Situación actual e retos da normalización do galego

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,3 KB
Actualizado el

Resumen

O texto explica o que é a política lingüística e como se aplica ao galego desde 1975, tras o seu recoñecemento legal. Analiza a situación actual nos ámbitos normativo, dos medios de comunicación, administrativo e na actitude da Administración autonómica. Remata valorando os factores que determinarán o futuro da normalización do galego.

Puntos clave

  • A política lingüística busca supriman os prexuízos e que unha lingua minorizada poida usarse en todas as funcións.
  • O proceso de normalización do galego iniciouse en 1975 co recoñecemento na Constitución e no Estatuto de Autonomía.
  • No ámbito normativo houbo avances, pero o Decreto do plurilingüismo, que establece o inglés como terceira lingua, reduciu os avances anteriores.
  • Nos medios de comunicación a presenza do galego é lamentable, tanto nos públicos como nos privados, que empregan maioritariamente o castelán.
  • No uso administrativo o galego está presente, pero a lexislación permite que algúns funcionarios non o usen de cara ao público.
  • A Administración autonómica mantén unha dobre actitude: fai campañas de normalización mentres adopta condutas pasivas ou contrarias á Lei de Normalización.
  • O futuro do galego depende da concienciación da mocidade, do apoio institucional e da extensión do seu uso a novos ámbitos.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

A política lingüística é o conxunto de medidas e actuacións oficiais aplicadas nunha situación de desigualdade entre dúas linguas para promover a normalización da lingua minorizada, de xeito que se supriman os prexuízos e poida empregarse sen dificultades en todas as funcións posibles.

Situación actual do galego

No caso do galego, este proceso iniciouse a partir de 1975 co recoñecemento legal na Constitución e no Estatuto de Autonomía, o que permitiu a aprobación doutras leis que favoreceron o acceso do galego á educación, aos medios de comunicación e á Administración. Malia estas medidas, a situación do galego na actualidade é moi irregular en todos os ámbitos, como observamos a continuación.

Aspectos normativos

Desde o punto de vista normativo, os avances dos últimos anos foron moi importantes: actualizouse a normativa, existen numerosas edicións de gramáticas e dicionarios, e no ensino ten unha presenza notable, aínda que o Decreto do plurilingüismo, que establece o inglés como terceira lingua, reduciu os avances de anos anteriores. Tamén cómpre salientar como elemento fundamental no proceso de normalización o establecemento dunha norma estándar igualadora e unificadora da lingua. Porén, continúan existindo tópicos como a "calidade" dos dialectos e unha "conciencia da autoridade lingüística" respecto das normas gramaticais debido aos períodos nos que o galego non estaba normativizado.

Galego nos medios de comunicación

Nos medios de comunicación, a situación é lamentable. Por unha banda, nos medios públicos é cada vez menor a presenza do galego nos debates e na publicidade, así como a súa calidade lingüística. Por outra banda, os medios privados empregan maioritariamente o castelán e descoidan o uso correcto do galego (só hai tres xornais galegos en papel e un semanario). A situación no ámbito dixital tamén é minoritaria, pois hoxe en día contamos con tres xornais en galego, blogs, certas iniciativas locais e versións traducidas de xornais en papel.

Uso administrativo do galego

En canto ao uso administrativo, o galego está presente en todos os ámbitos, pero a lexislación permite que algúns funcionarios non o usen de cara ao público. Ademais, moitas veces o galego é empregado como elemento de propaganda e acostúmase a facer un uso incorrecto. Tamén cómpre sinalar que nas empresas privadas, aínda que teña moita presenza a nivel oral, son moi poucas as que o usan nos seus documentos.

Actitude da Administración autonómica

Por último, a Administración autonómica presenta dúas caras respecto da situación do galego: aínda que leva a cabo campañas de normalización, tamén mantén unha actitude pasiva ante certos feitos en contra da Lei de Normalización, presenta recursos contra decisións de concellos e proporciona amparo a asociacións contrarias á normalización do galego.

O futuro do galego

En resumo, o futuro do galego atópase nas actuacións dos propios falantes: a concienciación da mocidade, os desprazamentos do rural cara ao urbano e viceversa, a extensión do galego a outros ámbitos que resten presenza ao castelán, o apoio institucional e o fomento de iniciativas son os factores que condicionarán a continuidade do proceso de normalización.

Preguntas frecuentes

Cando comezou o proceso de normalización do galego?

Segundo o texto, o proceso iniciouse a partir de 1975, co recoñecemento legal do galego na Constitución e no Estatuto de Autonomía. Esta base permitiu aprobar outras leis que favoreceron o seu acceso á educación, aos medios e á Administración.

Que é a política lingüística?

É o conxunto de medidas e actuacións oficiais aplicadas cando hai desigualdade entre dúas linguas, para promover a normalización da lingua minorizada. O obxectivo é suprimir prexuízos e que a lingua poida usarse sen dificultades en todas as funcións.

Cales son os factores que condicionarán o futuro do galego?

Segundo o texto, o futuro do galego depende das actuacións dos propios falantes, da concienciación da mocidade, dos desprazamentos entre rural e urbano, da extensión do galego a ámbitos que restan presenza ao castelán, do apoio institucional e do fomento de iniciativas.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Desde que ano se iniciou o proceso de normalización do galego segundo o texto?
2. Que decreto reduciu os avances anteriores no ensino do galego?
3. Cantos xornais galegos en papel hai segundo o texto?
4. Que actitude ten a Administración autonómica segundo o texto?
5. Que tópico persiste segundo o texto respecto dos dialectos?
6. Que lei é mencionada no texto como marco de referencia da normalización?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.