Ramón Otero Pedrayo: obra narrativa, ensaio e teatro
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 10,85 KB
Actualizado el
Resumen
Este resumo presenta a obra de Ramón Otero Pedrayo (1888-1976), narrador, ensaísta, tradutor e orador do galeguismo. Repasa as novelas curtas e longas, como Os camiños da vida, Arredor de si e Devalar, os contos, o Ensaio histórico sobre a cultura galega e o teatro, con A lagarada (1929).
Puntos clave
- Otero Pedrayo foi deputado polo Partido Galeguista, xunto a Castelao, no Parlamento español entre 1931 e 1933.
- Os camiños da vida (1928) narra a historia de dúas familias fidalgas desde a desamortización de Mendizábal até a Primeira República.
- Arredor de si (1930) segue Adrián Solovio, un intelectual que descobre Galiza como pobo cunha cultura diferenciada.
- Devalar (1935), dedicada a Castelao, usa o unanimismo e ten a propia Galiza como personaxe colectiva.
- O Ensaio histórico sobre a cultura galega (1933) analiza os diferentes períodos da cultura galega.
- A lagarada (1929) é a súa contribución renovadora ao teatro.
- En 1949 foi o primeiro en falar galego en público na posguerra, no centenario de Lamas Carvajal, en Ourense.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
RAMÓN OTERO PEDRAYO (1888-1976)
É o narrador por excelencia da súa xeración. Comezou a súa carreira literaria Tarde, tiña trinta e sete anos cando fixo a primeira novela, mais participara de numerosos Proxectos. Foi deputado polo Partido Galeguista, xunto a Castelao, no Parlamento Español, de 1931 a 1933, a partir deste momento centrarase na creación literaria en Galego, labor que se vai interromper coa chegada da Guerra Civil e que recuperará, en Parte, a partir dos anos cincuenta, converténdose no elo comunicador entre os escritores Da preguerra e as novas xeracións. Durante a inmediata posguerra, exiliado no interior, Escribe novelas en español e colabora nesta lingua para diversas publicacións. É o Primeiro autor que é capaz de crear unha novelística propia, de grande calidade na Recreación de ambientes e personaxes, con recursos literarios e un estilo único. Os seus Textos están cheos de forza, colorido e vitalidade polos cambios que van dun estilo Rápido e dinámico nas narracións, á grande complexidade sintáctica nas descricións, Case barrocas.
A súa orixe fidalga está presente na súa obra, de tal modo que grande parte dela
Está ambientada no século XIX, nun momento de cambios importantes na sociedade
Galega:O declive da fidalguía, a irrupción do capitalismo, a desaparición dos mosteiros,
Producen un desaxuste que só unha fidalguía comprometida con Galiza, sería capaz de
Resolver. Isto é no fundamental a ideoloxía que está no transfundo de moitas das súas
Obras.
A natureza xoga un papel importante na súa obra narrativa, aparece o home en
Unión panteísta con ela nunha paisaxe humanizada.
Se a influencia de Risco foi importante, xa que con el compartiu en Ourense
Inquietudes intelectuais antes de entrar no galeguismo, tamén o debeu ser a convivencia
Con Castelao nos anos en que coincidiron no Parlamento español. A amizade entre
Ambos foi tan forte que Otero Pedraio, católico e conservador coma Risco, aínda que
Liberal na evolución da historia, non rompeu co Partido Galeguista cando, da man de
Castelao e Alexandre Bóveda, se integrou na Frente Popular nas eleccións de febreiro
De 1936. Durante a ditadura franquista terán un reencontro Otero e Castelao no seu
4exilio bonaerense en 1947. Otero Pedraio, que foi un grande orador, nas súas
Conferencias sempre falaba de Castelao.
Á parte da súa obra narrativa tamén é importante o seu traballo como
Investigador da nosa cultura, historia e xeografía e como tradutor de autores moi
Significativos da cultura occidental, por exemplo fragmentos do Ulises de James Joyce.
As novelas curtas
As novelas longas
Devalar (1935)
é unha novela dedicada a Castelao, de quen toma o título. Utiliza Unha técnica narrativa vangardista, novidosa en Europa, o unanimismo, é dicir, hai unha Personaxe colectiva: a propia Galiza. O autor relátanos o que acontece en distintos Puntos de Galiza ao mesmo tempo e no tempo presente da escrita da novela, destacando Personaxes que estaban traballando no Seminario de Estudos Galegos. Esta obra é Sorprendente e visionaria, pois ve no futuro a Santiago como capital de Galiza e centro Turístico-cultural.
Os contos
O ensaio
“Estaba todo por facer”, dicíalle Otero Pedrayo a Víctor Freixanes nunha
Entrevista que lle fixera este no ano 75. Otero contribuíra dunha maneira decisiva á
Recuperación cultural, dentro do Seminario de Estudos Galegos dirixiu a sección de
Xeografía e historia, e entre diversos estudos, sobresae o Ensaio histórico sobre a
Cultura galega (1933), onde fai unha análise dos diferentes períodos da cultura galega, a
Que en momentos favorábeis soubo conformar unha maneira propia de crear arte, e en
épocas adversas soubo esperar tempos mellores. Tamén fixo moitos e diversos traballos
Ensaísticos na revista Nós, traballos divulgativos de peregrinares e viaxes, evocacións
De amizades, colaboracións na prensa da época, etc.
Teatro
Otero orador
Preguntas frecuentes
Quen foi Ramón Otero Pedrayo?
Foi un narrador, ensaísta, tradutor e orador galeguista (1888-1976). Foi deputado polo Partido Galeguista entre 1931 e 1933 e fixo de elo entre os escritores da preguerra e as novas xeracións.
De que trata a novela Devalar?
É unha novela de 1935 dedicada a Castelao, escrita con técnica unanimista. Ten como personaxe colectiva a propia Galiza e retrata os mozos do Seminario de Estudos Galegos.
Que narra Os camiños da vida?
É a primeira novela longa, dividida en tres partes. Narra a historia de dúas familias fidalgas, a do pazo dos Doncos e a do Pazo da Seara, desde a desamortización de Mendizábal até a Primeira República.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.