A lírica medieval galego-portuguesa: Cancioneiros e xéneros

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,89 KB

Exame de Lingua e Literatura Galega: 1ª avaliación

A transmisión do lirismo medieval: os cancioneiros

Na actualidade coñecemos un total de 1679 cantigas profanas compostas por uns 1601 trobadores e xograres. Todos estes textos chegan ata nós a través dunha serie de cancioneiros, follas soltas e fragmentos que constitúen o legado da tradición manuscrita trobadoresca. De entre eles destacan:

  • Cancioneiro da Ajuda: Consérvase en Lisboa e está datado a fins do século XIII; contén 310 cantigas, case todas de amor.
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional: Consérvase en Lisboa e é unha copia do século XVI. É o máis voluminoso, contén ao redor de 1700 cantigas de todos os xéneros.
  • Cancioneiro do Vaticano: A súa orixe está en Italia e gárdase na Biblioteca do Vaticano. É unha copia realizada no século XVI e contén ao redor de 1200 cantigas.

Clasificación das cantigas de amigo

  • Cantigas dirixidas directamente ao amigo.
  • Cantigas dirixidas indirectamente ao amigo.

Unha clasificación tradicional é a que procura a existencia de ciclos temáticos. Así temos:

  • Barcarolas: cando hai referencias ao mar, barcos...
  • Bailadas: cando hai referencias ao baile.
  • Cantigas de romaría: cando a acción ten lugar nos arredores dun santuario, ermida...

Caracterización formal: paralelismo, leixaprén e refrán

  • Paralelismo literal: consiste na repetición case literal dun verso, introducindo sinónimos ou simplemente traspoñendo determinados termos.
  • Paralelismo estrutural: que reforma unha construción sintáctica e rítmica en lugares preestablecidos dentro do texto.
  • Leixaprén: recurso que consiste en repetir o último verso da primeira estrofa como primeiro da terceira, o último da segunda como primeiro da cuarta, etc.
  • Refrán: é a repetición do último verso de cada estrofa ao longo de toda a composición.

Cantigas de escarnio e maldicir

Caracterización

  • Se ben se trata de composicións subxectivas, na maioría, a primeira estrofa presenta un papel introdutorio marcado por unha importante interferencia da función narrativa.
  • A maior parte dos textos burlescos presentan este esquema: enunciación, paralelismo narrativo coa primeira estrofa e ao final unha glosa irónica.
  • O equívoco, a ironía e a parodia son elementos que enmarcan por excelencia o esquema do cancioneiro burlesco.
  • Trobadores e xograres non se detiveron á hora de botar man dun léxico explícito para levar a cabo as súas burlas.
  • Son composicións de intencionalidade e ton abertamente xocosos e que reflicten a moralidade dominante da época.

Entradas relacionadas: