Narrativa galega de posguerra: Cunqueiro, Fole e Blanco Amor

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,85 KB
Actualizado el

Resumen

Este apunte resume a narrativa galega de posguerra. Explica como a guerra interrompeu a produción narrativa e como volveu a aparecer en 1951. Presenta as liñas do realismo popular, do realismo fantástico e do realismo social, e a narrativa rural sobre a emigración, con autores e obras como Anxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Xosé Neira Vilas. O estudante aprenderá a distinguir cada corrente e a identificar as obras principais.

Puntos clave

  • A guerra interrompeu a produción narrativa galega en 1936. En 1951 apareceu "A xente da barreira", de Carvalho Calero, que rompeu o silencio.
  • O realismo popular ou etnográfico de Anxel Fole recolle a fala oral e a cultura rural, en "A lus do candil" (1953).
  • O realismo fantástico de Álvaro Cunqueiro mestura fantasía e realidade cotiá, como en "Merlín e familia".
  • O realismo social de Eduardo Blanco Amor ten a súa obra máis destacada en "A esmorga", ambientada en Ourense.
  • Xosé Neira Vilas trata de forma realista o mundo rural galego e a emigración, en obras como "Memorias dun neno labrego" (1961).
  • Editorial Galaxia publicou a obra de ficción de Cunqueiro e foi clave na recuperación da narrativa galega.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

A NARRATIVA DE POSGUERRA


O final da guerra sempre implicou exilio ou silencio. En 1936 a producción narrativa interrompeuse bruscamente, ata que en 1951 Aparece a prmeira obra “A xente da barreira” de Carvalho Calero (conecta Coa prosa d Otero Pedrayo). O Grupo Nós, na preguerra, Modernizou a prosa de ficción, sendo esta unha das bases da renovación que se Levará a cabo trás a interrupción. Grazas en gran parte a actuación da Editorial Galaxia perfílanse unha serie de liñas narrativas que de mantendrán ata A fin da ditadura:Os continuadores da tradición narrativa do Grupo Nós, especialmente a tematica Promulgada por Otero Pedrayo, a mesma que segue Carvalho Calero la obra que Rompe o silencio da guerra. 

-O Realismo popular ou etnográfico, da que destacamos “A lus do candil” de Anxel Fole, con ambientaciñon rural, focalizada na xeografía, sinxeleza, humor, Elementos misteriosos…
-O Realismo fantástico, co que definimos a narrativa de Álvaro Cunqueiro, onde Mestura cultura con rasgos populares, realidade cotiá e fantasía.
-O Realismo social, tendencia centrada nos conflitos da sociedade. Eduardo Blanco Amor é o máximo expoñente con “A esmorga”.

A narrativa de Xosé Neira Vilas, abordando de modo realista o mundo rural Galego e a emigración. Integrado na NNG polas técnicas empregadas na sua obra. Nova Narrativa Galega, proxecto impulsado pola Xº dos 50, influidos por aqueles Que buscan o experimentalismo e a ambientación urbana buscando a especifidade Da linguaxe literaria.

ANXEL FOLE Realismo POPULAR


Formou parte da Xº dos 50, revistas de vangarda (Yunque,Guión), o Partido Galeguista… Fole refúxiase nunha aldea onde pode profundizar nos Coñecementos do mundo rural e a paisaxe galega, o que marcará a súa obra. Na Ed Galaxia, en 1953 publica “A lus do Candil. Contos a carón do lume”, incorporándose Así a recuperación da narrativa. A súa escrita caracterízase polos seguintes Trazos:

Naturalismo lingüistico, adopta a lingua oral, recollendo dialectalismos E desviacións da norma.
Predilección polo conto, especialmente do conto para contar como Representación da cultura popular fronte o conto para ler. A Incoherencia temporal, interpolación de detalles secuandarios ou referencias ao Narrador e o lector e son trazos propios desta modalidade.

Realismo narrativo, o elementos fantásticos Xustifícanse como produto de alucinacións e crenzas.

