Lingua e Literatura Galega: Dos Séculos Escuros á Ilustración

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,19 KB

Os Séculos Escuros

Contexto Histórico e Cultural

Durante os séculos XVI e XVII, os cargos máis importantes da Administración son exercidos en Galicia por xente de fóra, que descoñece a lingua e os costumes.

A Real Audiencia de Galicia é a encargada de gobernar, e Galicia divídese primeiro en cinco provincias e máis tarde en sete.

O principal sostén galego durante o Antigo Réxime é a agricultura.

Estrutura Social

A estrutura social é estamental:

  • Estratos superiores: A nobreza e o clero.
  • Masa traballadora: O campesiñado.

A maioría da propiedade atópase en mans dos sectores privilexiados, tanto en réxime de foro (cesión a longo prazo) como de arrendamento (cesión a curto prazo).

Desgaleguización e Crise

A nobreza galega achégase a Castela e faise cortesá xa desde o reinado dos Reis Católicos, sufrindo un proceso de desgaleguización que se fará patente no século XVI.

As clases populares sufrirán unha situación especialmente grave: os campesiños vense abocados á miseria. Isto provoca continuas revoltas, enfrontando a campesiños e señores.

Situación da Lingua

Desde o século XVI ata o XIX case non se escribirá en galego, situación que sumirá a lingua nun estado dialectal. As clases urbanas comezan a falar en castelán e prodúcese a castelanización dos topónimos e antropónimos.

Mentres Castela e Portugal dispoñen das súas primeiras gramáticas e dunhas literaturas importantes, a produción literaria culta galega é practicamente inexistente.

A Literatura Escrita dos Séculos Escuros

Conservamos moi poucas mostras desta época.

Poesía Anónima Tradicional

Ao desaparecer a lingua galega na escrita cos últimos trobadores, o único que pode pervivir é un tipo de literatura de carácter popular e tradicional. Só quedan escasas mostras de poesía tradicional e poesía de temas históricos ou de circunstancias.

Poesía de Temas Históricos ou de Circunstancias

O «Pranto da Frouseira» é un poema de 32 versos no que un poeta pon en boca da propia fortaleza os lamentos pola morte do Mariscal Pedro Pardo de Cela e do seu fillo, decapitados na praza maior de Mondoñedo por rebelarse contra os Reis Católicos.

Poesía Académica

As poucas mostras de literatura culta que conservamos da época teñen escaso valor literario.

Poesía Renacentista

  • O “Soneto de Monterrei”: Composición anónima. É un poema dialogado, semellante a unha pastorela, no que un cabaleiro lle declara o seu amor a unha pastora.
  • Outro texto renacentista conservado é un soneto da condesa de Altamira, poema dedicado a Alonso de Ercilla.

Poesía Barroca

No volume dedicado ás Exequias á Raíña Margarida de Austria, publicado para lamentar a morte da esposa de Felipe II, hai dúas composicións en galego:

  • O soneto «Respice finem», do médico Pedro Vázquez de Neira.
  • O «Soneto con falda» de Xoán Gómez Tonel.

Tamén do século XVI son as «Décimas ao Apóstolo Santiago» nas que o crego Martín Torrado critica con fina ironía a pretensión de Felipe IV de que santa Teresa compartise o padroado de España co Apóstolo. Por último, conservamos algunhas composicións das Festas Minervais, certames literarios que se viñan celebrando anualmente na universidade de Santiago.

Poesía Relixiosa (Vilancicos)

Entre os séculos XVI e XIX, os vilancicos de Nadal e Reis en galego abundaron por toda Galicia. As súas características son:

  • A galeguización de personaxes e motivos (o contorno, o Neno, seus pais, Deus, os instrumentos populares... son galegos).
  • O uso do paralelismo.
  • A combinación de elementos populares e cultos.

A maior parte destas composicións son anónimas, pero tamén as hai de autor coñecido. En Galicia consérvanse nos arquivos das catedrais de Compostela e Mondoñedo.

Teatro

A primeira peza teatral que conservamos en galego é o Entremés famoso sobre pesca no río Miño ou Contenda dos labradores de Caldelas. A obra, de ton humorístico e final feliz, trata do conflito que se produce entre galegos e portugueses pola pesca con redes no río Miño.

