As Vangardas Literarias Galegas: Xeración de 1922 e Manuel Antonio

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,86 KB

A Renovación Literaria dos Anos 20 e 30

A renovación literaria dos anos 20 e 30 prodúcese grazas a un grupo de escritores nados arredor de 1900. Son a Xeración das Vangardas ou a Xeración de 1922. Pretendían unha literatura nova, en liña co que se producía en Europa.

O Manifesto ¡Mais Alá! e a Ruptura

Coa publicación do manifesto ¡Mais Alá! en 1922, por Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro, e seguindo a liña doutros manifestos espallados por Europa durante as primeiras décadas do século XX, proclaman unha ruptura total coa literatura galega que se fixera ata o momento, e prescriben unha literatura nova seguindo a liña dos diferentes ismos que sucedían en Europa.

Dialéctica entre Nacionalismo e Vangarda

Porén, a situación sociocultural de Galicia non se asemellaba ao resto das culturas europeas, polo que se produce unha dialéctica entre o nacionalismo galego e a vangarda. O nacionalismo defende que non se pode renegar da tradición. Con todo, os ideólogos das Irmandades sabían que era necesario incorporar as novas tendencias. Por outra banda, Manuel Antonio (MA) pretendía romper con todo o anterior.

A Vangarda Pactada ou Enxebre

A liña que se impoñerá maioritariamente como "estética nacional para os novos" non será a defendida por MA, senón esa outra "vangarda pactada ou enxebre". Esta vangarda componse de dúas tendencias literarias:

O Neotrobadorismo
  • O descubrimento do pasado literario medieval fixo que na década dos 30 Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro escribisen inspirados nestas cantigas medievais.
  • Só se considera vangardista a obra de Cunqueiro: Cantiga nova que se chama Riveira (33), e non a de Bouza Brey: Nao senlleira (33). Por isto, non se considera vangarda o neo.
O Hilozoísmo
  • O seu representante máis importante é Luis Amado Carballo. Publica Proel (27) e postumamente aparece O galo (28).
  • Características: os poemas semellan unha sucesión de imaxes xustapostas dunha natureza personificada, combinando elementos visuais e auditivos. Métrica sinxela.
  • Outros representantes: Euxenio Montes, Xulio Sigüenza, Manuel Luis Acuña...

A Vangarda Plena de Manuel Antonio

A vangarda defendida por MA chámase Vangarda Plena. MA nace en Rianxo. En 1922 asina o manifesto Mais Alá, onde atopamos:

  • Paixón revolucionaria.
  • Loanza do individualismo.
  • Crítica ao ruralismo e a conceptos estéticos considerados caducos.
  • Forte defensa da lingua e o ideario nacionalista.

No 28 publica De catro a catro, formado por 19 poemas dispostos en caderno de bitácora. Nel, o poeta deixa constancia da súa visión do mar, suprimindo a secuencia espazo-temporal, e a procura da intelixencia/sentimento máis alá da deformación que provocan os sentidos. Este libro está influenciado polo creacionismo. Utilízase a xustaposición de imaxes, a ruptura da sintaxe formal, a disposición tipográfica...

A orixinalidade de MA débese tanto ao aspecto temático como á proposta lingüística.

Ecos da Vangarda en Álvaro Cunqueiro

A figura máis destacada nos ecos da vangarda é Álvaro Cunqueiro. En Cantiga nova que se chama Riveira (33) redefine elementos da cantiga de amigo, á cal engade o arsenal de imaxes que proceden da vangarda. En Mar ao norde (32) e Poemas do si e non (33) atopamos presenzas surrealistas.

A Prensa Literaria

A prensa literaria de época axuda a espallar as vangardas, e aparecen publicacións polos máis "novos": Ronsel, Cristal, Papel de Color, Alfar...