As Vangardas Literarias en Galicia: Movementos e Autores
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,61 KB
Movementos das vangardas
- Futurismo: defende que a arte debe reflectir o mundo moderno, por iso exalta a velocidade.
- Cubismo: formas xeométricas para a representación dos obxectos.
- Dadaísmo: pretende plasmar o caos e reflectir o absurdo que sente o artista perante a crise social xerada pola 1ª Guerra Mundial.
- Surrealismo: movemento liderado polo francés André Breton, que leva a valorar os soños e incorporar as ideas da psicanálise de Freud.
As vangardas en Galicia
Nos anos vinte e trinta prodúcese en Galicia unha fonda renovación literaria. As limitacións sociais en que se desenvolvía a cultura galega impediron o desenvolvemento pleno de movementos vangardistas. O manifesto poético Máis Alá (1922) e as revistas literarias son as mostras máis significativas do papel das vangardas en Galicia:
- Alfar, na Coruña.
- Papel de Color, dirixida por Álvaro Cunqueiro.
- Resol, creada por Seoane.
- Yunque, en Lugo.
Manuel Antonio
- De catro a catro
- Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e máis despois, Viladomar.
Máis Alá
Principal texto teórico que deu a vangarda en Galicia, de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. Atopamos unha paixón revolucionaria, loanza polo individualismo e unha crítica do ruralismo e de conceptos estéticos que se consideraban caducos; fai unha forte defensa da lingua e do ideario nacionalista.
De catro a catro, de Manuel Antonio
Subtítulo: Follas sen data dun diario de abordo. Compúxoo durante unha das súas navegacións. Contén 19 poemas. É o diario dunha viaxe física polo mar e, ao tempo, dunha viaxe interior marcada pola soidade e a ausencia.
Álvaro Cunqueiro
Libros de poesía: Mar ao norde, Poemas do si e non, Cantiga nova que se chama riveira.
Textos narrativos: Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Se o vello Sinbad volvese ás illas, Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá, Os outros feirantes.
Os mundos narrativos de Cunqueiro
- Mestura de realidade e fantasía.
- Utiliza técnicas propias da narración realista.
- Os personaxes das súas obras proceden de vellos mitos doutras culturas.
- O humor, outra das características esenciais de Cunqueiro.