A Ilustración

Foi un movemento cultural que se produciu en toda Europa ao longo do século XVIII (encheu o mundo de luces, abriulle os ollos a moita xente e o seu lema era “atrévete a saber”).

Características da Ilustración

As características son a exaltación da razón, o cultivo das ciencias, o estudo das humanidades e a preocupación polas linguas modernas e pola educación.

Obxectivo dos Ilustrados Galegos

O obxectivo dos ilustrados galegos é tentar superar o estado de atraso económico, social e cultural. Para iso propoñen un programa reformista que mellore o sistema produtivo e fúndanse a Academia de Agricultura do Reino de Galicia e as Sociedades Económicas de Amigos do País.

No plano cultural aparecen voces que defenden a lingua galega e intentan mellorar o nivel educativo dos rapaces mediante o uso desta na escola.

Autores Destacados

  • Frei Benito Xerónimo Feixoo: O Padre Feixoo non deixou textos escritos en galego, pero defendeu a dignidade da lingua galega negando a súa condición de dialecto do castelán.
  • O Padre Sarmiento: Foi un gran defensor da lingua e cultura galegas. Propoñía que os escolares aprendesen na lingua materna e criticaba a castelanización da Igrexa.
  • Xosé Andrés Cornide Saavedra: Ocupou diversos cargos de prestixio e dedicou estudos á historia, xeografía, á educación e á pesca. Entre as súas obras en galego destaca un soneto dedicado «A Filida».
  • Diego Antonio Cernadas e Castro: Foi o máis fértil dos poetas do século XVIII. Poeta tamén en castelán, os seus versos en galego son ou satíricos ou de circunstancias.
  • Padre Sobreira: Grande estudoso do noso idioma, é autor de Idea de un diccionario de la lengua gallega, do que unicamente preparou as letras A e B.

As Variedades Dialectais da Lingua Galega

Isoglosa

Liña imaxinaria que sinala o límite entre a presenza e a ausencia dun fenómeno lingüístico.

Bloques Dialectais

Bloque Occidental

Ocupa a parte occidental das provincias da Coruña e Pontevedra.

Características
  • Plural en -óns.
  • Gheada.
  • Seseo.
  • Ditongo -oi (noite, moito).
  • Terminación -án (meu irmán / miña irmán).
  • Pronome ti.
Áreas do Bloque Occidental
  • Área Fisterrá: Seseo total (explosivo). Cheísmo.
  • Área Bergantiñá: Seseo parcial (implosivo). Non hai cheísmo.
  • Área Pontevedresa: Seseo parcial e na costa total. Non hai cheísmo.

Bloque Central

Abrangue as metades orientais da Coruña e Pontevedra e a case totalidade de Lugo e Ourense.

Características
  • Plural en -os.
  • Gheada (só na parte occidental).
  • Non hai seseo.
  • Ditongo -oi.
  • Terminación -ao/-á (irmao/irmá).
  • Pronome ti (occidental) / tu (oriental). Exemplo: Ti / tu que queres?
  • Ditongo -cua/-ca (cuando/cando).

Bloque Oriental

Comprende a parte máis oriental das provincias de Lugo e Ourense, así como as do galego exterior (occidente de Asturias e de León e Zamora).

Características
  • Plural en -ois.
  • Nin gheada, nin seseo.
  • Ditongo -ui/-u (muito/muto).
  • Terminación -ao/-á (irmao/irmá).
  • Pronome tu (tu que queres?).
  • Ditongo -cua/-gua (guardar, cuando).
  • Terminación -ín frecuente (camín, pequenín).
Áreas do Bloque Oriental
  • Área Asturiana: Mantén o -l- intervocálico (molín), artigo el.
  • Área Ancaresa: Gheada, cheísmo.
  • Área Zamorana: Formas como noute, muto... Diminutivos en -iño.

Detalle da Área Fisterrá

Seseo explosivo (sinco, faser), cheísmo (non che vin).

Subáreas da Área Fisterrá
  • Xallas: Ditongo ui (muito, nuite). Formas colliu, partiu.
  • Tambre-Barbanza: Ditongo oi (moito, coiro). Formas colleu, parteu.
  • Bembibre: Ditongo oi (moito, coiro). Vocal temática i (colliu, partiu). Sen cheísmo (vinte onte).
  • Compostelá: Ditongo oi (moito). Formas colleu, parteu. Terminación -ao (ou -án) de irmao.