Resumen os dous de sempre castelao

Enviado por Anónimo y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 16,88 KB

1. Vicente Risco - O lobo da xente


Nun outono, preto de Trives, un rapaz de Sobrado está a apañar follas de castiñeiro para estercar. Un veciño recoméndalle que marche para casa porque anda pola comarca o lobo da xente. Un lobo que nos últimos tempos atacara varias persoas.

Xa na casa Ánxel atranca a porta e acende a lareira, pero ao cabo nota que comezan a rañar na porta. Ao pouco asoma unha gadoupa de lobo, e escóndese. O lobo ule a estancia, e cando pensa que está só tira a pelella e baixo dela aparece unha rapaza nova e fermosa vestida cunha camisa. Ánxel aproveita un despiste dela para botar a pelella no lume, e entón ela explícalle que a liberou dun meigallo. A súa nai, viúva, casara con outro home e este intentara abusar da rapaza; ela defendeuse cortándolle unha man co fouciño, e a nai botouna da casa e botoulle o malfado de convertela en lobishome. Finalmente, Ánxel e a moza acaban casando.


2.CastelaoO inglés


O relato, ambientado na Pampa arxentina, fálanos da alienación que a enxurrada patrioteira espallada polos xornais provoca no neno Castelao, quen decide matar un inglés para defender a honra do exército español derrotado na guerra de Cuba. Afortunadamente as necesidades fisiolóxicas vencen sobre os instintos homicidas e o neno fica durmido, permitindo fuxir ao burleiro inglés.


3. Ramón Otero Pedrayo - A serea


Este conto iníciase coa presentación dun fidalgo novo, D. Lionardo da Mirteira, preocupado pola situación da Galiza (simbolizada na vida da vila: monótona, rutinaria, vulgar...), mais sen forzas para modificala e facela progresar. Como os inadaptados, rexeita o mundo vilego que o rodea e encérrase nun altivo distanciamento.

Unha noite volve á pensión cun vulto mollado entre os seus brazos. Por riba de calquera explicación lóxica, o pobo enteiro vai acreditar durante esa noite que quen está no cuarto co fidalgo é, realmente, a serea dos mares.

O relato deu un salto e agora xa non estamos na vila vulgar senón no mundo do marabilloso lendario, aquel das lendas que configuran o universo colectivo de referentes e de símbolos que o pobo conserva como algo propio, intimamente vencellado á súa cultura. A chegada da serea desperta algo que estaba durmido nas conciencias na medida en que ela, coa súa presencia, evoca o pasado, a tradición case esquecida, a memoria ou a conciencia colectiva daquel pobo. E faino, provocando a ilusión tantas veces afogada pola dureza da realidade: ela, a serea namorada, representa o mar, ese elemento poderoso e mortal que, polo menos por unha vez, se ve submetido ante o poder superior do home. Ela é a protagonista desa noite de soños e desexos máxicos e, finalmente, a artífice da transformación moral da vila.

Mais coa chegada do día sábese que a tal serea era a muller do fidalgo, vinda do Norte de Europa nun barco. "Mil ollos asombrados procuraban a cauda e soilo atopaban o andar grave e firme do pes calzados de fortes botinas de “sport”". Con esta irónica descrición o narrador marca a volta á realidade e, a partir de aquí, cambia tamén o estatus narrativo da serea que agora xa non é un ser lendario senón, simplemente, unha fidalga máis, cunha importancia funcional limitada, colaboradora e sustentadora do seu home (como é habitual naquel personaxe-tipo da narrativa de Otero).

Don Lionardo é agora un home novo, preparado para abandonar o seu mundo de indefinicións e tomar un resolto papel á cabeza daquel pobo.


