Os biosbardos eduardo blanco amor resumen

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,38 KB

Autores do Exilio

Luís Seoane: Naceu en Bos aires en 1910, fillo de emigrantes. Os seus estudos de Dereito comezaron en Compostela, pero daquela xa  sentía curiosidade pola arte. Pola culpa da Guerra Civil foi exiliado en Bos Aires, onde comezou unha labor de axitación política e cultural. Escribiu dúas obras de teatro (A soldadeira/ O Irlandés astrólogo). En 1963 volveu a Galicia onde continúa como animador cultural.Finou na Coruña en 1979. Na poesía de Seoane os temas fundamentais eran a emigración e o exilio, ademais de ser un tipo de poesía de denuncia social.

Eduardo Blanco Amor: Naceu en Ourense en 1897. Para fuxir do servizo militar en 1919 emigrou a Bos Aires, onde comezou a ser xornalista. En Galicia e en Madrid vive os anos de plenitude do galeguismo e da República, ademáis nesta época coñece a García Lorca ao qu elle prologaría os Seis poemas galegos.  A Guerra Civil cólleo en Bos Aires. Salienta a creación do Teatro Popular Galego(1957).Finou en Vigo en decembro de 1979.

A obra narrativa de Blanco Amor: Esta obra narrativa é de enorme importancia xa que trouxo á literatura galega novos temas e formas de narrar. Ademais de dúas novelas en castelán, en galego escribiu as novelas A esmorga (1959) e Xente ao lonxe (1972),e tamén o libro de relatos Os biosbardos (1962).

A esmorga: está ambientada nos arrabaldes de Ourense, constrúese como a declaración ante un xuíz dun dos personaxes. É narrada cunha linguaxe dura e realista ademais de conseguir crear una atmosfera tráxica e opresiva.

A Xente ao lonxe: é contada a través dos ollos dun neno, na que conta a historia dunha familia obreira e de esquerdas. Narrada de xeito fragmentario e con técnicas experimentais ademais de ser unha novela emotiva e chea de forza.

Os bibardos: recolle sete contos onde Blanco Amor explora diversas facetas da infancia e da adolescencia.


Situación sociolingüistica en Galicia

O conxunto da poboación demostra posuír un bo dominio do galago. O 96% afirma entendelo moito ou bastante .No que se refire a capacidade oral activa, o 87% afirma saber falar galego moito ou bastante pero a porcentaxe descende ao 77% nos menores de 15 anos .Ademáis o galego siguese aprendendo sobre todo no ámbito social.O 86% dos menores de 30 anos aprendeu o galego na escola mentres 67% o aprendeu na familia .

Con respecto ás destrezas escritas , a tendencia xeral indica unha clara mellora neste período de dez anos, aínda que con algúns matices tamén nos máis novos


Uso de galego

En 2013 o galego continúa como lingua maioritaria de Galicia

Entre 2003 e 2008 prodúcese un cambio nestes 5 anos o monolingüistico en galego descende 13 puntos porcentuais . Isto pon de relevo unha tendencia a incorporar o castelán aos usos lingüisticos en maior ou menor medida .Non obstante , o principal problema reside no aumento do monolingüismo en castelán en detrimento das opcións bilingües nos seguintes cinco anos : entre 2008 e 2013 o uso exclusivo do castelán subiu do 20 ao 26%