Organización do Sistema Nervioso e Órganos dos Sentidos
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Biología
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,85 KB
Organización do Sistema Nervioso
Podemos distinguir dous compoñentes:
- Sistema Nervioso Central (SNC): Recibe información, almacénaa, procésaa e emite unha resposta.
- Sistema Nervioso Periférico (SNP): Son os nervios motores ou sensitivos que chegan a todo o corpo.
Estrutura do Sistema Nervioso Central
- Encéfalo: Protexido polo cranio. Composto por: cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo.
- Medula espiñal: Protexida pola columna vertebral.
Sistema Nervioso Periférico
Composto por nervios:
- Craneais: Son 12 pares e saen do encéfalo (ex: nervio óptico).
- Raquídeos: Son 31 pares, saen da medula espiñal e chegan a todos os tecidos do corpo.
O Cerebro
É a estrutura máis evolucionada do encéfalo. Ten dous hemisferios (esquerdo e dereito) e está dividido en 5 lóbulos (frontal, parietal, temporal, occipital e ínsula de Reil).
Funcións do Cerebro
- Función emocional: Implicada na aprendizaxe, na dor, no afecto, no pracer e na memoria.
- Función consciente: Implicada na percepción de sensacións, no pensamento, no movemento e na memoria.
Áreas dos Lóbulos Cerebrais
- Lóbulo frontal: Área motora.
- Lóbulo temporal: Área da audición.
- Lóbulo occipital: Área da visión.
- Lóbulo parietal: Área sensorial e área da linguaxe.
Acto Reflexo
O acto reflexo é unha resposta rápida elaborada na medula espiñal.
Os estímulos externos e internos son captados polos órganos dos sentidos e por células sensoriais internas.
Órganos dos Sentidos: A Pel (Tacto)
A pel ten dúas capas: a epiderme (exterior) e a derme (interna).
- Na epiderme están os melanocitos (células que dan cor á pel) e serve de protección.
- Na derme sitúanse as terminacións nerviosas modificadas para percibir dor, calor, presión e tacto:
- Calor: Corpúsculo de Ruffini.
- Tacto: Corpúsculo de Meissner.
- Frío: Corpúsculo de Krause.
- Presión: Corpúsculo de Vater-Pacini.
Órganos dos Sentidos: O Ollo (Vista)
É o receptor da luz, polo tanto, o órgano do sentido da vista. Ten estruturas anexas ao globo ocular.
Estruturas Anexas do Ollo
Función: protexer e lubricar o globo ocular.
- Cella
- Pestanas
- Pálpebras
- Glándulas lacrimais
O Globo Ocular
Capas do globo ocular:
- Esclerótica
- Coroides
- Retina
Esclerótica
É unha capa externa, opaca, branca, flexible pero dura. Protexe o globo ocular. Na parte dianteira faise transparente e chámase córnea.
Coroides
É unha capa intermedia, opaca e negra. Evita reflexións da luz. Na parte anterior transfórmase en:
- Iris: Zona de cor que pode contraerse, facendo máis grande ou máis pequena a pupila. A súa función é controlar a entrada de luz.
- Corpo ciliar e cristalino: O corpo ciliar son uns músculos que, ao contraérense ou relaxárense, modifican a forma do cristalino (lente).
Retina
É a capa interna onde están os conos e bastóns, que son as células sensibles á luz. Están conectadas co sistema nervioso central polo nervio óptico.
Outras Estruturas do Ollo
- Punto cego: Está na saída do nervio óptico.
- Fóvea: Zona da retina de máxima visión.
- Conxuntiva: Capa de protección externa do ollo.
Órganos dos Sentidos: O Oído (Audición e Equilibrio)
Órgano complexo encargado da audición e do equilibrio.
Oído Externo
A súa función é captar as ondas sonoras. Os pelos e a cera impiden a entrada de patóxenos. Vai dende o pavillón auditivo ata o tímpano.
Oído Medio
A vibración do son fai vibrar o tímpano. Esta vibración transmítese á cadea de ósos: martelo, bigornia e estribo, que a levan ata a fiestra oval (entrada do oído interno). Esténdese dende o tímpano ata a fiestra oval.
Oído Interno
O caracol (cóclea) percibe a vibración que entra pola fiestra oval. É o órgano da audición. Contén tamén os órganos do equilibrio. Esténdese dende a fiestra oval cara ao interior.