Influencia da linguaxe cinematrográfica
Importancia asociada á paisaxe
como elemento diferenciador da nosa lingua.

Entre as súas obras destacamos:

“A lus do candil”


Emprega A estrutura do Decamerón. Un grupo de xente atópase encerrada e para pasar o Tempo comezan a contar historias. O autor adopta o papel de oínte e transmisor. Os 14 contos están narrados en 1ª persoa e adoptando as técnicas da narrativa Oral, estrutura sinxela e argumento lineal. Recorre a mitoloxía popular (frecuentemente o lobo) pero sen caer no costumismo. Produce un humor  Amábel cun carácter etnográfico centrado na paisaxe courelá.“Terra Brava”
Iníciase Cun prólogo que nos presenta as terras do Incio. Tres personaxes especulan Sobre a historia e orixe de Galicia. O misterioso e o sobrenatural teñen unha Dimensión secundaria sometidos a unha análise escéptica da razón. 

“Contos da néboa”,

18 narracións breves e humorísticas, de Ambientación urbana (Lugo) onde aínda son remanentes os misterios da Mentalidade rural.

Álvaro CUNQUEIRO Realismo FANTÁSTICO

Toda a súa obra de ficción foi publicada na Editorial Galaxia. Tres novelas e tres libros de relatos marcados pola mestura entre un Mundo de fantasía co cotián. Outros trazos diferencialistas de Cunqueiro son:


Tendencia a disgregación da novela, acumulando relatos inconexos e sen Progresión na narración.
Hibridación lúdica e paródica entre diferentes xéneros (libros de Cabalerias, orientais, góticos…)

Predominación da oralidade no estilo, recollendo Arcaísmos, digresións, dialectalismos…
Eliminación de fronteiras entre realidade e fantasía, de modo que Humaniza os seres máxicos.
Humor e poeticidade, o choque do mundo real e mítico produce un humor Irónico.

As tres obras extensas de Cunqueiro teñen como Protagonistas a personaxes tomados da literatura universal:

“Merlín e familia”


Ten Como personaxe principal ao Mago Merlín (procedente da materia de Bretaña). A Casa de Merlín acoden personaxes pedindolle axuda e contando as súas historias. A obra estáconstituida por 17 narracións independentes, narradas polo seu Criado Felipe de Amancia.

“As crónicas de Sochantre”


Organízase en tres seccións, novela Ambientada en Bretaña. Na carroza que recolle ao músico para tocar nun enterro Atópanse 5 almas de mortos que relatan diferentes historias. Segue a mesma Estrutura que na novela anterior, de modo que un personaxe serve de fio Condutor entre as diferentes historias.

“Si o vello Sinbad volvese ás illas…”


Procedente das Mil e Unha noites, narra a historia dun vello mariñeiro que vai contando as súas Aventuras da xuventude, o mesmo tempo que escoita ás dos diferentes visitantes Cos que de cruza. Cunqueiro presenta o efecto destrutor do tempo, que vence as Ilusións e fai naufragar os soños. A diferenza das outras, nestro obra sí Existe unha liña evolutiva.
Cunqueiro ademáis escribiu tres libros de semblanzas protagonizados por Personaxes procedentes da cultura popular. “Escola de menciñeiros e fábula De varia xente”, “Xente de aquí e de acolá” e “Os outros feirantes”.
Todos os personaxes conforman o gran mosaico da Galiza popular, que o autor Sente desaparecer.

EDUARDO BLANCO AMOR Realismo SOCIAL

Iníciouse na literatura através da poesía, Foi un Destacado colaborador do diario La Nación. A súa primeira novela, “A Escaleira de Xacob”, Nós en 1933, trátase dunha sátira da Burguesía financiera de Bos Aires. Recolle nas súas obras a realidade da Sociedade galega, seleccionando determinados aspectos socias ambientadas en Ourense. Entre o resto das súas obras atopamos:

“Esmorga” (


Bos Aires, 1958), sendo esta unha das obras cumios da nosa literatura, Na que asimila de novas técnicas renovadoras da narrativa universal xx.Existen 2 narradores (editor e protagonista), formada por 5 capitulos. Narra a historia Dun home que tratando de saír de casa remata de festa cos seus amigos. Un final Tráxico e unha sucesión de feitos desafrotunados provoca a morte dos 3 Protagonistas. A novela esixe un lector activo.Ubicada en Auria, espazos Abertos e pechados. Os protagonistas son seres marxinais de clases baixas, Marcados pola forma de falar e os intintos primarios. A lingua reflicte o Ambiente no que se desenvolve. (Interpretación picaresca, Existencialista, feminista e sociolóxica)

“Os biosbardos”, libro Composto por 7 relatos que teñen relación cos 7 pecados capitais, Caracterizados por unha homoxeneidade técnica e temática. Nenos de distintos Atributos biográficos e sociais enfrontanse a distintas experiencias que Destrúen a súa inxenuidade e cambian a súa maneira de relacionarse con outros.

“Xente ao Lonxe” novela Máis lograda, situada en Ourense nas primeiras decadas do século XX, conta a Través dunha familia proletaria de ideas socialistas a sociedade desa época. Un Parella con dos fillos Evanxelina e Suso posteriormente dan lugar a outro. Narra o proceso de maduración de Suso dende os once aos dezasete, onde vai Afrontar diversas experiencias e acontecementos, modelando así a súa conciencia E comprensión da realidade. Ten relevancia o episodio do Baldaquino de Ursaria, Exemplo dunha movilización popular por defender o propio.

XOSÉ NEIRA VILAS

Xosé Neira Vilas(1928-2015). A súa literatura é de Carácter ruralista, ten diferente manerira de contar que os seus compañeiros de época. Describe a realidade dende unha maneira crítica. Emprega seres Marxinados sometidos a conflictos violentos tanto físicos como psicolóxicos Para contar as súas historias. Podemos clasificar a súa narrativa en cinco Grandes núcleos;

Primeiro núcleo;


Obras con protagonistas Infantís que viven na aldea. Destacamos “Memorias dun neno labrego”(1961)
o libro Máis lido da literatura galega e traducido a moitas linguas. De estrutura Sinxela, en boca dun neno que non se conforma con esa vida( tras Sufrir do pai un castigo humillante a causa dun enfrotamento co fillo do señor) vése Obrigado a emigrar. 

Segundo núcleo;


Narración na que o mundo Rural é observado dende o punto de vista do adulto, a sociedade campesiña, Marcada pola opresión e pola pobreza económica, cultural e ideolóxica. O Tratamento formal dos materiais narrativos é diverso, realista en “Xente Do Rodicio”. 

Terceiro Núcleo;


Mostran os problemas Xerados a causa da emigración forzosa: a morriña da terra, o illamento e as Dificultades de adaptación ao mundo urbano, a loita por saír da miseria

. “Historias de emigrantes” (1968)

Cuarto núcleo;


Narración centradas no Mundo urbano, visto desde unha perspectiva crítica.

Quinto núcleo;


Colección de estampas Líricas e de semblanzas.

Preguntas frecuentes

Quen son os principais narradores da posguerra galega?

O texto cita a Anxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Xosé Neira Vilas, entre outros. Cada un representa unha liña narrativa distinta.

Que é o realismo fantástico de Cunqueiro?

É unha narrativa que mistura un mundo de fantasía coa realidade cotiá. Elimina as fronteiras entre realidade e fantasía, e humaniza os seres máxicos.

De que trata Memorias dun neno labrego?

Trata dun neno de aldea que non se conforma coa súa vida. Despois de sufrir un castigo humillante do pai, vese obrigado a emigrar.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Quen escribiu "A lus do candil"?
2. Que obra de Eduardo Blanco Amor é o máximo expoñente do realismo social?
3. Que corrente define a narrativa de Álvaro Cunqueiro?
4. Quen escribiu "Memorias dun neno labrego"?
5. Cal é a primeira obra que rompeu o silencio da guerra, segundo o texto?
6. Que estrutura emprega "A lus do candil"?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.