Resumen dos escuros soños de clio

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,99 KB

T7Denomínase Nova Narrativa Galega a un grupo de escritores que comezan a escribir a fins dos anos 50 e na década dos 60. Cambios nas manifestacións artísticas e sociais, e influirán nas décadas posteriores. Son escritores de formación  universitaria e comprometidos politicamente nunha ideoloxía marxista. O que une aos autores deste grupo é que todos eles teñen intención de romper co que se viña facendo na literatura galega anterior, (ruralismo e Realismo), e incorporar novos modelos culturais e novos modelos literarios. Un movemento de renovación formal e temática que supuxo o emprego duns xeitos de narrar modernos. Os autores convértense nunha xeración literaria que adaptará a literatura galega ás correntes máis modernas seguindo os postulados de escritores de fama mundial como, Kafka, Faulkner, o irlandés James Joyce e o americano John Dos Passsos, entre outros.Neste contexto histórico consolídanse correntes de pensamento como o marxismo e o existencialismo.1.  Características narrativas As características formais que caracterizan as súas obras podemos resumilos así. 1.  Argumento: desaparece a historia argumental, non existe a estrutura tradicional de presentación, nó e desenlace. O argumento limítase a unha sucesión de acontecementos cotiáns, por veces incoherentes. Narración obxectiva da realidade ao xeito dunha filmación cinematográfica, sen apenas presenza do narrador.  Diálogos e monólogo interior, absurdos e incoherentes. 2.  Os personaxes:
son antiheroes. Son seres anónimos que viven unha existencia monótona e trivial. Son personaxes psicoloxicamente complexos: desorientados, inseguros, angustiados; abrumados polo subconsciente e polo desacougo existencial. As relacións humanas fanse tensas, rodeadas por unha forte agresividade ambiental. 3.  Temática: céntrase no absurdo da existencia humana; na morte e en estados psicolóxicos de todo tipo: loucura, os soños, desdobramento da personalidade; o que implica un estado angustioso no personaxe. Intentan transmitir ao lector ese mesmo estado de anguria. O tema sexual, tabú na literatura anterior, trátase aquí con liberdade. 4.  Espazo: son frecuentes os espazos pechados, case claustrofóbicos, en contraposición con escenarios moi amplos. Adoita haber dous planos, o da realidade vivida polo protagonista coa ficción e fantasía que este mesmo crea. (influencias de Kafka) 5.  Tempo: non é lineal; distorsionado e con saltos (analepse e prolepse). 6.  O obxectalismo; consiste en darlle un  protagonismo excesivo aos obxectos. Estes, son descritos de forma detallada coma se o narrador fose unha cámara cinematográfica. O obxectalismo provoca que desapareza a acción e o personaxe. Esta técnica é propia da Nouveau Roman Francesa. 2.  Autores.   Carlos Casares (1941-2002). A súa obra narrativa divídese en dúas etapas.   1ª,  caracterízase pola experimentación e a renovación formal propias da Nova Narrativa Galega.   2ª, etapa de madurez, abandona todo o anterior e céntrase nunha escrita máis realista, se ben o elemento fantástico tamén aparece nalgunhas obras. Destacamos as seguintes obras:    “Vento ferido” e  “Cambio en tres”; monólogo interior e obxectalismo. Os personaxes sofren situacións de violencia e sufrimento debido á opresión social  dun ambiente social abafante.   “Xoguetes para un tempo prohibido”, temática autobiográfica, experimenta coas rupturas temporais e con distintos puntos de vista narrativos.   “Os escuros soños de Clio”, narracións de base pseudohistórica e realista.   “Os mortos daquel verán”, nesta obra o que se desvela é un fondo enfrontamento social e a loita entre a tolerancia e a intolerancia. Ambientada na Guerra Civil española.   Gonzalo Rodríguez Mourullo (1935- ):   “Nace unha árbore”, libro de relatos curtos. O ambiente de irrealidade, a pluralidade narrativa, fantasía e realidade fan que se considere a este libro como a  primeira manifestación da NNG. “Memorias de Tains”, relatos fantásticos e alegóricos. Que aparecen baixo a forma de 7 cartas que o narrador dirixe a diferentes destinatarios. Os personaxes actúan movidos por un destino tráxico que os hipnotiza e crea neles un clima de angustia.
  Camilo Gonsar (1931-2008).   “Cara a Times Square”, ambiente de irrealidade, visión do absurdo da existencia humana e personaxes solitarios.   “Desfeita”,  nun tempo reducido de 24 horas, o narrador protagonista investiga 
un crime nunha vila galega. A obra reflexiona sobre a degradación urbanística como mostra da degradación cultural da pequena burguesía dirixente, enriquecida pola especulación. A.  María Xosé Queizán (1939-  ).“ A orella no burato”, é unha novela escrita coa técnica obxectalista. Presenta un monólogo interior cunha estrutura circular. Rupturas da secuencia temporal; amósanse tres situacións autobiográficas paralelas do protagonista en tres espazos distintos; París, un porto galego e unha pequena vila.
  Xosé Luís Méndez Ferrín: (1938-  ) Autor de extensa obra. Contribuíu á Nova Narrativa con obras como :   “Percival e outras historias”;  catorce relatos dunha reconstrución dun pasado mítico celta e medieval.    “O crepúsculo e as formigas”, a súa segunda colección de relatos nos que insiste na recreación dun ambiente de terror, onde as persoas camiñan como formigas en fila, movidas por forzas cegas que impoñen un tráxico destino.    Nas súas obras emprega  topónimos e antropónimos sonoros e evocadores que el inventa; (Roan, Grieih, Tagen Ata, etc. Así mesmo, utiliza unha simboloxía persoal recorrente; insectos, camiños, fiestras,…
Outros autores relacionados coa NNG son, Xoana Torres, Vicente Vázquez Diéguez, Xohán Casal e Xosé Fernández Ferreiro.

Entradas relacionadas: