A cultura galega no exilio durante o franquismo: poesía, prosa e teatro
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,69 KB
Actualizado el
Resumen
O texto analiza como a cultura galega sobreviviu no exilio durante o franquismo, con Bos Aires como centro cultural. Recolle a obra poética, narrativa, ensaística e teatral de autores como Luís Seoane, Lorenzo Varela, Eduardo Blanco Amor e Castelao. O estudante aprenderá o contexto de represión da lingua e as características principais destas obras.
Puntos clave
- Durante o franquismo prohibiuse de facto o uso escrito do galego na administración, a igrexa, a radio e a televisión.
- Bos Aires converteuse na capital cultural de Galicia no exilio, con editoriais, xornais, revistas e programas en galego.
- Luís Seoane escribiu Fardel de eisiliado, poesía de forte compromiso ético coa realidade social galega.
- Eduardo Blanco Amor escribiu A esmorga, unha das obras mestras da literatura europea do século XX.
- Castelao publicou As cruces de pedra na Galiza, considerada a «biblia laica» do nacionalismo galego.
- Castelao escribiu Os vellos non deben namorarse, unha farsa que critica a hipocrisía social.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Cultura Galega no Exilio: Resistencia ao Franquismo
Persecución da Identidade Galega
A ditadura franquista suprimiu todo elemento de identidade nas nacionalidades históricas. O idioma galego foi obxecto dunha implacable persecución; a súa utilización escrita considerouse como un delito. Na administración, na igrexa, na radio ou na televisión, empregábase exclusivamente o castelán.
Malia esta represión, a cultura galega mantívose viva no exilio. A cidade arxentina de Bos Aires converteuse na capital cultural de Galicia, onde moitos exiliados atoparon refuxio, como Castelao ou Blanco Amor. O seu labor no eido cultural foi notable, impulsando a creación de:
- Editoriais en galego
- Xornais e revistas
- Programas de contido cultural galego
Poesía Galega do Exilio
Luís Seoane: Compromiso e Exilio
Luís Seoane, creador polifacético, naceu en Arxentina e volveu coa súa familia para Galicia. Estudou Dereito en Santiago e, coa Guerra Civil, exiliouse a Bos Aires. A súa obra Fardel de eisiliado é unha poesía dominada polo forte compromiso ético coa realidade social e humana de Galicia. Os seus temas principais son:
- O exilio
- A emigración
- O sometemento dos humildes
Lorenzo Varela: Saudade e Loita
Lorenzo Varela, fillo de emigrantes, regresou desde Cuba a Galicia. Ao rematar a Guerra Civil (GC), emprendeu o camiño do exilio. En Bos Aires colaborou con Seoane. En Catro poemas para catro gravados combínanse distintos motivos: desde a poesía socialrealista até composicións de plenitude sensorial centradas na saudade da terra. Están tamén presentes os ritmos populares e a reivindicación do pasado histórico.
Emilio Pita: Testemuño da Guerra
Emilio Pita, con Jacobusland, obra con ilustracións de Castelao, mostra a traxedia da Guerra Civil.
Prosa Galega do Exilio
Narrativa: Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor emigrou a Arxentina e viaxou a España como correspondente do xornal La Nación. Entrou en contacto cos membros da Xeración do 27, como Federico García Lorca. Despois da Guerra Civil exiliouse en Arxentina. Participou na creación das compañías Teatro de Cámara El Tinglado e Teatro Popular Galego. A súa obra A esmorga, unha das obras mestras da literatura europea do século XX, recolle o relato tráxico que un personaxe lle fai a un xuíz anónimo e calado dos violentos e fatais acontecementos protagonizados por el e outros compañeiros durante un día de esmorga.
Ensaio: Castelao e o Nacionalismo
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao editou o estudo As cruces de pedra na Galiza, obra monumental considerada por moitos a «biblia laica» do nacionalismo galego. A súa obra Sempre Galiza está composta por materiais moi heteroxéneos, escritos en épocas diversas. Con esta obra manifesta o seu compromiso político co nacionalismo e o seu antiimperialismo, mostrando a marxinación de Galicia, as inxustizas sufridas polas clases populares e propoñendo accións para construír unha Galicia máis xusta, integrada dentro dunha federación de pobos e guiada por unha política progresista.
Teatro Galego do Exilio
Castelao: Crítica Social e Innovación
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao escribiu Os vellos non deben namorarse, unha farsa dividida en tres lances de estrutura paralela, con prólogo e epílogo. O escritor válse de personaxes vellos que se namoran de mozas novas, polas que son enganados, para facer unha crítica da hipocrisía social e da súa ríxida moral. É un logro estético grazas á aplicación de enxeñosos recursos moi innovadores na escenografía, iluminación e no escenario.
Luís Seoane: Tradición e Modernidade
O teatro de Luís Seoane conxuga tradición e modernidade. Propuxo un teatro vivo que se puidese representar en cada sitio, afastado do costumismo de miras estreitas.
Blanco Amor: Farsas e Sátira
O conxunto de obras teatrais escritas por Eduardo Blanco Amor están reunidas no volume Farsas para títeres. Entre as obras incluídas no volume destaca Romance de Micomicón. Son obras non realistas de ritmo rápido e grande forza expresiva, con elementos fantásticos e satíricos.
Preguntas frecuentes
Cal foi o principal centro cultural galego no exilio?
A cidade arxentina de Bos Aires converteuse na capital cultural de Galicia no exilio. Alí moitos exiliados atoparon refuxio e impulsaron editoriais, xornais e revistas en galego.
Que é A esmorga de Blanco Amor?
É unha obra narrativa de Eduardo Blanco Amor que recolle o relato tráxico que un personaxe fai a un xuíz sobre os violentos acontecementos dun día de esmorga. Considérase unha das obras mestras da literatura europea do século XX.
Por que se considera As cruces de pedra na Galiza unha obra importante?
Castelao publicou este estudo monumental, considerado por moitos a «biblia laica» do nacionalismo galego. Expón a súa visión política sobre Galicia.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.