Méndez Ferrín e Carlos Casares na Literatura Galega Contemporánea
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,09 KB
Introdución á Nova Narrativa Galega (NNG)
A partir da segunda metade da década dos 50 e ao longo dos 70, apareceron no panorama literario outros autores, relacionados coa Nova Narrativa Galega (NNG). Entre eles destacan: Xohán Casal, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Méndez Ferrín, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán e Carlos Casares.
A NNG está formada por un grupo de autores con obras contrapostas ás do período anterior por teren asimilado os procesos narrativos do século XX. Pretenden inaugurar un novo xeito de narrar.
Os autores da NNG incorporaron os procedementos renovadores dalgúns dos narradores máis destacados (James Joyce, Franz Kafka, William Faulkner, Albert Camus).
Características e Técnicas da NNG
As novas técnicas incidiron sobre o estatuto do narrador, o tratamento espazo-temporal e a intriga.
- O narrador: Destaca o monólogo interior, que capta o libre fluír da consciencia dos personaxes.
- O tratamento espazo-temporal: Foi un período de experimentación, coa presenza dunha atmosfera estraña.
- A intriga: A intriga externa perde relevancia, xa que moitas veces «nunca ocorre nada». Exemplo: A madalena, de Proust.
Fases da Nova Narrativa Galega
Algúns críticos distinguen as seguintes fases:
- Fase de aparición: Representada por obras como Nace unha árbore e Percival e outras historias.
- Fase de consolidación: Exemplo: O crepúsculo e as formigas, de Ferrín.
- Fase de predominio da técnica obxectalista: Representada nas obras Arrabaldo do norte ou Cambio en tres.
- Fase de peche: Representada por obras como Adiós, María.
Autores Destacados
Xosé Luís Méndez Ferrín
Méndez Ferrín é coñecido por ser un nacionalista radical, polémico e apaixonado.
Obra Narrativa de Ferrín
- Percival e outras historias: O seu primeiro libro.
- O crepúsculo e as formigas: A súa segunda colección de relatos. Insiste na creación dun ambiente de terror, predomina o monólogo interior, a ruptura temporal e a técnica cinematográfica.
- Arrabaldo do norte: A primeira novela de Ferrín. Emprega a técnica obxectalista; a acción dilúese para representar lugares, obxectos e os inseguros movementos dun home perdido polas rías dunha cidade allea, sen saber quen é e que busca.
- Outras obras serían Arnoia e Arraianos.
Características da narrativa ferriniana
- Constante flutuación entre o real e o ficticio.
- Predominio da violencia e da morte.
- Abundancia de espazos pechados.
Carlos Casares
A súa obra marca un punto de inflexión na NNG, que centraba os seus esforzos na experimentación técnica e en aludir ao realismo.
Obras de Carlos Casares
- Vento Ferido: Sinala o inicio da súa carreira narrativa, destaca o sufrimento vital.
- Cambio en tres: É a primeira novela deste autor; hai experimentalismo e un certo realismo crítico.
- Os escuros soños de Clío: Premio da Crítica, baseado en textos apócrifos, trata sobre a historia de Galicia.
- Hustrísimo: Terceira novela, refire as inquedanzas, a xenreira e a derrota dun bispo ante a intolerancia da curia catedrática.
Características da narrativa de Carlos Casares
As primeiras obras reflicten as crises da adolescencia e mocidade, marcadas por un tempo de prohibición e intolerancia. A partir de Os escuros soños de Clío, opta por:
- A recreación imaxinativa de diferentes momentos históricos.
- As figuras eclesiásticas, que encarnan os contraditorios valores e actitudes dos seres humanos, o sufrimento e a morte producidos polas tensións humanas.
O estilo de Casares caracterizouse polo dominio da forma breve e o emprego dunha linguaxe clara e traballada.