A Normalización do Galego: Irmandades, Xeración Nós e a II República

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,58 KB

O Galego no Século XX: Normalización e Identidade

O Salto Cualitativo: Agrarismo e Nacionalismo

O uso do galego durante este período consegue dar un salto cualitativo decisivo que está relacionado coa aparición dun movemento reivindicativo do campesiñado (o Agrarismo) e o paso do rexionalismo ao nacionalismo.

Especialmente a partir deste movemento, nos primeiros anos do século XX, reflexiónase sobre a necesidade de que o idioma deixe de asociarse ao cultivo dunha poesía sentimental, costumista e folclórica. Pola contra, ten que ser unha lingua válida para tratar calquera tema e para calquera área de cultivo.

As Irmandades da Fala e a Identidade Colectiva

Coa aparición das Irmandades da Fala establécese unha relación directa entre idioma e identidade colectiva. A desaparición deste significaría a desintegración do pobo galego como tal.

Ao mesmo tempo que avanza o proceso normalizador, mantense a tendencia a aumentar a existencia dun bilingüismo de carácter diglósico que vai reducindo notablemente o número de monolingües en galego. Son dous fenómenos aparentemente contraditorios.

Obxectivos e Evolución das Irmandades

As Irmandades nacen para:

  • A defensa, dignificación e cultivo do idioma.

Dótanse dun órgano de expresión totalmente en galego: «A Nosa Terra».

En 1918, as Irmandades, sen abandonar o obxectivo lingüístico, formulan un plan máis amplo de recuperación política, social e económica de Galicia, que supón unha gran evolución ideolóxica e un salto ao plano político. Este plan acaba fracasando e impón a tendencia culturalista encabezada por Risco.

A Xeración Nós e a Universalización da Cultura Galega

Neste contexto xorde en Ourense en 1920 a revista Nós, na que se integran Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas... e que conta coa colaboración de Lousada Diéguez, Castelao, Blanco Amor e outros.

Para actualizar, normalizar e universalizar a cultura galega, os homes de Nós acollen nas súas páxinas:

  • Colaboracións de autores estranxeiros.
  • Traducións, informacións e noticias do que se facía noutras literaturas.

Pero tamén se preocupaban pola historia, xeografía, filosofía... amosando na práctica a validez do galego para o tratamento de todo tipo de asuntos.

O Seminario de Estudos Galegos (1923)

No terreo da ampliación e potenciación do uso da lingua na prosa científica e técnica ten unha importancia considerable o Seminario de Estudos Galegos (SEG), creado en 1923, que desenvolvería toda a súa actividade en lingua galega.

Foi creado por un grupo de mozos universitarios aos que axiña se lles engadiron profesores universitarios e os membros do grupo Nós, que colaboraron exercendo neles unha especie de tutela espiritual.

A República e a Recuperación Política (1931)

Coa instauración da República, o galeguismo recupera protagonismo. En decembro de 1931, créase en Pontevedra o Partido Galeguista, que pretendía conseguir a autodeterminación política para Galicia, o que se materializou na elaboración do Estatuto de Autonomía. O galego parecía volver a recuperar algunhas cotas de oficialidade.

Avance no Proceso Normalizador

O emprego do galego nestes ámbitos facía necesaria unha revisión da lingua para adaptala ás novas funcións. Nestes anos ten lugar un profundo avance no proceso normalizador.