Gramática galega: que relativo e que conxunción, pronomes tónicos e átonos, valores do se e bilingüismo

Lengua y literaturaActualizado el 8,61 KB

Resumen

Este material repasa algunhas cuestións básicas da gramática galega: o uso do relativo "que" e da conxunción "que" (completiva, causal, consecutiva e comparativa), as formas tónicas e átonas dos pronomes, os dativos de solidariedade e os diferentes valores do pronome "se". Ao final, introduce conceptos de sociolingüística como o bilingüismo, a diglosia e o conflito lingüístico.

Puntos clave

  • O relativo "que" non leva marca cando desempeña función de suxeito, CD ou atributo, e precisa preposición para as demais funcións.
  • A conxunción completiva "que" non ten antecedente e introduce oracións con funcións propias da frase nominal.
  • As formas átonas de 3ª persoa de acusativo varían segundo a terminación do verbo: -lo/-la/-los/-las, -no/-na/-nos/-nas ou o/a/os/as.
  • Na segunda persoa, te é a forma de CD e che a de CI; o cheísmo e o teísmo son fenómenos dialectais que as usan indistintamente.
  • O se pode ter valor reflexivo, recíproco, pronominal, impersoal ou de pasiva reflexa.
  • A diglosia é o uso estable e desigual de dúas linguas nunha sociedade, e o conflito lingüístico ocorre cando esa estabilidade se altera.

Ponte a prueba

Que Relativo e Que Conxunción

Relativo

  • Introduce unha cláusula de relativo e, en canto á súa función sintáctica, compórtase coma unha frase nominal.
  • Non leva ningunha marca se desempeña as funcións de SUX, CD ou ATRIBUTO; para outras funcións precisa dunha preposición.

Exemplos:

  1. É bo para os galegos que amamos a nosa terra. (SUX)
  2. Non recordo a boa persoa que fuches un día. (ATRIB)
  3. Tráeme os libros que che prestei. (CD)
  4. Estes son os amigos de que che falara hai tempo. (CPREP)

Conxunción

Completiva

  • Non ten antecedente e serve para introducir oracións que desempeñan funcións sintácticas propias da frase nominal, ben soa ou ben precedida de preposición.
Exemplos:
  1. Díxome que fose con ela ó río. (CD)
  2. Lembrouse de que tiña o leito ao lume. (CPREP)

Outros valores

  • Ademais pode empregarse como nexo causal, consecutivo ou comparativo.
Exemplos:
  1. Non corras, que xa vas canso. (causal)
  2. Está tan canso que xa non corre. (consecutivo)
  3. É mellor darllo a quen o precise que tiralo ao colector do lixo. (comparativo)

Formas Tónicas dos Pronomes

Formas rectas

eu, ti, el/ela, nós, nosoutros/as, vós, vosoutros/as, eles/elas. Funcionan como SUX o ATR:

  • Nós loitamos polo noso (Suxeito)
  • Os que loitamos fomos nós (Atributo)

Formas oblicuas libres

min, ti, el/ela, nós, nosoutros/as, vós, vosoutros/as, eles/elas, si. Funcionan como termo de preposición ou de conxunción comparativa.

Ex.: Faláronme a min (termo da prep.) / É tan alto coma min (termo da conx.)

Formas oblicuas ligadas

comigo, contigo, consigo, connosco, convosco, consigo. Son o resultado da contracción coa preposición con.

Ex. Non vai ir convosco porque agora está comigo.

Formas Átonas dos Pronomes

Desempeñan as funcións de Complemento Directo (formas de acusativo) ou de Complemento Indirecto (formas de dativo)

Pronome de 3ª persoa (singular e plural) de acusativo (C.D.)

Presenta diferentes alomorfos coa seguinte distribución:

  1. o -lo, -la, -los, -las: emprégase despois de formas verbais rematadas en -r ou -s. Ex. Fixemos os deberes → Fixémolos
  2. o -no, -na, -nos, -nas: emprégase despois de formas verbais rematadas en ditongo. Ex: Viu unha pantasma → Viuna
  3. o, a, os, as: emprégase no resto dos casos (detrás doutras terminacións e cando o pronome vai diante do verbo). Ex: Fago unha tortilla → Fágoa / Non fago unha tortilla → Non a fago.

Na segunda persoa

Temos unha forma para o Complemento Directo: TE e outra para o Complemento Indirecto: CHE.

  • Nalgunhas áreas dialectais só existe che para as dúas funcións (este fenómeno denomínase cheísmo). Ex. *Non che vin
  • Noutras áreas só existe te para as dúas funcións (este fenómeno denomínase teísmo). Ex. *Non te falou.

O dativo de solidariedade

Os pronomes que se empregan como dativos de solidariedade son os de segunda persoa: che, vos e lle, lles (cortesía).

