Poesía galega: Antón Tovar, Promoción de Enlace e Xeración dos 50

Lengua y literaturaActualizado el 5,35 KB

Resumen

O texto repasa a poesía galega do século XX, con autores como Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé María Díaz Castro, Luís Pimenel, Antonio Tovar, Manuel Cuña Novás e Luz Pozo Garza. Tamén describe a Promoción de Enlace e a Xeración dos 50, co seu desarraigamento, a “Escola de Tebra” e a renovación temática e formal. O alumnado aprenderá as temáticas e características principais de cada grupo.

Puntos clave

  • A Promoción de Enlace agrupa escritores dos anos vinte que serviron de nexo entre os poetas anteriores e os novos.
  • Antonio Tovar combinou a intención social coa poesía de corte intimista (Arredores, Non).
  • A Xeración dos 50 non viviu directamente a Guerra Civil, realizou estudos universitarios e comprometeuse coas liberdades e a situación de Galicia.
  • A tendencia dos primeiros libros da Xeración dos 50 chámase “Escola de Tebra”, pola súa visión atormentada da vida.
  • Na década dos 60, os autores da Xeración dos 50 denuncian a falta de liberdades, influídos por Longa noite de pedra de Celso Emilio.
  • Uxío Novoneyra cultivou poesía paisaxística (Os eidos), amorosa (Muller pra lonxe) e social (Poemas caligráficos).

Ponte a prueba

(36)Aquilino Iglesia Alvariño escribiu unha poesía na que a paisaxe está humanizada e chea de resonancias clásicas, con temáticas como a soidade, o paso do tempo e a morte.(Cómaros Verdes,De día a día). Xosé María Díaz Castro publicou Nimbos. A súa obra ten como temas recorrentes o amor, a morte, a vida, a nostalxia da infancia perdida e o forte arraigamento coa terra, así como a relixiosidade. Luís Pimenel. (Triscos,Sombra do aire na herba), a súa poesía céntrase nas pequenas cousas do mundo cotián e caracterízase por unha visión pesimista da vida que contrasta coa descrición de ambientes finos.

Poetas da Promoción de Enlace. Denomínase a un grupo de escritores dos anos vinte que serviron de nexo entre os poetas anteriores e os novos. Antonio Tovar conxugou a intención social xunto cos poemas de corte intimista (Arredores,Non). Manuel Cuña Novás supuxo a aparición dunha nova poesía que adoptou a nosa poesía á corrente filosófica de existencialismo (Fabulario novo). Luz Pozo Garza escribe unha poesía que dialoga co pensamento clásico e mais coa tradición poética galega previa, con altas doses de intimismo, existencialismo e culturalismo (Concerto de outono, Códice calixtino).

Xeración dos 50. Comparten unhas características xeracionais comúns: non viviron directamente a Guerra Civil, realizaron estudos universitarios e comprometéronse coas liberdades e coa situación de Galicia, protagonizaron unha fonda renovación temática e formal. Nos primeiros libros destes autores apréciase unha poesía de desarraigamento e angustia, presidida polo conflito da persoa consigo mesma e coa vida. Esta tendencia denominouse “Escola de Tebra”, pola visión atormentada da vida que ofrecía. Na década dos 60 denuncian a falta de liberdades influídos por Longa noite de pedra de Celso Emilio. Uxío Novoneyra escribiu poemas paisaxísticos (Os eidos), amorosos (Muller pra lonxe) e social (Poemas caligráficos) son case sempre composicións breves de grande intensidade; uso de fonosimbolismo e a preocupación pola disposición espacial e a tipográfica dos versos. Antón Avilés de Taramancos, poesía vitalista, chea de imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza, nos que é salientable o alento épico, ás veces con resonancias mitolóxicas, xunto con outros poemas de amor ou de reflexión sobre a vida e o paso do tempo (Cantos caucanos).

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é a Promoción de Enlace?

É un grupo de escritores dos anos vinte que serviron de nexo entre os poetas anteriores e os novos.

Por que se chama “Escola de Tebra” a unha tendencia da Xeración dos 50?

Denominouse así pola visión atormentada da vida que ofrecían os primeiros libros destes autores, de desarraigamento e angustia.

Que temas tratan os poemas de Antón Avilés de Taramancos?

A súa poesía é vitalista, con imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza, alento épico e poemas de amor ou de reflexión sobre a vida e o paso do tempo.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que grupo de escritores dos anos vinte serviu de nexo entre os poetas anteriores e os novos?
2. Que combinou Antonio Tovar na súa obra?
3. Por que os autores da Xeración dos 50 son considerados diferentes?
4. Que influencia recibiron os autores da Xeración dos 50 na década dos 60?
5. Que características ten a poesía de Uxío Novoneyra?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.