Arredor de si de Ramón Otero Pedrayo e a narrativa da Xeración Nós
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,28 KB
Actualizado el
Resumen
O texto presenta a narrativa galega na época da Xeración Nós, co foco en Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao e Rafael Dieste. Explica a súa importancia na consolidación da prosa literaria galega, a revista Nós e as etapas ideolóxicas e obras máis destacadas de cada autor.
Puntos clave
- A Xeración Nós consolidou a prosa literaria galega e introduciu técnicas narrativas modernas da literatura europea.
- A revista Nós, creada en 1920, foi escaparate da produción galega da época e acolleu a intelectuais europeos.
- Vicente Risco fundou a revista Nós e a súa obra máis destacada é O porco de pé, considerada a primeira novela galega moderna.
- Ramón Otero Pedrayo foi líder intelectual do nacionalismo galego; as súas principais obras son Pantelas, home libre (1925), Os camiños da vida (1928) e Arredor de si (1930).
- Na narrativa de Otero aparecen repetidamente o campesiñado e a fidalguía, esta última protagonista de boa parte da súa produción.
- Castelao foi líder e símbolo do galeguismo, e destacan Un ollo de vidrio, Memorias dun esquelete, Cousas, Retrincos e Os dous de sempre.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
A narrativa na época Nós:
Os intelectuais da Xeración Nós consolidaron a prosa literaria galega. Nas novelas diversifican os temas e introducen técnicas narrativas modernas da literatura europea. Conseguen axeitar o idioma galego para facer prosa científica. Unha das contribución importantes vai ser a revista creada en 1920 e nela escriben intelectuais europeos e, así mesmo, serve de escaparate para toda a producción galega da época, os membros máis destacados son Vicente Risco (presi), Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Dieste, entre outros.
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963):
É o ideólogo e impulsor da Xeración Nós, e un dos intelectuais máis sobranceiros da nosa cultura durante a primeira metade do século XX. En 1920 funda a revista Nós, da que será director. Tamén intervén na creación do seminario de estudos galegos e logo xunto Otero Pedrayo fundao partido Nazonalista Republicán. Na súa evoluciónideolóxica distínguese 3 etapas, o pregaleguismo, despois o galeguismo e por último o posgaleguismo. A obra narrativa de Risco ten moito que ver co seu pensamento filosófico e adopta un caracter fundamental didáctico que rompe coa naración de tipo folclórico ou naturalista que e viña producindo ata ese momento en Galicia. A obra máis destacada foi "O porco de pé" que é unha parodia dun comerciante caractrizado con atributos porcinos que chega a ser alcalde da vila. Está considerada coma a primeira novela galega moderna. Vicente Risco emprega un galego dun xeito funcional, pero procurando afastarse do castelanismo. O escritor quedou na historia da nosa literatura por pasar dunha literatura ruralista a unha moito máis moderna.
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976): É xunto con Risco e Castelao, outro dos membros destacados da Xeración Nós e da nosa cultura ao longo da primeira metade do século XX. Fundou xunto con Risco o Partido Nazonalista Republicán e forma parte do Partido Galeguista. Foi un lider intelectual que pretendeuconcienciar a sociedade para que o nacioalismo se asentase en Galicia.
Desde o punto de vista ideolóxico podemos distinguir dúas etapasao longo da sua vida: pregaleguismo e galeguismo. Para él a especificidade de Galicia vén determinada por a terra, a raza, o catolicismo e a tradición. Otero revélase tardiamente como narrador. Na súa narrativa aparecen de forma repetitiva dúas clases sociais: campesiñado e fidalguía. Esta última será protagonista de boa parte da súa producción, debido á orixe fidalga do autor e ao seu convencemento de que debera ser a clase directora a que harmonizase tradición e progreso. As súas principais obras son: "Pantelas, home libre"(1925), "Os camiños da vida"(1928) e "Arredor de si"(1930).
Castelao (Rianxo,1886- Bos Aires,1950):
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao nace no seo dunha familia mariñeira. Logo dunha estadía de catro anos na Pampa arxentina, a donde emigrara seu pai, volve a Galicia con súa nai e as súas irmás, cursa o bacharelato por libre e matricúlase na Facultade de Mediciña en S.C. no ano 1903. En 1936 volve a ser deputado polo partido galeguista, integrado agora na Frente Popular, e participa afervoadamente na defensa do Estatuto de Autonomía. Castelao foi líder e o símbolo do galeguísmo. Ao longo da súa vida pódense distinguir tres etapas: Etapa gaeguista, E. das Irmandades e a E. política. A súa obra literaria, chea de humorismo, ten carácter fundamentalmente lírico ou sentimental e un propósito estético, se ben é certo que se pode apreciar unha indirecta intención didáctica encamiñada a mover a conduta dos lectores. Destacan UN ollo de vidrio, Memorias dun esquelete, Cousas, Retrincos, Os dous de sempre.
Nos seus escritos emprega unha linguaxe clara e viva. Castelao é un símbolo e un mito para os galegos, non só desde o punto de vista política ou ideolóxico, senon tamén como caricaturista e literato.
Rafael Dieste (Rianxo, 1899-1981):
A obra en galego de Dieste non é moi extensa e case toda ela está escrita na preguerra. A súa prosa é culta e innovadora, ainda que na súa base se encontran as formas e contidos da cultura oral. Destaca Dos arquivos do trasno.
Preguntas frecuentes
Cal é a obra máis destacada de Vicente Risco?
A obra máis destacada de Vicente Risco é O porco de pé, unha parodia dun comerciante con atributos porcinos que chega a ser alcalde da vila. Considérase a primeira novela galega moderna.
Que clases sociais aparecen na narrativa de Ramón Otero Pedrayo?
Na narrativa de Otero aparecen de forma repetida o campesiñado e a fidalguía. Esta última é protagonista de boa parte da súa produción, debido á orixe fidalga do autor.
Que etapas ideolóxicas se distinguen en Castelao?
Ao longo da súa vida distínguense tres etapas: a galeguista, a das Irmandades e a política.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.