A Narrativa Galega da Posguerra: Autores e Características

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,98 KB

Xosé Neira Vilas

Este fragmento pertence á obra ... de Neira Vilas, un autor que amosará a súa propia versión do realismo social. Este autor elabora, nunha ampla obra narrativa, unha denuncia da realidade galega tomando como base temática dous factores: o mundo da aldea e o mundo da emigración.

Características:

  • Obras ambientadas no mundo rural galego que retratan a Galicia campesiña da posguerra.
  • Obras cun protagonista-narrador: un neno ou adolescente.
  • Historias emotivas contadas sen artificios técnicos.
  • Enorme riqueza narrativa, tanto polo uso variado das voces como pola estrutura narrativa.

Ánxel Fole

Este fragmento pertence á obra ... de Ánxel Fole, un autor que fai unha recreación culta dos contos orais tradicionais. Fole publica, entre os anos 50 e principios dos 80, catro coleccións de contos: A lus do candil, Terra Brava, Contos de neboa e Historias que ninguén cre.

Características:

  • Temática propia da narrativa oral (contos de lobos, ánimas...).
  • Lingua falada das terras de Lugo.
  • Emprego do humorismo.
  • Ambientación rural.

Eduardo Blanco Amor

Este fragmento pertence á obra ... de Blanco Amor, o cal nos achega desde o exilio arxentino obras mestras do realismo social. Son historias realistas e urbanas ubicadas en Auria.

Características:

  • Espazo urbano.
  • Personaxes marxinais en A Esmorga e obreiros en Xente ao lonxe.
  • Personaxes deseñados na súa complexidade.
  • Fala popular.
  • Emprego da primeira persoa.

Álvaro Cunqueiro

Este fragmento pertence á obra ... de Álvaro Cunqueiro, un poeta que se fai narrador a partir dos anos 50 para nos ofrecer unha literatura singular. Salienta no realismo máxico. Nas novelas recrea mitos fantásticos de orixe literaria, mentres que, nas coleccións de contos breves, retrata tipos populares do rural.

Características xerais:

  • Eliminación de fronteiras entre realidade e fantasía.
  • Múltiples narradores.
  • Estrutura narrativa de carácter radial.

Características da triloxía:

  • Oralidade.
  • Personaxes que proceden do imaxinario colectivo galego.
  • Esquema moi definido.

Outros autores destacados

Outros autores que destacan son:

  • Carballo Calero, que publica a primeira novela da posguerra: A xente da barreira.
  • Otero Pedrayo, parodiando o tema fidalgo na novela O señorito de Reboraina.

Características comúns da narrativa

  • Pluralidade de voces narrativas.
  • Tratamento do tempo: redúcese ao máximo o tempo narrado.
  • Personaxes antiheroicos.
  • Reflicten a angustiante situación de opresión baixo a ditadura de Franco.
  • Lingua renovada.

Entradas relacionadas: