Os Eoas de Pondal e a obra de Manuel Curros Enríquez

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,19 KB

Os Eoas de Eduardo Pondal

Existen probas documentais de que Pondal traballaba xa no que máis tarde, por volta de 1858, serían Os Eoas. O poeta faleceu sen que esta obra chegase a ver a luz. En Os Eoas atopamos, daquela, un verdadeiro compendio do mundo poético pondaliano posto ao servizo dun proxecto sintetizador. A través do heroe e da súa incomparable fazaña, Pondal une nun todo Galicia, España, Iberia e a vocación universalista de espallar o cristianismo na extensión dun novo continente. Os Eoas configúrase como unha verdadeira epopea fundacional.

Manuel Curros Enríquez

Aires da miña terra: caracterización e contidos

Poeta comprometido coa causa dos asoballados, sempre en defensa dos ideais progresistas e galeguistas. Curros cría con firmeza na función social do poeta: a obriga dos intelectuais consiste en permanecer ao lado do pobo.

A contraposición entre o atraso e o progreso configura un aspecto característico da obra currosiana. De aí a súa aposta decidida polo progreso material, toda vez que con el terán que chegar a luz e mais a liberdade. Curros amosa ao longo da súa obra unha actitude decididamente anticlerical, pois para el, a Igrexa permanecía completamente á marxe dos sufrimentos e penalidades do pobo.

Non é frecuente en Curros a temática costumista. De feito, o poeta chega a botar man dun motivo folclórico apenas para introducir un ambiente que logo trata dende unha perspectiva social. Ao longo da obra rexístrase un pequeno conxunto de textos de carácter intimista; non obstante, non deixan de xurdir en Curros as referencias contra a inxustiza.

O Divino Sainete

Constitúe un texto fundamental tanto na obra de Curros coma no conxunto das letras galegas. A liña argumental iníciase unha noite de Nadal, cando Curros se encontra en Madrid co espírito de Francisco Añón.

Curros configura un texto que camiña decontado na dirección da sátira e da farsa. A intención do poeta foi a de construír unha obra que significase un decidido ataque contra:

  • Carlistas
  • Frades corruptos
  • Antropófagos
  • Personaxes con nomes e apelidos