Narrativa e Teatro Galego do Século XIX: Autores e Obras

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Español

Escrito el en catalán con un tamaño de 2,82 KB

NARRATIVA DO SÉCULO XIX

A poesía é o xénero máis cultivado, pero a prosa e o teatro van tamén pouco a pouco gañando terreo. A novela foi o menos cultivado; moitos textos narrativos foron publicados na prensa da época.

A NOVELA

Marcial Valladares: É o autor da primeira novela moderna: Maxina ou a filla espúrea, publicada por entregas durante 1880. Maxina é unha obra realista con elementos románticos e folletinescos. A acción transcorre en dous espazos principais: a cidade de Santiago e as aldeas do Val do Ulla. No primeiro residen as clases medio-altas e, no segundo, as clases populares. As clases altas urbanas exprésanse en castelán, mentres que as populares utilizan o galego. Trátase dunha novela bilingüe coa que o autor pon de manifesto a situación dixlósica da Galicia daquel tempo.

Antonio López Ferreiro: É o máis importante novelista do XIX. Ten novelas históricas de tipo romántico: A tecedeira de Bonaval, O castelo de Pambre e O niño de pombas.

O CONTO LITERARIO

Ten unha presenza máis abundante cá novela, polo hábito dos lectores de escoitar contos populares. A temática é de carácter ruralista, costumista e sentimental, con frecuentes descricións paisaxísticas e abundantes elementos humorísticos.

Valentín Lamas Carvajal: Foi o fundador da primeira publicación periódica escrita totalmente en galego: O Tío Marcos da Portela. Escribiu tamén o libro de maior éxito no século XIX: Catecismo do labrego, escrito en forma de diálogo, parodiando o Catecismo do Padre Astete. Ao longo das respostas, o protagonista, mediante burlas e ironías, vai deseñando o retrato do campesiñado galego e denuncian-do as súas duras condicións de vida.


TEATRO DO SÉCULO XIX

O teatro do século XIX tivo menor desenvolvemento ca a poesía ou a prosa.

Características

O idealismo, a temática rural e a brevidade.

Autores e Obras

O primeiro texto teatral deste século é A Casamenteira, de Antonio Benito Fandiño, escrito en 1812.

Teatro histórico

As obras reconstrúen episodios históricos e introducen elementos folclóricos e lendarios: María Castaña e Pedro Madruga, na que o conde Pedro Madruga aparece como un heroe que loita pola independencia de Galicia.

Teatro costumista

De tema costumista cunha intención crítica ou moralizadora. A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia, tamén coñecida como o primeiro drama galego. O drama trata do castigo que recibe un forasteiro sedutor a mans dos mozos da vila. A Manuel Lugrís Freire debémoslle o primeiro drama galego escrito en prosa: A ponte (1903).