De catro a catro de Manuel Antonio: resumo e análise da obra vangardista
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,72 KB
Actualizado el
Resumen
O texto analiza De catro a catro (1928), o único libro publicado en vida por Manuel Antonio, escrito durante unha viaxe marítima. Explica a estrutura mítica da travesía, que segue un percorrido de abandono, aventura e regreso, e o significado dos seus símbolos, como o mar, o barco ou o leme. Tamén recolle a súa triple orixinalidade lingüística, temática e formal, así como a influencia do creacionismo.
Puntos clave
- De catro a catro conta con 19 poemas e foi escrito durante a navegación co "Constantino Candeira" (1926-27), aínda que se editou en 1928.
- É o único libro publicado en vida do autor.
- A obra segue unha estrutura mítica de abandono do coñecido, aventura e regreso renovado, semellante á de Ulises.
- O mar simboliza a vida, o barco representa o poeta, a proa o futuro e o ronsel o pasado.
- A obra destaca pola orixinalidade lingüística (cultismos e léxico da navegación), temática (o mar presentado desde o propio mar) e formal.
- A influencia do creacionismo é grande, aínda que o libro se afasta do vangardismo polo carácter unitario do poema.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
De catro a catro: A obra cumio de Manuel Antonio
De catro a catro, 19 poemas, aínda que editado en 1928, foi escrito durante a súa navegación co "Constantino Candeira", como o manifesta o autor no manuscrito (1926-27). Foi o único libro publicado en vida do autor. A obra reflicte o proceso da viaxe marítima, seguindo unha liña temporal. Comeza con "Intencións", onde o poeta anuncia que vai comezar a singradura, e amósase ilusionado ante unha nova experiencia. Continúan 17 poemas nos que se manifesta unha vivencia interna do mar e unha experiencia íntima en contacto co cosmos que o rodea. No medio da navegación hai unha escala en terra, os poemas 8 e 9, "Recalada" e "Navy bar". Remata a viaxe cunha volta á terra; o poema "Adeus" é a súa despedida saudosa que significa o regreso á vila natal, que será o seguinte poemario: Viladomar.
Estrutura mítica e simboloxía da travesía
Este proceso axústase a unha estrutura mítica: o suxeito abandona o mundo coñecido e protector da beiramar —ao que volve rematada a navegación— pero a travesía ofrécelle un conxunto de vivencias que debe descifrar. O poeta, como Ulises, realiza unha navegación iniciática, percorrendo o mesmo itinerario:
- Abandono do coñecido.
- Aventura, abrirse ao novo.
- Regreso renovado pola experiencia.
O universo simbólico da aventura interior do suxeito vén manifestado por varios símbolos:
- O mar: simboliza a vida.
- O barco: representa o poeta, o eu lírico que comeza a viaxe.
- A proa: significa o futuro.
- O ronsel: simboliza o pasado.
- O mastro: dálle ánimos para continuar a travesía.
- O leme: representa o rumbo definido.
- O vento: simboliza o dinamismo.
A tripla orixinalidade do poemario
Este libro presenta unha tripla orixinalidade:
- Lingüística: ao introducir cultismos inéditos na nosa literatura e introducir o léxico da navegación.
- Temática: en canto que presenta o mar desde o propio mar, conformando unha paisaxe ata daquela descoñecida.
- Formal: no tratamento rupturista e nas imaxes vangardistas.
A pegada do creacionismo
A pegada creacionista neste libro é grande, pero existen algunhas características que afastan o libro do vangardismo, como o carácter unitario do poema e a anulación da distancia entre o obxecto poético e o suxeito lírico.
Preguntas frecuentes
Cal é o símbolo do barco en De catro a catro?
O barco representa o poeta, o eu lírico que comeza a viaxe. Os outros símbolos da obra son o mar (a vida), a proa (o futuro), o ronsel (o pasado), o mastro, o leme (o rumbo definido) e o vento (o dinamismo).
Cal foi o único libro publicado en vida de Manuel Antonio?
O único libro publicado en vida do autor foi De catro a catro, editado en 1928.
Que relación ten De catro a catro con Viladomar?
O poema "Adeus" despide a viaxe co regreso á vila natal, e o seguinte poemario do autor será Viladomar.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.