Conxugación verbal, perífrases e pronomes en galego
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,09 KB
vocal temática morfema número-persoa morfema modo-tempo
Verbos: Indicativo
Presente
- canto
- cantas
- canta
- cantamos
- cantades
- cantan
Copretérito
- cantaba
- cantabas
- cantaba
- cantabamos
- cantabades
- cantaban
Pretérito
- cantei
- cantaches
- cantou
- cantamos
- cantastes
- cantaron
Antepretérito
- cantara
- cantaras
- cantara
- cantaramos
- cantarades
- cantaran
Futuro
- cantarei
- cantarás
- cantará
- cantaremos
- cantaredes
- cantarán
Pospretérito
- cantaría
- cantarías
- cantaría
- cantariamos
- cantariades
- cantarían
Verbos: Subxuntivo
Presente
- cante
- cantes
- cante
- cantemos
- cantedes
- canten
Pretérito
- cantase
- cantases
- cantase
- cantásemos
- cantásedes
- cantasen
Imperativo e Infinitivo
Imperativo
- canta
- cantade
Infinitivo conxugado
- cantar
- cantares
- cantar
- cantarmos
- cantardes
- cantaren
Funcións temporais de indicativo
- pretérito: expresa unha acción anterior ao momento en que se fala.
- presente: expresa unha acción simultánea ao momento da fala.
- futuro: expresa unha acción posterior ao momento da fala.
- antepretérito: expresa unha acción pasada anterior a outra tamén situada no pasado.
- copretérito: expresa unha acción pasada simultánea doutra tamén situada no pasado.
- pospretérito: indica unha acción pasada posterior a outra tamén situada no pasado.
Perífrases verbais
Son conxuntos formados por dous verbos que se analizan como unha soa unidade semántica e sintáctica: verbo auxiliar (aporta significado gramatical) e verbo principal (significado léxico).
Tipos
-
Temporais
- inminencia - haber+de+infinitivo, estar+para+inf, querer+inf.
- futuridade - ir+inf, haber(de)+inf.
-
Modais
- obrigación: ter+que+inf, deber+inf, haber(de)+inf, haber+que+inf.
- probabilidade: poder+inf, deber(de)+inf.
-
Aspectuais
- incoativa: comezar/empezar/romper/botar/poñer(se)+a+inf, dar+en+inf.
- durativa ou imperfectivas - estar/andar/seguir+a+inf, estar/andar/vir/levar+xerundio, vir+xer.
- perfectiva: acabar+de+inf, dar+participio, deixar(se)+de+inf.
- terminativas: acabar+por+inf, chegar+a+inf.
- reiterativa: volver+inf, ter/levar+participio.
Pronomes persoais
-
tónicos (teñen acento de intensidade):
- rectos (desempeñan función de suxeito, ex.: eu, ti, el, nós, vós, eles, vostedes).
- oblícuos (non desempeñan función de suxeito. Aparecen con preposición diante: (a)min, (para)si, comigo, consigo, connosco, convosco).
-
átonos (non teñen acento de intensidade, polo que dependen da palabra anterior ou posterior —verbo ou adverbio—; non aparecen precedidos de preposición; non poden exercer de suxeito):
- CD: o/a, os/as, no, na, nos, nas, lo, la, los, las
- CI: lle, lles, che
- CD/CI: me, te, se, nos, vos