Bloques dialectais do galego: gheada, seseo e ditongos
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,91 KB
Bloque occidental
En xeral, os trazos propios deste bloque son considerados máis innovadores que os doutros bloques. Dentro deste bloque localízanse as áreas fisterrá, bergantiñá e pontevedresa.
Características
- Gheada: fenómeno que consiste na pronunciación aspirada do /g/ en calquera posición: ghato, algho...
- Seseo: fenómeno consistente na inexistencia do fonema /θ/; no seu lugar existen dous tipos de /s/ (un apical e outro predorsal). Segundo a posición, distínguense dous tipos de seseo:
- Implosivo: en posición final de sílaba: lus, des, rapás, etc.
- Explosivo: en posición inicial de sílaba: sebola, faser, etc.
- Ditongo oi: convive ao lado de ui, que proveñen dos grupos latinos –ult-, -uct-, -oct-, -ori- (área fisterrá e sur de Pontevedra): noite, troita, loita, moito, coiro, nuite (só fisterrá), truita, luita, cuiro.
- Mantemento do ditongo ai diante de -x: caixa, baixo.
- Eliminación da U do grupo cua: catro, cando, cal.
Bloque central
É, xeograficamente, o máis amplo. A lingua empregada neste bloque presenta os trazos máis heteroxéneos. Esténdese polo nordeste e interior da provincia da Coruña, polo interior da provincia de Pontevedra e por case a totalidade das provincias de Lugo e Ourense.
- Presenza de gheada na zona occidental.
- Ausencia case total de seseo, isto é, distinción entre /θ/ e /s/.
- Ditongo oi: noite, troita, loita, moito, coiro.
- Mantemento do ditongo ai diante de x: caixa, baixo.
- Comezo da palabra ca-: (salvo no centro-sur de Ourense, que é cua-): catro, cando, cal.
Só dúas das catro áreas deste bloque presentan trazos dialectais específicos de relevancia:
- Área mindoniense: pronomes nosoutros / nosoutras. Presenta maior orixinalidade no léxico.
- Área lucu-auriense: formas dos demostrativos iste, ise, aquil; pronome persoal il.
Bloque oriental
Comprende a parte máis oriental das provincias de Lugo e Ourense. En xeral, as áreas deste bloque presentan trazos máis conservadores da lingua galega. Neste bloque localízanse catro áreas: asturiana, ancaresa, oriental central e zamorana.
- Inexistencia de gheada.
- Ausencia de seseo.
- Ditongo ui: ao lado de outras solucións: truita, luita, mutio, muto.
- Redución do ditongo ai diante de x: caxa.
- Ditongo -ua- no comezo da palabra cua-: cuatro, cual, cuando.
Outros trazos relevantes, de extensión máis reducida, localízanse nas áreas do bloque oriental:
- Área asturiana: mantemento do -l- intervocálico: avolo (por avó); molín (por muíño); calente (presente tamén no linde León–Galicia).
- Área ancaresa: vogais nasalizadas: cadea, ua; restos de gheada.
- Área zamorana: teísmo (uso de te como obxecto indirecto — OI): eu non te dou iso.