Análise da obra de Pondal: Liñas temáticas e simboloxía

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,87 KB

Análise da obra de Pondal

Pondal configura o seu mundo poético. A súa obra presenta elementos que acoden a definir dúas grandes liñas temáticas:

Liña cívico-patriótica

Pondal busca a exaltación de Galiza. Dende un presente de asoballamento e marxinación, recrea un pasado celta glorioso, atrigado de heroes a desenvolver cázalas magnificas, e vaticina un porvir esplendoroso para a nosa terra. A temática maniféstase a través de tres eixes fundamentais:

  • Celtismo: Pondal defende a orixe celta de Galiza e propón construír coa súa obra unha épica céltica para o povo galego. Nos versos opóñense dous períodos osita ios referidos ao pasado celta ou futuro de gloria; e outro negativo, representado polo presente que lle tocou vivir (opresión, escravitude…)
  • Bardismo: O bardo era unha especie de poeta-guía espiritual para os celtas. Pondal pasa a considerarse o bardo de Galicia, idea compartida polos demais intelectuais da Cova Céltica. Como bardo lémbralle ao pobo as frazadas do pasado, igual cós bardos celtas, e móstralle o camiño ao pobo galego para superar a opresión e dirixilo a un glorioso futuro.
  • Helenismo: Mediante a lectura de Platón, Homero, etc, Pondal achégase ao mundo helénico fascinado por Esparta. Para caracterizar os guerreiros dos seus poemas, toma dos espartanos trazos como a masculinidade forte e reza, heroísmo e o sacrificio polo país.

Liña lírica

Certos temas en xeral carecen de contido ideolóxico-político e as constantes básicas dirán arredor da natureza e da muller.

  • A Natureza: presenta unha natureza salvaxe, lonxe da paisaxe alterada pola presenza humana que presenta Rosalía. Pondal localiza as composicións en Bergantiños, empregando topónimos da zona (Laxe, Ponteceso…) A paisaxe agreste do bosque está poboada de aves salvaxes e vagabundas (corvo, andoriña). Os elementos da paisaxe teñen carácter simbólico que haberemos ter en conta:
  • As uces: receptoras e confidentes do poeta. Escenario no que o bardo soña. Lugar de enterramento ou encontros amorosos.
  • Os piñeiros: misión bárdica, os seus rumores inducen a loitar á raza de Breogán. Poden ser guerreiros espartanos dispostos á loita.
  • O corvo: desexo da independencia e liberdade do bardo.
  • A píllara: anuncia a melancolía do bardo e representa a emigración.

A muller: é vista desde dobre perspectiva: unhas veces ao xeito romántico, aparece como unha muller idealizada que inspira sentimentos platónicos. Outras dende o punto de vista erótico-machista, aparece unha muller presa do home e obxecto de paixón. Esta segunda visión deu lugar a que Pondal fose criticado por misóxino/machista.

Entradas relacionadas: