Determinantes, demostrativos e posesivos en galego: usos e valores

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,92 KB
Actualizado el

Resumen

O documento repasa os usos e valores do artigo como determinante, dos pronomes demostrativos e dos posesivos en galego. Inclúe tamén o texto expositivo, a súa tipoloxía e a súa estrutura, así como os valores dos tempos dos modos indicativo e subxuntivo.

Puntos clave

  • O substantivo sen artigo adopta sentido xenérico, mentres que co artigo refírese a un elemento concreto e definido.
  • Os demostrativos fan referencia a tres persoas gramaticais e poden ter valor deíctico, anafórico ou catafórico.
  • O posesivo acompaña ao substantivo e soe ir anteposto a el, con valores enfático, distributivo, de respecto e de familiaridade.
  • O texto expositivo aporta información rigorosa e obxectiva e clasifícase en secuencial, descritivo e argumentativo.
  • A estrutura máis común do texto expositivo é introdución, desenvolvemento e conclusión ou resumo.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Funcións e Usos dos Determinantes

ARTIGO: DESEMPEÑA A FUNCIÓN DE DETERMINANTE. USOS: Cando un substantivo non vai acompañado de artigo, está tomado en sentido xenérico e designa a toda a categoría, mentres que se leva artigo fai referencia a un elemento concreto e definido. En ocasións a ausencia adquire un valor partitivo.

  • Con antropónimos: expresan familiaridade ou afecto.
  • Con topónimos: levan artigos os nomes de ríos, montes... Cando designan unha soa illa poden levar ou non. As comarcas e os países levan normalmente.
  • Levarán artigo os termos nós e vós seguidos dun cuantificador derivado.

VALORES:

  • Valor posesivo (V. posesivo): con obxectos, partes do corpo ou substantivos.
  • Valor demostrativo (V. demostrativo): pode aparecer en frases preposicionais.
  • Valor distributivo (V. distributivo): equivalente a "cada" con substantivos de peso.

Pronomes Demostrativos

DEMOSTRATIVO: Fan referencia a tres persoas gramaticais. Teñen valor deíctico exofórico e valor anafórico ou catafórico.

USOS, ETC: (É posible que vaia acompañado doutros pronomes)

  • Aquel/a funcionan como substantivos con diferentes significados.
  • Daquela pode funcionar como adverbio de tempo.
  • Niso, nestas, con iso, con estas tamén teñen valor adverbial.
  • A iso adquire valor de aproximación temporal.
  • Con esas, por esas, esta... indican indeterminación.

Pronomes Posesivos

POSESIVO: Indican relación referencial coas diferentes persoas gramaticais. Noutros casos indican pertenza. O posesivo funciona como modificador ou núcleo.

COLOCACIÓN, USOS E VALORES: O posesivo acompaña ao substantivo e soe ir anteposto a este.

Valores do Posesivo

  • Posesivo enfático ou de propiedade exclusiva.
  • Posesivo distributivo.
  • Posesivo de respecto.
  • Posesivo de familiaridade.

O Texto Expositivo

O TEXTO EXPOSITIVO: Aporta información de forma rigorosa e obxectiva sobre un tema. É un texto explicativo que encontramos na vida cotiá.

Tipoloxía do Texto Expositivo

TIPOLOXÍA: Hai dous tipos:

  1. Segundo o medio de transmisión poden ser orais ou escritos.
  2. Segundo a forma de presentar a información, hai tres tipos:
  • Exposición secuencial dos acontecementos na súa orde cronolóxica.
  • Exposición descritiva, presenta a información ao tempo que vai explicando ou describindo.
  • Exposición argumentativa: atópase a medio camiño entre a exposición dun feito e a argumentación sobre este.

Trazos Formais e Estrutura

TRAZOS FORMAIS:

  • Definir claramente o tema.
  • Expoñelo con orde, claridade, precisión...
  • Na exposición escrita debe organizarse a información ben.
  • Na exposición oral bótase man dos recursos da entoación, pausas...

Estrutura máis común:

  • Introdución do tema.
  • Desenvolvemento ou explicación.
  • Conclusión ou resumo.

Valores dos Modos Verbais

VALORES DE MODOS DOS VERBOS:

Modo Indicativo

INDICATIVO:

  • Presente: (levo) Acción coincidente co momento da enunciación.
  • Copretérito: (levaba) Coincidencia cun tempo pasado.
  • Pretérito: (levei) Anterior ao momento de enunciación.
  • Antepretérito: (levara) Retrospección no pasado.
  • Futuro: (levarei) Prospección, probabilidade.
  • Pospretérito: (levaría) Probabilidade no pasado.

Modo Subxuntivo

SUBXUNTIVO:

  • Presente: (leve) Rogos, desexos, maldición ou exclamación.
  • Pretérito: (levase) En referencia a un pasado pode indicar anterioridade.
  • Futuro: (levar) Tempo de uso culto ou literario.

Preguntas frecuentes

Que valor ten o artigo cando acompaña a un substantivo?

Cando un substantivo vai acompañado de artigo, fai referencia a un elemento concreto e definido. Sen artigo, o substantivo está tomado en sentido xenérico e designa toda a categoría.

Cales son os tres tipos de exposición segundo a forma de presentar a información?

Son a exposición secuencial, que presenta os acontecementos na súa orde cronolóxica; a descritiva, que presenta a información explicando ou describindo; e a argumentativa, que se sitúa entre a exposición dun feito e a argumentación sobre el.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Segundo o texto, que indica o substantivo sen artigo?
2. Cantas persoas gramaticais refiren os pronomes demostrativos?
3. Cal é a posición habitual do posesivo respecto ao substantivo?
4. Que tipo de exposición presenta a información na súa orde cronolóxica?
5. Cales son as tres partes da estrutura máis común dun texto expositivo?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.