Historia Social da Lingua Galega: de 1916 a 1978
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,36 KB
A obra:
Otero é o autor que conta cunha obra mais ampla, narrativa e ensaística.
Estilo:
Gusto polas descricións detalladas e moi adornadas, semellantes á arte barroca.
Abundancia de digresións que se desvían da historia principal.
Oracións longas.
Presenza habitual da erudición do autor.
Principais obras de Ramón Otero Pedrayo:
Poesía: -Bocarribeira (1958).
Narrativa: -Os camiños da vida (1928).
-Arredor de si (1930).
Teatro: -A lagarada (1928).
Ensaio: -Síntese xeográfica de Galicia (1927).
Historial social da lingua: de 1936 a 1978
O proceso de substitución lingüística do galego polo castelán acentuase profundamente e acada niveis preocupantes non só dende un punto de vista cualitativo.
Os motivos do aumento no processo castelanizador son diversos:
- Represión do franquismo contra todas as linguas distintas do castelán.
- Xeneralización da educación obrigatoria, exclusivamente en castelán.
- Cambio de estrutura socioeconómica tradicional: a industrialización chega a Galicia, coa creación dos polos industriais de Vigo, A Coruña e Ferrol, isto provoca a súa vez a urbanización, e dicir, o éxodo do campo á cidade. Ambos procesos acompañados dun cambio de lingua cara ao castelán.
- Chegada dos novos medios de comunicação, exclusivamente en castelán, que permiten que esta lingua se introduza en todos os fogares.
Producción en lingua galega:
Os anos que durou a Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura estiveron estéreis para a produción cultural na lingua propia. Todas as iniciativas que comezaron na etapa anterior rematan o mesmo ano en que comeza a guerra. A ración literaria teve que continuar no exilio, destacadas como Os vellos non deben de namorarse, ou A Esmorga. Compre esperar a 1950 para que o cultivo do galego comece a recuperarse, sobre todo grazas á fundación da editorial Galaxia, que recuperou os autores exiliados ou silenciados a partir de 1936. A pesar desta tímida recuperación cultural, estaba prohibido publicar en galego calquera texto informativo nos xornais, así como empregalo en actos públicos, mesmo da Real Academia Galega.
O galego nos movementos políticos e asociativos:
A partir dos anos 60 comezan a xurdir agrupacións que reivindican o uso do galego. A nivel político fundase o Partido Socialista Galego e a Unión do Povo Galego. Recuperan de novo o idioma para os usos públicos orais e o seu emprego acaba estendéndose a todos os partidos contrarios á ditadura.
Historia social da lingua: de 1916 a 1936
No período que abrange de 1916 a 1936, a lingua galega ve continuar paseniñamente o seu processo de substitución lingüística polo castelán. O mantemento da sociedade tradicional leva consigo tamén a continuidade na repartición das linguas. Tanto as clases sociais que falaban castelán nos séculos anteriores, como as que falaban galego, seguen a falar agora, nas primeiras décadas do século XX, a mesma lingua.
A maioría da poboación, principalmente rural, os rapaces e rapazas asistían durante moi pouco tempo á escola ou nin sequera eran escolarizados.
Os prexuizos lingüísticos cara á lingua galega. No interior das clases letradas xorden grupos que reivindican o valor do galego e utilizándoo eles mesmos en calquera tipo de ámbito. Son os membros das Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.
No período anterior, o denominado Rexurdimento, o galego comezara a empregarse na escrita, sobre todo en textos poéticos. No primeiro terzo do século XX, os autores do Grupo Nós, textos non literarios entre as publicacións do Seminario de Estudos Galegos podemos atopar ensaios en lingua galega sobre temáticas moi diversas. Todos estes personaxes, ademais, escollián o galego para os seus discursos públicos.
Estes avances na extensión de función para o galego, o galego seguía totalmente separado de ámbitos como o ensino, a administración, a igrexa ou o comercio. Período no que o galego é a lingua claramente maioritaria da poboación, dende o punto de vista do prestixio inferior ao castelán. A aprobação do Estatuto de Autonomía, en 1936, supón un grande avance para o galego a nivel legal e político. Melloras vense truncadas co inicio da Guerra Civil.