Nacionalismo e vangarda na literatura galega (1917–1939)
Nacionalismo e vangarda
Nacionalismo e vangarda: En 1922 Manuel Antonio e Cebreiro daban a luz un proceso rupturista (Mais alá!) que daría paso ás vangardas. Adoptouse unha posición adanista, renegando do pasado e creando unha literatura nova. O galeguismo pensaba que non se podía permitir o luxo de prescindir da tradición, mentres que as vangardas buscaban o novo. A liña que se impoñera maioritariamente como «estética nacional para os novos» sería unha vangarda enxebre, con versos moderados (respecto aos vangardistas) de Amado Carballo e dos demais poetas do hilozoísmo (personificación dos elementos da natureza). A prosa literaria da época ocupou un lugar de primeira orde para o espallamento das vangardas. Na cronoloxía dos «ismos» da literatura galega destacan tres períodos: 1.º (1917–1922), 2.º (1922–1939), 3.º (1930–guerra civil).
Vangarda enxebre: neotrobadorismo e hilozoísmo
Vangarda enxebre: Neotrobadorismo e hilozoísmo. Asumíuse o parado medieval á medida que a lírica trobadoresca foise facendo accesible; así, Bouza-Brey inspirábase nas cantigas de amigo, reaparecendo o leixa-prén e os refráns. O vangardismo só apareceria en parte na obra de Álvaro Cunqueiro; así pois, non é posible incluír totalmente o neotrobadorismo como parte das vangardas. A liña poética que máis éxito tivo foi o hilozoísmo.
Vangarda da plena: Manuel Antonio
Vangarda da plena — Manuel Antonio: Foi quen tivo maior determinación nas vangardas. Creou o manifesto Mais alá!, que rompería coa literatura galega. Escribiría un texto titulado «Prólogo dun libro de poemas que ningún escribiu», incidindo nos afáns vangardistas. Tamén escribiu un escrito no que vincula a vangarda literaria coa vangarda política. Manuel Antonio interpreta a paisaxe desde unha visión nova e utiliza nalgunhas das súas obras o creacionismo.
Irmandades e modernización
Irmandades: Apareceron en 1916 e a cultura galega espallouse e consolidouse. Comezou un proceso de modernización a partir dos membros da Xeración Nós. Tiveron moita importancia no desenvolvemento da prosa.
- Prosa non oficial (xornalismo): Antón Vilar Ponte é fundamental; na súa prosa céntrase en causas de carácter galeguista e republicano.
- Expansion e modernización narrativa: Os nacionalistas crearon canles de expansión da modernización narrativa a través de revistas (Nós, Céltiga). Casal e Lar serían as editoriais que permitiron a expansión das obras dos autores máis destacados do momento.
Grupo Nós
Grupo Nós: Grupo intelectual con entusiasmo nacionalista xurdido a partir das Irmandades, liderado por Risco e formado tamén por Pedrayo e Cabanillas; supuxo a consolidación do modernismo da prosa galega.
- Existe un núcleo promotor formado por Risco, Pedrayo e Cuevillas, os cales rexeitan o capitalismo e defenden un galeguismo europeísta con valores tradicionais.
- Castelao figura como decisivo na cultura galega e na narrativa. Aparece ligado ao nacionalismo de Risco, sendo director artístico da revista Nós. Comezaría a distanciarse e a elaborar a súa propia teoría nacionalista.
O sistema ideolóxico da revista Nós era, entre outros puntos:
- Universalizar a cultura galega.
- A terra e a paisaxe como elemento cosubstancial no ser de Galicia.
- Defensa da tradición.