4. Eduardo Blanco Amor - A arrasadeira


Tono, o protagonista, conta as trasnadas que facían os nenos do seu tempo en Ourense: latar, pelexar, romper farois… Tono era “señorito” e non participaba porque o educaban así na casa, ata que un día, Pepe o Roxo lle prometeu levalo ás arrasadeiras, roubar figos á horta do crego; el só tiña que apañalos. Todo marcha ben ata que se oen dous tiros e foxen todos, menos Tono que choca contra o muro e leva un golpe na cabeza. Cando pensa que correu e correu esperta no mesmo sitio, coidado por unha vella e ao lado do crego coa escopeta.


5. Rafael Dieste - Sobre a morte de Bieito


Trata sobre o momento en q levan ó Bieito no ataúde para enterralo no camposanto, un dos que portaba o cadaleito oíu un rebulir dentro, pero por vergoña e por mor a ser acusado de troleiro, non dixo nada. O rematar o enterro o home decidiu volver ó camposanto para desenterralo, pero canda xa estaba co sacho nas mans oíu q se achegaba xente, e botou a correr. E así rematou todo, sen saber se o Bieito ía vivo ou morto.


6. Ánxel Fole - A caixa de morto


Un ladróns fanse pasar por uns homes que levan un cadaleito libre e pídenlle a uns ricos da vila que lles deixen quedar alí o cadaleito ata o dia seguinte que o poidan ir recoller. Os donos acceden e os homes marchan, pero pola noite un criado dos señores sente como algo se move na caixa, e dillo enseguida o señor. Este deduce que os homes eran ladróns e que no cadaleito está un deles esperando. O dono da casa acribilla cunha escopeta o cadaleito e mata o ladrón. O día seguinte denuncia na policía o ocorrido.


7. Álvaro Cunqueiro - O galo de Portugal


El gran fornicador de Portugal, don Esmeraldino de Braga se convierte en el gallo de Portugal, que en la abadía de Meira, camino de Santiago deja una clase de gallinas de plumas doradas muy ponedoras y de carne muy sabrosa después de su paso por el gallinero.


8. Eduardo Moreiras - Vilamor


O libro describe unha viaxe que fixo Eduardo Moreiras pola beira do río Lor dende Vilamor ata a súa confluencia co río Sil. No conto o protagonista di que “veño estudar o río”, e despois de que un home lle sinala como chegar a Vilamor, atópase con dous homes con gando e nenos, que lle dan un consello para que vaia por unha ruta concreta, e non por outra, “interesado por algunha razón que non albiscaba”. O protagonista segue co seu camiño.


9. Xosé Mª Álvarez Blázquez - A pedra


Un avó comeza a explicarlle ao seu neto Ricucho o que ten que facer cando el morra, e logo onde ten que buscar cartos para pagar o enterro: nunha pedra (explícalle como abrila). Despois cóntalle como tivo que coidar ao seu tío Nicanor e este soamente lle deixou a pedra como herdanza. Finalmente, faille prometer que non quere ver á familia de Lobomorto, e mostra o seu convencemento de que na pedra hai cartos (onzas).


10. Manuel Lueiro Rey - Hundezelle


O narrador conta como nun ano das festas de San Miguel (que se celebraban máis tarde debido á vendimia) Frank, home de Rafaela (última emigrante que chegara á aldea) tivo que ser o presidente da comisión de festas. Como Frank era xudeu de procedencia alemá, os veciños rifaron cando o nomearon presidente, pero pronto se esqueceron ao ver a gran cantidade de cartos que aportou.


Frank pensou que tamén podían facer un concurso de imitar voces de animais. El mesmo tivo que semellar os ladridos dun can porque Rafaela llo pedíu (aínda que el non quixera), e mentres o facía empezóuselle a poñer a pel branca, a gritar “hundezelle” e a ladrar cada vez máis forte ata desmaiarse. Cando recobrou o coñecemento, Rafaela dixo que eran ataques de tolemia: os nazis tivérano encerrado dous anos nun campo de concentración, e para comer, beber ou mexar só podía ladrar, non falar. “Hundezelle” significa “o canil”, e chamábanlle así a Frank porque ao home que metían naquela cela tiña que pedir todo ladrando.


11. Marcial Suárez - O viño dos sábados


O narrador empeza contando que todos os sábados en Allariz o viño subíaselle a moita xente: ao Tarabá, ao Pardau, ao Boca... Despois conta a historia de cada un.


O Tarabá dicían que era capaz de falar calquera idioma. Nunha misa, o señor comezou a falar en varios idiomas, e logo púxose a cantar. Cando un garda foi xunto el para acabar co conto, el dixo “¡Viva nuestro Señor!”.


O Pardau caeu unha noite desde unha estrada a un eido, cando ía borracho. O resultado foi que fíxose feridas na cabeza por varios sitios. Cando foi ata a casa do médico para que o curase, este pregúntalle o que pasou, e el dille que non sabe se o empuxaron ou non…


O Boca chamábanlle así porque sempre falaba do barrio da Boca, cando estivera en Arxentina. Sempre contaba as súas liortas coas xentes de alí: unha vez peleouse con uns italianos nun quilombo, e outra, comproulle un boliche a un francés, e como nadie pagaba polas consumicións, mercou unha escopeta e matou a un señor que se “burlaba” del. A xente tiña dúbidas sobre se eran verdade os relatos, incluso despois do día no que lle chegou unha carta dos seus amigos de Arxentina preguntando se estaba ben (despois da Guerra Civil).


12. Xosé Neira Vilas - O muiñeiro


"O muiñeiro vello": unha vítima máis da explotación, é despedido do goberno do muíño e agora permanece á porta, para lles ir contando a súa desgraza a todos os que pasan. A el non lle importa que a xente siga dicindo que está tolo: non o quere negar tampouco, e vai seguir durmindo no muíño, porque cando o facía na súa casa sentía que lle faltaba o son da auga e do rodicio.


13. Camilo Gonsar - A volta


En este cuento se refleja el habla coloquial de sus tres protagonistas: Amadeo de Quiroga, benigno da Costa y Ramiro do Galo que aparece después. Los tres hablan sobre mujeres y cosas varias.


14. Gonzalo R. Mourullo - Tres homes


Tres labregos, presos no cárcere, narran as historias que os levaron alí: Xaime (o novo), Laín e Paio.


Paio era un labrego rico, que empezou a vender todas as súas propiedades para desfacerse das súas “preocupacións”, ata que lle xurdiu a máis grande: a de non ter nada.


Laín, que non paraba de dicir “chove!, Chove!” cara a ventá, conta a súa historia: el e o seu irmán eran xemelgos, e os pais traballaban para un profesor de uni, que lles dixo que un deles estudaría. Iban moi á par nos estudos, ata que na última proba, un dictado no que el puxo chove con b e o outro fíxoo perfecto, decidiu que o seu irmán estudaría.


Xaime sacara “a sorte do paxariño”, que lle auguraba que por culpa dun dos seus amigos el iría á cadea. Efectivamente: agora preocúpase por súa nai e o desgusto que lle puido dar. Cando saia da cadea marchará na procura de terras descoñecidas.


15. Xosé Luis Méndez Ferrín - Grieih (o grilo)


16. Carlos Casares - O xudeu Xacobe


El judío Xacobe, en realidad portero de la casa de Pilatos, condenado a esperar en vida el regreso de Nuestro Señor, y decidido a guardar silencio escarmentado de los cruentos resultados que la divulgación de su verdadera identidad provoca. Investigado por el padre Heitor Joaquim Arrais (o xudeu, cada vez que o vía, levantábase do banco, e levábao con el pa dentro da casa).


17. Xavier Carro - A chegada da primeira bicicleta (Alfonsito, fillo do Marqués)


18. Alfredo Conde - o Famento


19. Xavier Alcalá - Evaristo o do cine


Entradas relacionadas: