A Realidade Sociolingüística de Galicia: Diglosia e Normativización
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,75 KB
A Diglosia en Galicia: Orixes e Evolución Histórica
En Galicia a diglosia vén condicionada por factores históricos que se remontan a finais da Idade Media coa chegada dunha clase dirixente foránea (nobreza castelá), portadora dun idioma alleo ao conxunto da poboación galega, que se instala definitivamente no reinado dos Reis Católicos.
A partir deste momento asociouse o castelán coa lingua da cidade, da cultura, da riqueza e do progreso e o galego como lingua de aldea, incultura e pobreza. Ademais, ao non gozar dos privilexios do castelán, o galego dialectalizouse, vulgarizouse e, sobre todo, castelanizouse durante cinco longos séculos. En Galicia a diglosia está caracterizada polo emprego de códigos diferentes segundo os ámbitos sociais de uso, os contextos ou as situacións e os interlocutores.
Estereotipos e Prexuízos Lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos son as preferencias ou rexeitamentos que sentimos por fonemas, palabras ou linguas enteiras. Os estereotipos lingüísticos son as crenzas simplificadoras sobre as linguas e os seus falantes.
En sociedades multilingües os prexuízos poden afectar a linguas enteiras que cargan eses valores aos grupos que as falan. Así, unha lingua gozará de prestixio se o grupo que a fala posúe prestixio e carecerá del se o grupo que a fala é visto negativamente. Na sociedade galega, como consecuencia do conflito lingüístico e do bilingüismo diglósico, difundíronse estereotipos negativos que afectan non só a trazos do galego como as vogais semipechadas, a entoación, a gheada e o seseo, senón tamén á propia lingua galega que se caracteriza como simple e incompleta, que soa mal, inútil para as necesidades da vida moderna... etc. fronte o castelán, caracterizado como lingua completa, moderna e cosmopolita.
Historia da Normativización: A Estandarización no Século XX
Aínda que existiron intentos anteriores, ata 1982 a lingua galega careceu dunha variedade estándar. Nese ano, a RAG (Real Academia Galega) e o ILG (Instituto da Lingua Galega) publicaron as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aínda que non foron plenamente aceptadas por todos os sectores sociais interesados na normalización da lingua.
Con respecto a estas normas houbo dúas posturas:
- A dos mínimos: que estaban próximas á proposta da RAG;
- E a dos reintegracionistas: