Xeración poética dos 90
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 9,29 KB
A situación creativa que alimentou a xeración anterior comeza a esmorecer a partir de 1987. A irrupción, a comezos dos 90, de novos autores, procede de diferentes territorios literarios ou intectuais.
Os factores que determinan a nova situación son os seguintes: a aparición de novos premios literarios (Espiral Maior, Miguel González Garcés), a creación de coleccións de poesía formadas por libros manexables e baratos, a recuperación de festivais e recitais poéticos, o desenvolvemento dunha destacada creación poética feminina, o nacemento de novas publicacións literarias: Blas Espín,Gume, Clave Orión...
A poesía dos 90 continúa en esencia a ruta creativa comezada para a literatura galega coa xeración anterior. Entre as características compartidas pola poesía das dúas décadas destaca a esixencia de elaboración formal e lingüística. Non obstante, nos 90 a expresión é máis directa, rexeitando o excesivo culturalismo e procurando chegar máis ó lector polo que se recorre a un ton coloquial e a un aproveitamento poético do cotián.
Na década dos 90 o grupo Blas Espín e o Batallón Literario daCosta da Morte responden a unha necesidade común de publicar poemas.
As tendencias máis salientables son:
- Poética feminina-feminista
: revisión de certos aspectos culturais, tales como a relectura de mitos, a deconstrución do tradicional sistema literario masculino-machista, a visión feminina do erotismo e a sexualidade...Dentro desta tendencia cómpre mencionar a Chus Pato (Fascinio, A ponte das poldras), Olga Novo (Nós nus, Magnolia),
- Poética do cotián: caracterizada polo uso da linguaxe directa, pola maior narratividade do discurso, a contención verbal e o ton coloquial. Enmárcanse nesta tendencia: Fran Alonso (Tortillas para os obreiros), Antonio R. López, Enma Couceiro (Humidosas) , Estevo Creus (Poemas da cidade oculta).
- Poética experimental, que podería incluírse na anterior. Caracterízase polo enfrontamento entre o tradicional e o moderno, mestura os niveis lingüísticos coloquial e popular cos orixinados pola cultura de masas. O principal representante é Antón Reixa, xunto con Xavier Santiago e Arturo L. Regueiro.
- Poética do coñecemento, que se singulariza pola elaboración formal e a gravidade dos temas tratados. É a liña que máis se aproxima a poesía da década anterior: culturalismo, formas clásicas, reflexión metaliteraria. Citemos a Arturo Casas, Martín Veiga...