A Poesía Galega Contemporánea: Séculos XX e XXI

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,58 KB

Contexto Histórico e Cultural

O período que abarca as dúas últimas décadas do século XX e se estende xa no século XXI é para Galicia e para España o máis duradeiro e estable de toda a súa historia dentro dun marco democrático. Galicia, en aplicación do seu Estatuto de Autonomía, dotouse formalmente de institucións propias de autogoberno. Favorécese a situación do galego e a súa cultura, galeguízase a Administración, nacen editoriais...

Un Punto de Inflexión: "Pólvora e Magnolias"

Con *"Pólvora e magnolias"* de Méndez Ferrín marcou un novo rumbo. O libro rompe co socialrealismo e abre temas novos e variados: intimismo existencial, metafísica, mitoloxía cultural, político social, redescobre a linguaxe, e aparece un novo estilo máis culturalista.

A Xeración dos 80

A Xeración dos 80 asimila as correntes modernizadoras, tende á tradición poética autóctona, recupera o gusto pola palabra como obxecto de delectación estética e amplía o ámbito dos temas poéticos.

Autores e Colectivos Iniciais (Anos 70-80)

Entre os moitos autores podemos destacar nestes anos:

  • O social-realismo e as novas tendencias: Darío Xohán Cabana, gran dominador do verso e a linguaxe.
  • Os primeiros tanteos renovadores (1976-78) virán da man de varios colectivos poéticos de curta duración: "Rompente" (poesía rompedora), "Alén" e "Cravo Fondo".

Consolidación da Renovación (Desde 1980)

A partir de 1980 consolídase a renovación coas características antes citadas pero non compartidas por todos; non hai unha escola, son diferentes escollas estéticas e voces singulares. Destacamos:

  • Manuel Vilanova, mítico e simbolista.
  • Xosé Mª Álvarez Cáccamo, aberto á realidade a través de vivencias familiares.
  • Miguel Anxo Fernán-Vello: o amor, corpo, o desexo... e tamén a sombra e a ausencia son os seus temas poéticos.
  • Lois Pereiro: poesía última de amor e enfermidade. Desde que foi o autor do Día das Letras Galegas (2011) converteuse nun dos poetas de culto para as novas xeracións pola orixinalidade, modernidade e autenticidade da súa poesía.

A Poesía Galega nos Anos Noventa

A partir dos anos noventa é máis difícil aínda falar de tendencias comúns, dado o carácter individualista de cada poeta. Os factores que determinan esta nova xeración poética son, por exemplo: novos premios literarios, creación da poética feminina, escritores máis novos, Santiago de Compostela como centro de reunión...

Características da Poesía dos 90

As súas principais características son:

  • Linguaxe máis directa e coloquial, máis próxima ao lector.
  • Predominio dos recitais, para producir un contacto entre o poeta e o ouvinte, nun intento de democratizar a poesía.
  • Tratamento de temas sociais con novas sensibilidades.

A Voz das Mulleres na Poesía

Prodúcese tamén unha importante incorporación da muller á poesía, que proporciona unha nova vertente feminina e feminista (deconstrución do universo masculino-machista, erotismo e sexualidade femininos...). Destacan Chus Pato, Ana Romaní...

Outras Tendencias da Década

Outras tendencias da década son a poética do cotián (Fran Alonso), experimental (Antón R. Reixa) e do coñecemento (Miro Villar).