Prosa Galega 1936-1975: Renovadores e Novas Tendencias

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,33 KB

A Prosa entre 1936 e 1975: Os Renovadores da Prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro, Neira Vilas)

Como consecuencia da Guerra Civil, a literatura galega deixa de existir como manifestación pública durante máis dun decenio. Escríbense no exilio a maioría das novelas.

Hai unha liña de continuación da prosa da Xeración Nós. Carballo Calero, autor da primeira novela de posguerra, é A xente da Barreira.

Liñas temáticas e estilísticas

  • O realismo fantástico, representado pola obra de Á. Cunqueiro. Trátase dunha literatura que mestura elementos.
  • O realismo popular, representado por Ánxel Fole. O popular ascende á categoría de culto a través dun texto que nunca se afasta do relato oral, da xeografía luguesa, da lingua dialectal.
  • O realismo social, representado por E. Blanco Amor. Situadas no Ourense de principios do s. XX, plasman a vida das clases obreiras ou marxinais, denunciando as inxustizas que padecen.
  • O realismo rural, representado por Xosé Neira Vilas, coñecedor de primeira man das penurias da vida labrega, non exento de denuncia.

Ao mesmo tempo nacerá a Nova Narrativa Galega da man dos autores máis novos, como Ferrín, Mourullo ou Casares, unha prosa totalmente diferente e moderna.

ÁLVARO CUNQUEIRO

  • Mestura de realismo e fantasía: Personaxes da literatura universal (Merlín, Sinbad...) comparten con xentes do pobo galego vivencias.
  • Predominio da oralidade no estilo: Cheo de apelacións ao oínte, comentarios do narrador, alusións ás fontes...
  • Tendencia á disgregación da novela: Non hai unha estrutura clásica de presentación, senón unha técnica de relato dentro do relato, ou relatos sucesivos cun débil fío argumental.

Merlín e familia. Recreación da materia de Bretaña desde a particularidade dunha perspectiva galega.

Escribiu tamén libros de semblanzas.

ANXEL FOLE

A súa obra está formada case exclusivamente por libros de contos (os principais Á lus do candil), ambientados nesas montañas de Lugo e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares que se contaban antes. Tamén os temas seguen esa tradición oral: contos de lobos, de aparecidos e premonicións da morte; de lendas populares (a Santa Compaña...) combinados cun agudo sentido do humor.

EDUARDO BLANCO AMOR

Debemos destacar as súas dúas novelas:

  • A esmorga: Participa da renovación na narrativa galega da época, tanto na temática como na forma (técnica telefónica).
  • Xente ao lonxe: É unha radiografía do Ourense de principios de século a través da experiencia dun grupo de traballadores.

XOSÉ NEIRA VILAS

Está moi afastado dos autores da NNG. Podemos clasificar a súa obra en torno a dous focos:

Galicia interior

Plasman a sociedade campesiña. A máis sobresaínte é Memorias dun neno labrego.

Galicia emigrante

Mostran os problemas xerados a causa da emigración forzosa: Historias de emigrantes.

Tamén escribiu literatura infantil: Espantallo amigo.