (finais dos 50): foxe da linguaxe poética tradicional e explora as posibilidades da linguaxe da rúa, abrindo o camiño á poesía socialrealista.
Celso Emilio Ferreiro
A súa obra divídese en varias liñas temáticas:
- Liña Intimista: Influenciada polo existencialismo. Presenta un pesimismo cheo de soidade e desacougo, e nostalxia da infancia perdida en Celanova. Obra destacada: Onde o mundo se chama Celanova (1975). Tamén escribiu poemas amorosos para Moraima.
- Liña Satírica: Corrosiva e crítica, lembra as cantigas de escarnio medievais ou o Quevedo máis mordaz.
- Liña Socialrealista: Linguaxe coloquial e directa. Temas: a Guerra Civil, a explotación dos traballadores, o imperialismo, a ameaza nuclear ou o racismo. A súa obra Longa noite de pedra (1962) é unha das máis reeditadas da literatura galega, e o seu título converteuse nunha metáfora da ditadura franquista.
Outras obras coñecidas son Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir.
Uxío Novoneyra
A súa poesía é paisaxística e moi persoal, contemplada desde unha perspectiva mística de fusión coa natureza. Describe a natureza espida do Courel, onde o ser humano é un elemento mínimo dentro da inmensidade cósmica. Tamén mostra preocupación social e política.
Obras principais: Os eidos, Elexías do Courel e Do Courel a Compostela.
Xosé Luís Méndez Ferrín
A súa obra Con pólvora e magnolias (1976) marcou un camiño novo na literatura galega, achegando novos temas e unha nova linguaxe poética. Combina a poesía revolucionaria co lirismo intimista e o luxo estético. Usa o versolibrismo e multitude de referencias culturais: o celtismo, a poesía medieval, o movemento beat, etc.
Manuel María
Autor de moitas obras e poemas musicados na segunda metade do século XX. A súa temática é amplísima:
- O amor, a arte, o compromiso político, a denuncia de eivas, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, os traballos agrarios, o urbanismo, etc.
Exemplos de liñas temáticas:
- Muiñeiro de brétemas sitúase na liña existencialista.
- Documentos persoais na liña de poesía social.
- Versos do lume e o vagalume mostra que é poeta de verdades expresivas.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.