Tema 10 poesia de finais do seculo XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e 90. Poetas e tendencias mais relevantes

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 12,04 KB

A poesía de fins do século XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes
Coa morte de Franco déronse unha serie de cambios políticos coñecidos co nome de Transición. Un dos resultados deste proceso foi a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, ano no que se constituíu a Xunta de Galicia. Dous anos despois aprobouse a Lei de Normalización Lingüística, que permitiu que a nosa lingua puidese acceder a novos ámbitos, coma a Administración, os medios de comunicación e o ensino. Todas estas medidas víronse apoiadas pola creación de novas editoriais, coma Edicións Xerais; a creación da AELG e a aparición de numerosos premios. No tocante á poesía, ao comezo desta etapa imperaba a liña socialrealista inicia por Celso Emilio Ferreiro, mais foi este mesmo autor quen deu o paso a outra temática, a intimista, coa súa obra
Onde o mundo se chama Celanova. Do mesmo xeito, Méndez Ferrín tomou unha liña política e culturalista con Con pólvora e magnolias. Ademais, recuperouse a obra vangardista de Manuel Antonio e Cunqueiro publicou Herbas de aquí e de acolá. Cara a metade dos 70 xurdiron os grupos poéticos, grupos de autores que se unían por ter características comúns. Entre eles destacaron Rompente, Cravo Fondo e De amor e desamor, este último de carácter menos unitario ca os anteriores. Dende a década dos 80, podemos distinguir tres xeracións de autores: a Promoción dos 80, a Promoción dos 90 e as últimas tendencias. A poesía Promoción dos 80 estivo marcada polo culturalismo, polo cosmopolitismo e polo esteticismo; ademais de que se produciu unha importante apertura temática grazas á desaparición da censura. Destacan desta época autores coma Pilar Pallarés, con obras feministas e culturalistas; Lois


Lois Pereiro, Antón Reixa, Ana Romaní e Luísa Villalta. Da poesía da Promoción dos 90 cabe destacar a súa coidada utilización da linguaxe, así como o uso do verso libre, a presenza do hermetismo e do simbolismo e a aparición de temas tabú. Neste grupoaparacen autores de diferentes idades, coma a xove Yolanda Castaño, cuxa obra trata os temas feminista e culturalista en poemarios coma Elevar as pálpebras e máis recentemente Diario da egoísta; Chus Pato, tamén cunha liña feminista; e Fran Alonso, cuxa obra versa sobre a experiencia e o cotián. Cabe destacar o feito de que nesta época os poetas comezaron a independizarse das editoriais grazas ás novas tecnoloxías. Finalmente, nas últimas tenencias dase unha gran importancia da escrita feminista, secundada pola ecoloxía e a crítica ao consumismo. Así mesmo, algúns poetas comezan a difundir a súa obra a través de videopoemas. Destacan deste século nomes coma Carlos Negro e Antía Otero. En resumo, nesta última etapa da nosa historia apareceu unha gran obra poética na nosa lingua de mans de numerosos autores que trataron as máis diversas temáticas.

A prosa de fins do século XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes

Coa morte de Franco déronse unha serie de cambios políticos coñecidos co nome de Transición. Un dos resultados deste proceso foi a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, ano no que se constituíu a Xunta de Galicia. Dous anos despois aprobouse a Lei de Normalización Lingüística, que permitiu que a nosa lingua puidese acceder a novos ámbitos, coma a Administración, os medios de comunicación e o ensino. Todas estas medidas víronse apoiadas pola creación de novas


editoriais, coma Edicións Xerais; a creación da AELG e a aparición de numerosos premios. No tocante á poesía, ao comezo desta etapa imperaba a liña socialrealista inicia por Celso Emilio Ferreiro, mais foi este mesmo autor quen deu o paso a outra temática, a intimista, coa súa obra Onde o mundo se chama Celanova. Do mesmo xeito, Méndez Ferrín tomou unha liña política e culturalista con Con pólvora e magnolias. Ademais, recuperouse a obra vangardista de Manuel Antonio e Cunqueiro publicou Herbas de aquí e de acolá. Cara a metade dos 70 xurdiron os grupos poéticos, grupos de autores que se unían por ter características comúns. Entre eles destacaron Rompente, Cravo Fondo e De amor e desamor, este último de carácter menos unitario ca os anteriores. Dende a década dos 80, podemos distinguir tres xeracións de autores: a Promoción dos 80, a Promoción dos 90 e as últimas tendencias. A poesía Promoción dos 80 estivo marcada polo culturalismo, polo cosmopolitismo e polo esteticismo; ademais de que se produciu unha importante apertura temática grazas á desaparición da censura. Destacan desta época autores coma Pilar Pallarés, con obras feministas e culturalistas; Lois Pereiro, Antón Reixa, Ana Romaní e Luísa Villalta. Da poesía da Promoción dos 90 cabe destacar a súa coidada utilización da linguaxe, así como o uso do verso libre, a presenza do hermetismo e do simbolismo e a aparición de temas tabú. Neste grupo aparacen autores de diferentes idades, coma a xove Yolanda Castaño, cuxa obra trata os temas feminista e culturalista en poemarios coma Elevar as pálpebras e máis recentemente Diario da egoísta; Chus Pato, tamén cunha liña feminista; e Fran Alonso, cuxa obra versa sobre a experiencia e o cotián. Cabe destacar o feito de que nesta época os poetas comezaron a independizarse das editoriais grazas ás novas tecnoloxías. Finalmente, nas últimas tenencias dase unha gran importancia da escrita


feminista, secundada pola ecoloxía e a crítica ao consumismo. Así mesmo, algúns poetas comezan a difundir a súa obra a través de videopoemas. Destacan deste século nomes coma Carlos Negro e Antía Otero. En resumo, nesta última etapa da nosa historia apareceu unha gran obra poética na nosa lingua de mans de numerosos autores que trataron as máis diversas temáticas. 

