A outra banda do iberr de xohana torres

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,27 KB

- O teatro dos 60 ós 80.


    Os autores dramáticos de posguerra (Cunqueiro, Carballo Calero...) conseguiron alcanzar altísimos niveis de calidade literaria. O seu exemplo serviu de estímulo a un heteroxéneo grupo de autores máis novos que deron a coñecer a súa obra a partir dos 60: Daniel Cortezón, Bernardino
Graña, Manuel María, Xohana Torres...Os trazos fundamentais son os seguintes:

  • Son a primeira xeración posterior á Guerra Civil.

  • Cultivaron outros xéneros literarios.

  • Teñen unha fonda preocupación social.

  • O texto dramático é un instrumento de loita.

  • Temática heteroxénea: dramas históricos, psicolóxicos...

- Daniel Cortezón. Especializado como dramaturgo nos temas históricos cunha trama moi elaborada xunto con outros elementos (ambientación, personaxes...), polo que precisa un gran traballo de investigación e documentación.

  A súa obra é unha revisión histórica desde o nacionalismo comprometido: Prisciliano (1970), Xelmírez (1974), Os Irmandiños (1977), Pedro Madruga (1981).


- Xohana Torres. Novelista e poeta, ten dúas pezas teatrais: A outra banda do Iberr (1965), na que presenta o drama do exilio e Un hotel de primeira sobre o río (1968), no que expropian unhas terras para construír un hotel. As dúas obras presentan protagonistas femininas solidamente caracterizadas.


- Bernardino Graña. Poeta e autor teatral. A súa obra máis coñecida é 20 mil pesos crime (1962), na que presenta un drama rural cheo de tensión e intriga. Sinfarinín contra don Perfeuto (1975) e Os burros que comen ouro (1979) son obras orientadas a un público máis novo.



Entradas relacionadas: