A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,29 KB
TEMA 1. A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA
Primeiros anos do século XX
Estancamento cultural que cambia a partir de 1916 coa
Aparición das Irmandades da Fala.
Asociacións culturais e
Políticas nacionalistas que teñen o obxectivo de fomentar e
Dignificar o uso do galego, que levaron a cabo un labor máis amplo:
No eido político, cultural e da normalización do galego.
Os poetas das Irmandades Colaboran cos dous grandes movementos sociopolíticos: nas súas Obras son temas habituais a defensa de Galicia e as reinvindicacións Dos campesiños.
A maioría dos autores da
época escribe unha poesía realista e tradicional, dominada polo
Paisaxismo e polo costumismo rural (da ideoloxía agrarista).
Destacan Crecente Vega, Codeseira;
Victoriano Taibo, Abrente;
Álvarez Limeses, dá nome á promoción con Antre
Dous séculos;
López Abente en Escumas
Da ribeira ou
Nemancos (temas
E paisaxes mariñas).
As voces + representativas Son Noriega Varela e Ramón Cabanillas, que fan unha Posta ao día desas tendencias, e incorporan outras, especialmente do Modernismo.
NORIEGA VARELA:
poeta
Máis destacado da liña tradicional. Toda a súa poesía recolleuse
Nun único volumen, Do ermo,
(anteriormente Montañesas).
Tema
A paisaxe montañesa do interior de Lugo, Dominada polo ermo. Nos poemas desta obra apreciamos unha dobre Evolución:
temática, as Primeiras composicións tratan do costumismo ruralista (na vida Campesiña). As composicións posteriores cambian ao lirismo da Natureza: a presenza humana redúcese á soidade do poeta nesa Natureza. (salienta a actitude franciscanista, admiración ante os Elementos máis humildes da paisaxe.
Formal:
lingüística E estilisticamente, as primeiras composicións son Poemas breves escritos co falar popular dos labregos cunha métrica Popular e tradicional. + adiante, hai un maior coidado da forma, con Linguaxe e métrica cultas.
RAMÓN CABANILLAS:
Gran poeta da época, voceiro do galeguismo e do agrarismo. Combina
Tradición e renovación, ao fusionar a poesía cívica co
Modernismo. A súa produción poética dividise en dúas categorías:
Na poesía lírica Destacan No desterro, Vento Mareiro e Da terra asoballada. A Rosa de cen follas e Da miña zanfona. Nestas obras trata as tres grandes Liñas temáticas:
intimista, Cívica e Costumista.Na poesía narrativa, Escribe Na noite estrelecida, Longo poema estruturado en tres sagas; A Espada Escalibur, O Cabaleiro do Santo Grial e O Soño do rei Artur. Que fusionan distintos temas:
A materia de Bretaña, o celtismo, a ideoloxía nacionalista das Irmandades e o idealismo cristián.Esta obra é o gran poema Mítico e simbólico do galeguismo. O obxectivo era adaptar a lenda Medieval para defender a mensaxe nacionalista das Irmandades (todo Aparece galeguizado). Na forma destaca o uso dunha Linguaxe baseada nunha escolla léxica exquisita, eleva o galego ata Un nivel culto e literario.
Estilísticamente, o preciosismo, A luz e o luxo sensorial ateigan a obra, a descripción domina a Obra e úsanse os versos alexandrinos, apenas interrompidos por Hepta e octosílabos, para darlle solemnidade á obra.