A prosa de fins do século XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes

Coa morte de Franco déronse unha serie de cambios políticos coñecidos co nome de Transición. Un dos resultados deste proceso foi a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, ano no que se constituíu a Xunta de Galicia. Dous anos despois aprobouse a Lei de Normalización Lingüística, que permitiu que a nosa lingua puidese acceder a novos ámbitos, coma a Administración, os medios de comunicación e o ensino. Todas estas medidas víronse apoiadas pola creación de novas editoriais, coma Edicións Xerais; a creación da AELG e a aparición de numerosos premios. No tocante á narrativa, a principios dos 80 distinguíanse dúas ramas fundamentais: unha narrativa de quiosco, na que se exploraban a novela policial (iniciada pola obra Crime en Compostela de Carlos Reigosa), a novela negra, a novela de ficción científica e inclusa a novela erótica; e a novela máis tradicional e autóctona, que seguiu diversos camiños coma o Realismo sociolóxico, a novela artúrica, a novela histórica, a narrativa urbana e experimental, a narrativa bravú e a narrativa feminista. No referente aos autores, podémolos clasificalos nos seguintes grupos: mestres, promoción dos 80, promoción dos 90, século XXI e narrativa infantil e xuvenil. Nos mestres atopamos a autores coma Méndez Ferrín, quen deu gran importancia ao tema artúrico



; Carlos Casares e Álvaro Cunqueiro, quen publica nesta época os seus retratos en obras coma Xente de aquí e de acolá. Na promoción dos 80 salientan nomes coma Xavier Alcalá e Víctor Freixanes, autor de O triángulo escrito na circunferencia. Na promoción dos 90 destacan nomes coma Manuel Rivas, escritor de libros de relatos coma ¿Que me queres, amor? (no que se atopa o relato A lingua das bolboretas) e de novelas coma O lapis do carpinteiro; Suso de Toro, autor de obras de diversos xéneros e estilos, coma Tic-Tac; Darío Xohán Cabana, quen escribiu novela histórica e artúrica, e traduciu obras do italiano; e Mª Xosé Queizán, máxima expositora do feminismo. Xa no século actual atopamos multitude de xéneros, entre os que destacan a novela policial, con autores coma Domingo Villar; e a novela feminista, onde se busca a reivindicación das mulleres silenciadas ao longo da historia e salientan nomes coma Teresa Moure ou María Reimóndez. No tocante á literatura infantil e xuvenil, que xurdiu para suplir a necesidade da mesma no ensino, destacan nomes coma Agustín Fernández Paz, autor de Cartas de inverno; Marilar Alexandre, autora de A cabeza de Medusa; e Fina Casalderrey, autora de O misterio dos fillos da Lúa. En resumo, nestes últimos anos apareceron moitos autores de narrativa na nosa lingua, producindo unha obra de cantidade e calidade. 

O teatro de fins do século XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes

Coa morte de Franco déronse unha serie de cambios políticos coñecidos co nome de Transición. Un dos resultados deste proceso foi a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, ano no que se constituíu a Xunta de Galicia. Dous anos despois aprobouse a Lei de Normalización



Lingüística, que permitiu que a nosa lingua puidese acceder a novos ámbitos, coma a Administración, os medios de comunicación e o ensino. Todas estas medidas víronse apoiadas pola creación de novas editoriais, coma Edicións Xerais; a creación da AELG e a aparición de numerosos premios. No tocante ao teatro, cabe destacar a numerosa aparición de coleccións e a proliferación de compañías teatrais, que fomentaron a profesionalización do teatro, coma Ollomoltranvía e Sarabela; e tamén apareceron premios coma o Álvaro Cunqueiro. Ademais, fundouse o Centro Dramático Galego en 1984, a través do cal se difundiu o teatro en galego, tanto o propio coma o traducido. En canto ás temáticas, déronse tres liñas principais: unha de
compromiso social e político, continuadora da temática anterior; unha liña culturalista e unha última neorruralista. Dende estas datas ata a actualidade, pódense distinguir tres grupos: a Promoción dos 80, a Promoción dos 90 e o teatro actual. A Promoción dos 80 supuxo o inicio do abandono da temática de crítica social imperante ata o momento, e centrouse máis no metateatro e no culturalismo, realizando uso do humor ao servizo da ironía ou da parodia. Desta xeración cabe destacar a autores coma Xesús Pisón, continuador da liña esperpéntica; Miguel Anxo Fernán-Vello, autor de A tertulia das máscaras; e Luísa Villalta. A Promoción dos 90 supuxo a continuación e consolidación dos autores da promoción anterior, e se caracterizou por ter un menor simbolismo e culturalismo, así como polo predominio da comedia e da intertextualidade. Pertencen a esta promoción autores como Lino Braxe, autor de A promesa; Cándido Pazó, autor de Nau de amores; e Miguel Anxo Murado. Ademais, cabe así mesmo destacar que nesta década desenvolveuse un teatro destinado ao público infantil e un teatro de títeres. O teatro actual representa unha continuación temática das anteriores


xeracións, así coma a recuperación de obras coma O velorio e a adaptación de obras narrativa á escena, como foi o caso de O lapis do carpinteiro e A esmorga. Entre os seus autores salientas nomes coma Paula Carballeira e Rubén Ruibal. En definitiva, tras a Transición produciuse un importante desenvolvemento do teatro que aínda continúa nos nosos días.