A Esmorga e a renovación literaria galega (anos 50)

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,11 KB

A Esmorga: novela e innovación narrativa

A Esmorga: escribe A Esmorga en Bos Aires, segundo a súa confesión —escribiuna en tres mañás de domingo, xa que traballaba en Emecé e non tiña tempo. Pero a facilidade para escribir agocha detrás un proceso longo e complexo. A madurez que demostra na súa segunda novela en galego é o resultado desta longa aprendizaxe, así como da asimilación das novas técnicas que marcan a renovación da narrativa do século XX: desde a chamada xeración perdida norteamericana ata os latinoamericanos, pasando polo neorrealismo e o existencialismo europeos.

A Esmorga é considerada o punto de arranque da narrativa moderna galega. O carácter renovador apreciase xa na modalización narrativa, fronte ao narrador omnisciente habitual na novela galega anterior; nesta obra atopamos dous narradores limitados: un, presente na documentación e nas liñas epilogais, e outro que é o que desenvolve o núcleo do relato. A documentación abre paso a unha crónica infiel: preséntasenos o testemuño de Cibrán, o castizo sometido á presión dos interrogatorios.

O libro sitúa o lector no papel de xuíz —xuíz dos feitos, de Cibrán e do propio papel da xustiza. O autor sitúa a novela nun espazo suburbial que rodea a cidade de Auria, con personaxes pertencentes á categoría dos marxinais. Distínguense dous polos: un vida-suburbio, onde se sitúan as clases superiores de Auria, e outro centro-periferia, onde están os barrios das prostitutas, as tabernas e a casa de Cibrán... (persoaxes).

Nivel de lectura: interpretacións múltiples

A novela pode ter varias lecturas:

  • Como novela picaresca, baseándose en trazos superficiais.
  • Unha interpretación existencialista.
  • Unha lectura sociolóxica, como retrato en negativo dunha nación colonizada e desarticulada.
  • Unha interpretación feminina, analizando a obra desde os códigos que marginan a muller.

Xeración dos anos 50 e renovación

50: Escritores que irrumpen no panorama galego dos anos 50 facendo unha renovación total. A primeira xeración de posguerra galega busca referentes en Francia e en Estados Unidos e simpatiza con novas formas de expresión artísticas rupturistas e rebeldes, usando unha linguaxe plástica, herdando a tradición galega e a vangarda, e radicalizan o proxecto político liderado polo Grupo Galaxia.

Grupo Compostela e proxectos culturais

Ambas formas rescatan e actualizan o pensamento de Castelao. Grupo Compostela formado por autores como García Bodaño e Xohana Torres manteñen unha afinidade ideolóxica co piñeirismo e participan no proxecto Galaxia coa súa colección Illa Nova. O grupo Brais Pinto: formando no 58 — Ferrín, Bernardo, Raimundo Patiño...

Renovación da linguaxe poética

Renovación da linguaxe poética mediante a combinación de trazos vangardistas, influencias europeas e norteamericanas, e diálogo coa tradición galega anterior. Os temas e a forma están influenciados polo existencialismo europeo e polas súas correntes. O seu compromiso esquerdista e nacionalista pasa ás súas obras, dando orixe á diversidade de liñas poéticas que conviven co socialrealismo de Celso Emilio en Longa noite de pedra, co conto teórico de Novoneyra en Os eidos...

Manuel María Fernández Teixeiro

Manuel María Fernández Teixeiro: un dos escritores máis prolíficos e coñecidos da nosa literatura e un dos activistas máis destacados. Comezou cunha poesía intimista e existencialista con Muiñeiro de Brétema, Morrendo a cada intre, e outros temas que tratou foron o paisaxismo en Terra Cha, o intimismo amoroso en Poema de Outono ou o socialrealismo crítico, irónico e satírico en Documentos Personais. Domina o discurso poético empregando toda clase de rexistros, como o barroco ou o imaxinístico; son recorrentes a defensa de Galicia, a sensibilidade ecoloxista e a protesta contra as inxustizas.