O Primeiro Terzo do Século XX na Cultura Galega: Modernización e Cambio
Enviado por sariguari y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,91 KB
O primeiro terzo do século XX representa na cultura galega un período de modernización debido a unha serie de cambios políticos, culturais e sociais que comentaremos a continuación.
Aspectos Sociais
Para comezar, trataremos os aspectos sociais neste momento. Por unha parte, o agrarismo (1907-1923), movemento que reivindicaba melloras nas condicións vitais dos campesiños, coa súa principal organización Solidariedade Galega, dirixida por Basilio Álvarez, consegue a redención dos foros e a perda de poder da fidalguía. Por outra parte, a emigración, o éxodo rural e a aparición da burguesía industrial e comercial incentivan o desprestixio do idioma galego fronte ó castelán, xa que este era utilizado pola poboación máis podente e reducía así o galego ó ámbito rural e á pobreza.
Avances en Política e Cultura
En canto ós avances en política e en cultura, en primeiro lugar destacaremos a creación da Real Academia Galega, institución dedicada ó estudo e a defensa da lingua galega, que non obstante, non obtivo moitos logros. En segundo lugar, o nacemento das Irmandades da Fala provoca un gran cambio cultural.
En segundo lugar, a creación do Seminario de Estudos Galegos (1923) supuxo a normativización da lingua, pois aínda que os primeiros intentos corresponden ó final do século XIX, non é ata 1933 que Algunhas Normas para a unificación do Idioma Galego é publicado.
En terceiro lugar, destacaremos a importancia da creación da revista Nós, en torno á que se aglutina un grupo de escritores chamado a xeración Nós, que conseguiu unha tremenda modernización na cultura galega a través, sobre todo, do desenvolvemento literario. Así pois, a publicación supón a renovación e a internacionalidade da nosa literatura. Escrita integramente en galego, contiña traballos científicos, traducións, colaboracións, críticas de libros e creacións literarias. De igual xeito, a progresiva internacionalización permitiu o acceso das vangardas, que pretendían instaurar unha nova concepción das artes en Galicia.
Nacionalismo Galego e Conclusións
Por último, moitos escritores da época pertencen ó nacionalismo galego, un movemento de defensa e exaltación dos valores e dereitos culturais, económicos e políticos do pobo galego. A causa disto, xorde en 1931 o Partido Galeguista, no que cohabitan diferentes tendencias. Con todo, os diversos sectores do galleguismo colaboran na campaña do referéndum do Estatuto de Autonomía de 1936.
En resumo, esta etapa supón unha nova orientación e un carácter máis cosmopolita para a cultura galega. Porén, os avances políticos e sociais foron moi escasos, non indo máis aló de intentos.