Guía de Fonética, Fonoloxía e Variedades do Galego

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,08 KB

Fonética e Fonoloxía

Chamamos Fonética á ciencia que estuda os sons, e Fonoloxía á que estuda os fonemas.

  • Son: realización física do fonema. Represéntase entre corchetes: [a].
  • Fonema: imaxe mental do son. Represéntase entre barras: /a/.

Na nosa lingua temos 26 fonemas: 7 vocálicos e 19 consonánticos.

O Vocalismo Galego

O galego distingue sete fonemas vocálicos en posición tónica e pretónica, cinco en posición átona non final e tres en posición átona final absoluta.

Sistemas Vocálicos

  • Vogais Palatais: /i/ (fechada), /e/ (semifechada), /ε/ (semiaberta).
  • Vogal Central: /a/ (aberta).
  • Vogais Velares: /u/ (fechada), /o/ (semifechada), /ɔ/ (semiaberta).

En posición tónica e pretónica temos sete fonemas porque a oposición de abertura crea diferenzas de significado:

  • Tónica: cómpre/compre, é/e, fóra/fora, nó/no, vén/ven, vés/ves, ceo/ceo...
  • Pretónica: votar/botar (enviar fóra), pegada (pé) / pegada (pegar)...

O galego mantén este sistema de sete vogais pola necesidade de distinguir homógrafos.

Fenómenos no Vocalismo Átono

  • Prótese: adición dun a antietimolóxico: arradio (a radio).
  • Aférese: supresión dun son ao comezo da palabra: inda (aínda).
  • Epéntese: aparición da vogal i no medio da palabra: a iauga (a auga).
  • Anaptixe: tipo especial de epéntese: Ingalaterra (Inglaterra).
  • Síncopa: supresión dunha vogal no medio da palabra: broa (boroa).
  • Paragoxe: adición dunha vogal ao final dunha palabra: mullere (muller).
  • Apócope: perda da última parte da palabra: San (Santo).
  • Palatalización: queixón (caixón).
  • Harmonización vocálica: influencia da vogal tónica sobre a pretónica: dumingo, marmurar (domingo, murmurar).
  • Labialización: influencia dunha consoante labial sobre a vogal pretónica: romedio (remedio).

A Metafonía Nominal

É unha das principais modificacións do vocalismo tónico galego e un trazo definitorio da área galego-portuguesa. Defínese como a influencia asimiladora regresiva que exerce a vogal da sílaba átona final sobre a vogal da sílaba tónica precedente.

  • Afecta principalmente a palabras con oposición de xénero.
  • Mecanismo morfolóxico: vogal fechada = masculino / vogal aberta = feminino.
  • Exemplos: novu > novo [‘noβo], metu > medo [‘meδo].
  • Excepcións: cego, vello, ferro, inverno, merlo, neto, certo, esta.

A Gheada e o Seseo

A Gheada

Defínese como a aspiración do fonema oclusivo velar sonoro. Historicamente foi rexeitada como trazo inculto, pero autores como Rosario Álvarez e Fernández Rei defenden a súa xénese interna.

  • Extensión: Pontevedra, A Coruña, oeste de Lugo, O Cebreiro e Ancares.
  • Teses castelanistas: Segundo Freixeiro Mato, algúns asóciana á diglosia ou á ausencia do trazo en portugués.

O Seseo

É a non aparición do son interdental /θ/ en certas comunidades. Mantén a continuidade do sistema galego-portugués.

  • Tipos: Explosivo ou total (sapato) e implosivo ou parcial (lus).
  • Extensión: Costa de Ponteceso-Compostela-Tui, O Cebreiro e Ancares.

O Fonema N Velar

Hoxe está considerado fonema baseándose nos estudos de Carvalho Calero, quen afirmaba que a súa substitución provocaba cambios de signo: /uŋa/ vs. /una/.

A Sílaba e a Acentuación

Ditongos e Hiatos

  • Ditongo: sempre en verbos tipo cambiar (P1 do presente).
  • Hiato: sempre en verbos tipo afiar e suar.
  • Acentuación: leva til o i ou u tónicos precedidos ou seguidos de vogal (raíz, saír, viúva), agás se hai un h (prohibo).
  • Diérese (ï): úsase na 4ª e 5ª persoa do imperfecto de indicativo de verbos en -aer, -oer, -air, -oír, -uír (saïamos, saïades).

Variedades Xeográficas do Galego

A delimitación do galego non coincide coas fronteiras administrativas; inclúe zonas de Asturias, León e Zamora. As diferenzas chámanse variedades diatópicas.

Bloques Lingüísticos

TrazoOccidentalCentralOrientalEstándar
GheadaSiSi/NonNonNon
SeseoSiNonNonNon
-anum / -anamO irmán / A irmánO irmao / A irmáO irmao / A irmáO irmán / A irmá
Plural -nCansCásCais / CaesCans
P2 PretéritoCollechesCollichesCollichesColliches

Características por Bloques

  • Bloque Occidental: Innovador en fonética. Presenta seseo implosivo, gheada e plurais en -ns.
  • Bloque Central: Non ten seseo. Inclúe as áreas mindoniense e lucu-auriense.
  • Bloque Oriental: O máis conservador. Mantén o grupo -cua- (cuatro) e plurais en -is.