O Rexurdimento Galego: Períodos, Obxectivos e Autores Clave

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,62 KB

Períodos do Rexurdimento

  • Precursor (1833-1862)

    Engloba a actividade e a obra de autores que participaron en maior ou menor medida co movemento provincialista e que usaron o galego con anterioridade á aparición do libro Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro.

  • Rexurdimento Pleno (1863-1888)

    Este período está marcado pola presenza dos tres grandes escritores do XIX galego: Rosalía, Curros e Pondal. O xénero predominante é a poesía, e nesta etapa proliferan en diversas cidades e vilas os Xogos Florais, concursos literarios que serven para fomentar o uso escrito do galego. O ano 1880 é o momento culminante, xa que coincide a edición de tres obras principais da nosa literatura decimonónica: Follas Novas, Saudades Gallegas e Aires da Miña Terra.

  • Depresión Finisecular (1889-1914)

    Nesta época, a Restauración Borbónica e o movemento sofren un declive que afecta máis á calidade das obras do que á cantidade. Xéneros como a narrativa e o teatro conseguen enraizar timidamente da man de autores como López Freire e Xan de Masma, etc. Esta etapa chega ao seu fin co nacemento en 1916 das Irmandades da Fala, entidade que co seu discurso e coa súa actuación política e cultural provocará un segundo rexurdimento.

Obxectivos do Rexurdimento

  • Mudar a consideración negativa con respecto ao uso e ás calidades do idioma galego. Os galeguistas botarán man de argumentos de prestixio, argumentos de utilidade e argumentos de identidade.

  • Ampliar os ámbitos de uso do idioma galego, recuperando o espazo da literatura, introducíndoo tamén na prensa periódica e demandando o recoñecemento oficial do galego, a súa implantación nos distintos niveis do ensino e a extensión do seu uso á vida oficial e eclesiástica.

  • Estudar e depurar o idioma galego. Desta época son as primeiras gramáticas e dicionarios. Os escritores en galego comezan entón a elaboración dun modelo do galego culto.

  • Reivindicar o pasado histórico e o carácter de Galiza como pobo que ostenta todos os requisitos esixíbeis a unha nación con dereito a gobernarse a si mesmo.

Rosalía de Castro: Aspectos Biográficos

Naceu en 1837 en Santiago. A súa primeira novela, La hija del mar, e mais para compor o poema "A romaría da barca", publicado no Álbum de la Caridad (1862). Publica o seu primeiro libro de poemas La Flor. En 1861 publica en El Museo Universal de Madrid o seu primeiro poema en galego: "Adiós, ríos, adiós, fontes". Un ano despois aparece o primeiro libro integramente escrito en galego: Cantares Gallegos (1863). En 1880 publica a súa derradeira novela en castelán e o seu derradeiro libro en galego: El primer loco e Follas Novas.

Eduardo Pondal

En 1858 publicou a primeira versión do seu primeiro poema en galego, "A campana de Anllóns", incluído no Álbum de la Caridad (1862). En 1877 saíu da imprenta o libro Rumores de los Pinos, que non tivo o éxito de crítica e de vendas que Pondal esperaba. Pondal retomou a elaboración de Os Eoas, e decidiuse a publicar Queixumes dos Pinos (1886).

Obra Poética de Pondal

A primeira composición en galego que lle coñecemos leva por título "A Campana dos Anllóns" e preséntanos un soldado galego prisioneiro en Orán que sente a morriña das paisaxes bergantiñás nativas. Logo disto, Pondal comeza a colaborar con revistas e xornais con poemas soltos, como o titulado "A Fada dos Montes". En 1877 aparece o libro Rumores de los Pinos, con 21 poemas en total: 8 en español, 11 en galego e 2 que utilizan ambas linguas.

Lingua e Estilo de Pondal

O seu estilo poético é solemne, grave e sobrio, nada amigo de artificios, e caracterizado por:

  • Uso abundantísimo de adxectivos correspondentes ás oposicións semánticas.
  • Uso constante de epítetos e de frases feitas.
  • Uso frecuente de elementos naturais como símbolos: as aves, que por exemplo simbolizan a liberdade.
  • Abundante emprego de topónimos e de antropónimos.
  • Escasa utilización dos diminutivos.
  • Uso frecuente de cultismos do grego e do latín.
  • Gusto polos paralelismos e as similicadencias.