As sete mortes: Misterio e inmortalidade en Galicia

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,54 KB

As sete mortes: Unha trama de crime e misterio

As sete mortes é unha novela cunha combinación de crime e misterio onde o protagonista ten que decidir o destino sobre a súa vida. Miguel Márquez, director do Parador Nacional de Tui, atópase morto na súa oficina. Ninguén sabe con certeza como se produciu o asasinato: a porta estaba pechada e a habitación non ten fiestras. Os restos de sangue, en vez do vermello habitual, son grises escuros metálicos. O único rastro que deixou o asasino é un puñado de vidro roto.

O encontro con Jacobo e o segredo da inmortalidade

De alí imos coñecer a Jacobo, un home que posúe o poder da inmortalidade. Ten 122 anos, pero fisicamente aparenta 33. Adicto ás pastillas, realiza traballos sucios para Frédéric Bernier, un traficante de drogas ao que todo o mundo alcumaba Crow. Despois dunha ocupada noite no traballo, Jacobo volve á casa. De súpeto, chamaron á porta e, ao abrirse, cae diante del Matthew, un ancián de arredor de 70 anos. Jacobo sospeita que, coma el, é inmortal. O vello ten unha ferida da que emana sangue gris escura e unha tatuaxe de triskel.

A fuxida e a busca da lenda de Breogán

Mateo dálle a Jacobo un roteiro e pídelle que rompa todos os espellos que ten na casa. Mentres Jacobo se prepara para chamar a emerxencias, no espello que está xusto detrás comeza a materializarse unha forma da que xorde unha man: o Cazador. O home consegue esquivar á criatura e, seguindo os consellos de Matthew, rompe os dous únicos espellos da casa. Tras a morte de Mateo e ao escoitar as sirenas policiais, Jacobo toma o pergamiño e foxe ao baleiro ao verse como o único sospeitoso.

A alianza con Natalia Navas e o libro perdido

Jacobo refúxiase na casa de Alex, quen o pon en contacto con Natalia Navas, unha restauradora que pode axudalo a descifrar o pergamiño escrito en clave. Natalia explica que o documento contén información sobre a lenda de Breogán. A partir de aquí, ambos inician unha viaxe por distintas zonas de Galicia, resolvendo enigmas e dando esquinazo á policía e ao Cazador.

O caso da inspectora Laura Mejía

A inspectora Laura Mejía é a encargada do caso, sempre que o seu xefe e ex-marido, Tomás Varona, llo permita. Parece que todas as respostas ao que está a suceder están recollidas nun libro perdido hai séculos: As sete mortes.