Ex.: Haiche moito que traballar / Haivos moito que traballar / Haille moito que traballar

  • Non pode reforzarse coa preposición a seguida de pronome tónico.

Ex. Non che gustan os doces → A ti non che gustan os doces (C.I. - Pode reforzarse coa prep. a + pronome tónico) Non che quero saber nada diso → *A ti non che quero saber nada diso (Dativo de solidariedade)

  • Pode ser eliminado do enunciado sen que varíe o seu significado.

Ex. Non che gustan os doces → Non gustan os doces (C.I. - Ao eliminarse o pronome, cambia o significado) Non che quero saber nada diso → Non quero saber nada diso (Dativo de solidariedade - Pode eliminarse sen alterar o significado)

Valores do Se

  1. Valor reflexivo: indica a coincidencia entre o axente e o paciente da acción verbal. Exemplo: Manolo peitéase con coidado.
  2. Valor recíproco: Indica dous ou máis suxeitos executando e recibindo simultaneamente a acción verbal. Exemplo: Os gatos aloumiñábanse con tenrura.
  3. Valor pronominal: O se acompaña a verbos que necesitan o pronome para manter o seu significado; forma parte do verbo. Exemplo: queixarse, arrepentirse, inmutarse...
  4. Valor impersoal: O se é marca de impersonalidade en construcións que carecen de suxeito. Só se emprega con verbos en 3ª persoa de singular (non admite o plural). Equivale a ‘alguén / hai persoas que / hai quen’. Exemplo: Dise que o mercado financieiro está en crise (Alguén di...).
  5. Valor de pasiva reflexa: A diferenza das impersoais con se, as pasivas reflexas si que teñen un suxeito que concorda co verbo. Aparecen co verbo en singular ou en plural, pero sempre en voz activa (fronte á pasiva normal) e non levan o C. Axente. O pronome persoal se enmascara a identidade do axente. Ex. Véndese unha casa en Lousame / Véndense casas en Tui.

Bilingüismo Individual

É bilingüe o individuo que ten competencia en dúas linguas e as usa indistintamente en calquera situación. Entendemos por competencia o dominio das catro destrezas: entender, ler (pasivas) // falar, escribir (activas)

Tipos:

  1. Segundo adquisición:
    • Iniciais: Adquiríronas espontaneamente (p. ex. dos pais)
    • Secuenciais: Adquiren unha espontaneamente (na casa) e outra de xeito sistemático (p. ex. na escola)
  2. Segundo a competencia:
    • Pasivos: Len e entenden as dúas linguas
    • Activos: Len, entenden, falan e escriben as dúas linguas.
  3. Segundo o uso que fan das linguas:
    • Equilibrados: Úsanas indistintamente
    • Parciais: Utilízanas en función do ámbito (casa, amigos, traballo, actividades sociais)

Bilingüismo Social

Diglosia

Chamamos diglosia ao uso estable e desigual das linguas nunha sociedade, dependendo da clase social (alta-media/baixa) ou dos contextos (formais/informais).

Factores que a determinan:

  • Demográficos:
    • Nº falantes
    • Distribución xeográfica
  • De status:
    • Político: oficialidade
    • Sinal de identidade
    • Poder socioeconómico dos falantes
    • Prestixio fóra do seu territorio
  • Apoio institucional:
    • Oficial, dos gobernos.
    • Informal (empresas, ...)

Conflito Lingüístico

É a alteración da estabilidade diglósica cando unha das linguas (a lingua A ou a lingua B) penetra en ámbitos/usos propios da outra e viceversa. Se o proceso continúa, pode rematar, ben coa desaparición da lingua minorizada, ben coa súa normalización.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cando se usa o "que" relativo sen preposición?

Úsase sen marca cando o relativo desempeña a función de suxeito, complemento directo ou atributo. Para as demais funcións é necesaria unha preposición, como en "os amigos de que che falara".

Que é o dativo de solidariedade?

É un pronome de segunda persoa (che, vos) ou de cortesía (lle, lles) que expresa implicación afectiva do falante ou do oínte. Pode eliminarse do enunciado sen alterar o significado, e non admite o reforzo con a + pronome tónico.

Que é a diglosia?

É o uso estable e desigual de dúas linguas nunha sociedade, segundo a clase social ou o contexto (formal ou informal). Depende de factores demográficos, de status e do apoio institucional.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cal é a función do "que" en "É bo para os galegos que amamos a nosa terra"?
2. Que forma átona de acusativo corresponde segundo a regra dada a "Fixemos os deberes" → "Fixémolos"?
3. Que valor do pronome "se" presenta a construción "Véndense casas en Tui"?
4. Que nome recibe o uso estable e desigual de dúas linguas nunha sociedade?
5. Cal é o valor da conxunción "que" en "Non corras, que xa vas canso"?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.